O pasado martes, 7 de maio, o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a sorte de recibir a visita de AN ALFAYA, autora, de DOWN, libro que todos e todas limos este curso.
Contounos, que o obxectivo principal do libro foi a defensa da inclusión das persoas diferentes, que soubéramos o que enriquece coñecer xente distinta a nós. Díxonos que se inspirou nun neno síndrome de Down co que coincidía todos os días no autobús.
Gustounos oír o que Ann nos contaba porque grazas a ler este libro, a curiosidade prendeu en nós, investigamos e agora entendendemos en que consisite esa discapcidade e tamén provocou que visitásemos o centro Juan XXIII, saída que nunca esqueceremos.
Ao final a escritora asinounos os exemplares dos libros, así que nos fomos contentísimos para casa.
Nas seguintes imaxes poderedes comprobar o atentos e atentas que estabamos porque Ann foi moi cercana, amable e simpática.
MOITAS GRAZAS AN ALFAYA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario