sábado, 11 de mayo de 2019

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Está claro que o  mes de maio é o mes das LETRAS GALEGAS. O  noso cole o está cebrando por todo o alto!
Só había dous días que viñera An alfaya ao Bibliocastelo e o pasado xoves, mentres o alumnado de cuarto recibía a visita de Francisco Calo Lourido, os nenos e nenas de terceiro gozábams da presenza de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.



Tiñámoslle  preparado este precioso mural e el amosouse encantado. Estaba formado polos nosos poemas preferidos e por palabras fermosas atopadas no poemario:



Estábamos desexando que chegara este día pois levámos meses recitando as poesías de POEMAR O MAR. Teijeiro non nos decepcionou.
Ollade e escoitade  estes vídeos:






Tamén nos fixo cantar! Bueno, máis ben foi Maaaartiño, unha marioneta que tivemos a sorte de coñecer.

Antonio contounos que o amor ao mar e a poesía vén da admiración que sempre sintiu por Rafael Alberti e polos poemas de MARINERO EN TERRA.
Falando e falando, contounos que o primeiro poema que compuxo o fixo mentres estaba dando unha clase a nenos e nenas da nosa idade. Este poema está recollido nunha antoloxía dos deus poemas e así de fermoso:
Tres pombas chegaron cansas,
tristeiras preto dun neno.
O neno deulles un beixo;
as pombas non se moveron.
O neno con aloumiños
deixounas case no ceo.
O neno de brancas mans,
as pombas non esqueceron.
Ao final da sesión, Teijeiro asinounos amablemente os exemplares do libro:





















 Un auténtico pracer recibirte no noso Bibliocastelo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...