jueves, 9 de mayo de 2019

FRANCISCO CALO LOURIDO

Resultado de imagen de francisco calo lourido
O pasado xoves, 9 de maio, o alumnado de cuarto tivemos o honor de coñecer a Francisco Calo Lourido.
Temos a sorte de que é o avó de Xaquín, alumno de primeiro de primaria e de Mariña, compañeira nosa da aula de cuarto A.

Calo é lincenciado en filosofía e letras e doutor en xeografía e historia. Ten un amplo curriculum, pero foi invitado a vir ao noso cole porque coñeceu e foi amigo de DON ANTONIO FRAGUAS, autor homenaxeado este ano no DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Ambos foron membros fundadores do MUSEO DO POBO GALEGO, e foi nesta tarefa onde se coñeceron. Compartiu co homenaxeado tamén a súa interese pola etnoloxía e a antropoloxía, e coma el ten vario libros publicados.
Contounos, que Fraguas foi un home esencialmente bo, moi cercano e amable. Era moi querido por cantos o coñecían. Tivo unha orixe moi humilde do que se sentía moi orgulloso. Falounos da súa infancia na aldea de Insuela no concello de Cotobade. Mostrounos moitas imaxes.
Mantivo a nosa atención esperta todo o tempo e respondeu amablemente a todas as preguntas.
En agradecemento por vir desinteradamente ao noso cole, agasallámoslle cun bote de escritorio coa imaxe de Papirus. A encargada de entregarllo, foi a súa neta Mariña.


ESPERAMOS QUE ESTA SEXA A PRIMEIRA DAS MOITAS VISITAS QUE FAGAS AO NOSO COLE PARA COMPARTIR A TÚA SABIDURÍA!
GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...