viernes, 7 de abril de 2017

ASOCIACIÓN PÁRKINSON



Este martes o alumnado de 4º A estivemos de visita na Asociación de Párkinson de Bueu. Co gallo do noso proxecto sobre a saúde, cada parella indagou sobre unha enfermidade, investigaron os seus síntomas, nomes científicos, tratamentos, hábitos saudables...e moitas curiosidades máis. Pois ben, unha parella fixo un bo traballo sobre a enfermidade do Párkinson e que mellor forma de seguir aprendendo que visitando esta asociación no noso pobo. 
Cando chegamos recibiunos a presidenta da asociación, Begoña. Un grupo de persoas maiores estaban esperándonos con moita ilusión. 




Estivemos falando un bo anaco sobre nós e tamén eles se presentaron, Cholo, Tito, Lina, Carme, Gerardo, Mercedes, Pepita, Pura...e moitos máis contáronnos as súas vidas de cando eran novos. Falamos dos distintos oficios que tiveran; mariñeiros, porteiro de fútbol, traballadoras de fábricas, dependenta en Arxentina, modistas, asistentas, cociñeiras e incluso un deles dou tres veces a volta ao mundo a bordo dun transatlántico. 
Vidas moi distintas porén con algo en común, a enfermidade do Párkinson. Moitos deles levan indo aí dende hai moitos anos, sendo xa como unha pequena familia, onde todos xuntos traballan día a día para levar mellor a súa enfermidade. Todos se sinten mellor grazas ás fisioterapeutas, ás clases na piscina, ás clases co logopeda, ás xuntanzas de cada día onde cantan, colorean, falan... porque eso é o que fan as familias, apoiarse uns a outros e sentirse queridos. 

Pasamos unhas horiñas con eles e puidemos incluso facer ximnasia xuntos. Pasámolo xenial!



















GRAZAS A TODOS ELES, GRAZAS Á ASOCIACIÓN POR RECIBIRNOS E PODER VER O MARABILLOSO TRABALLO QUE FACEDES!



jueves, 6 de abril de 2017

FIN DE TRIMESTRE 3º DE PRIMARIA: TRABALLOS COOPERATIVOS, MENÚS SAUDABLES E COIDAMOS O NOSO CORPO

O pasado venres, demos por rematado o segundo trimestre. Estamos moi satisfeitos polos resultados acadados.
 Foi un período moi especial pois metémonos a fondo na APRENDIZAXE COOPERATIVA,  e cada vez nos custa menos Cooperar, Escoitar, axudar ou chegar a un consenso cos membros dos nosos equipos. 
As profes dinnos que están moi orgullosas de nós e non podemos estar máis felices.

Gustaríanos agora compartir con vós dúas tarefas que levamos a cabo neste etapa.·      
  •    A alimentación.
  •    Coidamos o noso corpo.


 Centrámonos primordialmente en saber que cada alimento nos proporcionaba diferentes sustancias nutritivas ( auga, hidratos de carbono, vitaminas, minerais proteínas ou graxas) e que nos servían para darnos enerxía, para previr enfermidades, para que o noso corpo funcionase perfectamente ou para medrar. Con estes datos elaboramos pirámides e rodas de alimentación.



 Fixemos experimentos na aula de ciencias para comprobar a cantidade de graxa que contiñan os alimentos. Sorprendeunos que o queixo tivese tanta graxa de orixe animal e que o augacate fose riquísimo en graxa de orixe vexetal.


Elaboramos despois, cada un, un menú saudable, tendo en conta as cinco comidas diarias (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea) na que contabamos non só o que comiamos senón tamén que nutrientes contiñan e que nos aportaban. 

 Aprendemos moito uns dos outros, pois expuxémolos na clase




Rematamos o proxecto co programa “Almorzo con beizos brancos”. A actividade tiña por obxectivos:
·       Sensibilizar aos nenos/as e, na medida do posible, aos seus pais, acerca da importancia que ten almorzar todos os días dunha maneira completa e saudable.
·       Dar a coñecer aos nenos o sistema produtivo do leite, tan importante en Galicia, mediante as ilustracións “de onde vén o leite”.
Primeiro, un xóvenes moi simpáticos déronnos unha charla sobre a importancia de alimentarnos ben.



Despois fixemos uns xogos para secuenciar o proceso do leite dende que se muxe a vaca ata que chega aos nosos fogares.


Pero o mellor estaba por chegar. Almorzamos un vaso de leite con cacao natural e mel, unhas torradas de pan galego e mandarinas.
Ummmm estaba boísimo!




O outro proxecto, veu como lóxica continuación a este primeiro e tratou sobre a Saúde e a Enfermidade. Centrámonos esencialmente na importacia de coidar o noso corpo cunha alimentación axeitada e con hábitos saudables de deporte e hixiene.
Asemade aprendemos o que eran os medicamentos: os preventivos ( vacinas ) ou os que combaten as enfermidaes. Fixemos posteriormente unha especie de autobiografía na que contabamos a nosa historia de saúde, enfermidade ou accidentes salientables. Moitos de nós utilizamos como fonte as nosas cartillas de saúde e que nos contou mamá e papá.
Quedáronnos uns traballos chulísimos que tamén lle contamos aos nosos compañeiros nunhas sesións expositivas.



No seguinte vídeo poderedes gozar dos bos momentos vividos polo alumnado de terceiro ao longo do trimestre que acabamos de rematar.

miércoles, 1 de marzo de 2017

4º NUN ENTROIDO DE CINE!

Neste entroido de cine os de 4º decidimos ir de Piradas do Caribe. Nesta ocasión aliámonos co alumnado de 6º que ian de Cazafantasmas, xa que os nenos de 3º acompañaban aos seus respectivos titores de 5º polo programa TEI. 
Pasámolo moi ben facendo durante toda a semana os nosos propios disfraces, foi unha semana sen dúbida de troula! Quedounos un disfraz moi colorido e unhas bandeiras moi divertidas.

4º A

4ºA









4ºB

4ºB
Despois do percorrido polas rúas de Bueu, chegamos ao Concello un ano máis para cantar todos xuntos, piratas e cazafantasmas, a nosa canción.



E para rematar esta gran xornada voltamos ao centro para disfrutar dos riquísimos produtos do entroido, filloas, orellas e demáis. Grazas a todas as familias un ano máis!


Aquí tendes un pequeno vídeo do ben que o pasamos os piratas neste Entroido de Cine.













3º NUN ENTROIDO DE CINE!

Este foi sen dúbida algunha un Entroido de CINE. E non o foi só pola temática, senón tamén polo exitazo dos disfraces e polo ben que o pasamos. 
O alumnado de terceiro disfrazámonos, nesta ocasión,  de Harry Potter. Unímonos aos de quinto, titores nosos no programa TEI,  ao vestirse eles de Dumbledore e de Minerva, personaxes que no libro e película fan de mestres  e protectores do neno mago. 

 Os Harry Potter de 3ºA 
Os Harry Potter de 3º B
Fixemos o pasarrúas acompañados dos nosos titores, o que axudou a fortalecer  máis o vínculo entre nós.


Na praza do Concello cantamos xuntos a nosa cantiga.
Foto de Bibliocastelo A Pedra.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...