sábado, 11 de mayo de 2019

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Está claro que o  mes de maio é o mes das LETRAS GALEGAS. O  noso cole o está cebrando por todo o alto!
Só había dous días que viñera An alfaya ao Bibliocastelo e o pasado xoves, mentres o alumnado de cuarto recibía a visita de Francisco Calo Lourido, os nenos e nenas de terceiro gozábams da presenza de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.



Tiñámoslle  preparado este precioso mural e el amosouse encantado. Estaba formado polos nosos poemas preferidos e por palabras fermosas atopadas no poemario:



Estábamos desexando que chegara este día pois levámos meses recitando as poesías de POEMAR O MAR. Teijeiro non nos decepcionou.
Ollade e escoitade  estes vídeos:






Tamén nos fixo cantar! Bueno, máis ben foi Maaaartiño, unha marioneta que tivemos a sorte de coñecer.

Antonio contounos que o amor ao mar e a poesía vén da admiración que sempre sintiu por Rafael Alberti e polos poemas de MARINERO EN TERRA.
Falando e falando, contounos que o primeiro poema que compuxo o fixo mentres estaba dando unha clase a nenos e nenas da nosa idade. Este poema está recollido nunha antoloxía dos deus poemas e así de fermoso:
Tres pombas chegaron cansas,
tristeiras preto dun neno.
O neno deulles un beixo;
as pombas non se moveron.
O neno con aloumiños
deixounas case no ceo.
O neno de brancas mans,
as pombas non esqueceron.
Ao final da sesión, Teijeiro asinounos amablemente os exemplares do libro:





















 Un auténtico pracer recibirte no noso Bibliocastelo!

jueves, 9 de mayo de 2019

FRANCISCO CALO LOURIDO

Resultado de imagen de francisco calo lourido
O pasado xoves, 9 de maio, o alumnado de cuarto tivemos o honor de coñecer a Francisco Calo Lourido.
Temos a sorte de que é o avó de Xaquín, alumno de primeiro de primaria e de Mariña, compañeira nosa da aula de cuarto A.

Calo é lincenciado en filosofía e letras e doutor en xeografía e historia. Ten un amplo curriculum, pero foi invitado a vir ao noso cole porque coñeceu e foi amigo de DON ANTONIO FRAGUAS, autor homenaxeado este ano no DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Ambos foron membros fundadores do MUSEO DO POBO GALEGO, e foi nesta tarefa onde se coñeceron. Compartiu co homenaxeado tamén a súa interese pola etnoloxía e a antropoloxía, e coma el ten vario libros publicados.
Contounos, que Fraguas foi un home esencialmente bo, moi cercano e amable. Era moi querido por cantos o coñecían. Tivo unha orixe moi humilde do que se sentía moi orgulloso. Falounos da súa infancia na aldea de Insuela no concello de Cotobade. Mostrounos moitas imaxes.
Mantivo a nosa atención esperta todo o tempo e respondeu amablemente a todas as preguntas.
En agradecemento por vir desinteradamente ao noso cole, agasallámoslle cun bote de escritorio coa imaxe de Papirus. A encargada de entregarllo, foi a súa neta Mariña.


ESPERAMOS QUE ESTA SEXA A PRIMEIRA DAS MOITAS VISITAS QUE FAGAS AO NOSO COLE PARA COMPARTIR A TÚA SABIDURÍA!
GRAZAS!

miércoles, 8 de mayo de 2019

AN ALFAYA


 O  pasado martes, 7 de maio, o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a sorte de recibir a visita de AN ALFAYA, autora, de DOWN,  libro que todos e todas limos este curso.
Resultado de imagen de down an alfaya pdf

Contounos, que o obxectivo principal do libro foi a defensa da inclusión das persoas diferentes, que soubéramos o que enriquece coñecer xente distinta a nós. Díxonos que se inspirou nun neno síndrome de Down co que coincidía todos os días no autobús. 
 Gustounos oír o que Ann nos contaba porque grazas a ler este libro, a curiosidade prendeu en nós, investigamos e agora entendendemos en que consisite esa discapcidade e tamén provocou que visitásemos o centro Juan XXIII, saída que nunca esqueceremos.
Ao final a escritora asinounos os exemplares dos libros, así que nos fomos contentísimos para casa.
Nas seguintes imaxes poderedes comprobar o atentos e atentas que estabamos porque Ann foi moi cercana, amable e simpática.


























MOITAS GRAZAS AN ALFAYA!

domingo, 5 de mayo de 2019

CORRELINGUA

Baixo  o lema O GALEGO É A FÓRMULA,  o alumnado de terceiro, acompañados polos máis pequenos do cole, achegámonos á veciña vila de CANGAS  para asistir ao CORRELINGUA 2019.
Alí tras unha pequena ANDAINA asistimos ao concerto de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA.
No seguinte vídeo poderedes visionar distintas imaxes do alumnado de A Pedra que sistimos á festa da lingua. Fixádamevos ben! todos levamos as camisetas decoradas con fermosas palabras do noso idioma.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...