martes, 9 de abril de 2019

PROXECTO CIENCIAS NATURAIS 4ºB



Este trimestre na área de Ciencias Naturais traballamos os distintos tipos de enerxía. Empezamos como sempre, realizando o habitual "torbellino de ideas" na pizarra para saber que sabemos e avanzamos preguntándonos que queremos saber sobre este tema. Despois de realizar unha asamblea escolleron facer un Power Point, xa que o anterior trimestre realizaron un SWAY. Por parellas na aula de informática indagaron sobre os distintos tipos de enerxía, o efecto invernadoiro e as súas consecuencias, que son os combustibles fósiles e como podemos eliminalos, así como tamén que podemos facer para coidar o noso planeta.
Elaboraron distintos Power Points, aprendendo a realizar esquemas, pegando distintos tipos de fotografías e tamén vídeos. 
Para rematar expuseron estos traballos oralmente, primeiro na nosa aula e despois noutras, porque é fantástico aprender todos de todos e é importantísimo traballar a expresión oral. 
Despois de cadansúa exposición, cubriron unha rúbrica coa autoavalición dos seus proxectos. Así aprendemos os diferentes criterios que temos que ten en conta á hora de traballar deste xeito e como se avalía.

Mirade o ben que o fixeron, noraboa rapaces e rapazas porque cada vez facédelo mellor!! É un pracer traballar así!





























miércoles, 27 de marzo de 2019

CONVIVENCIA CO CEE JUAN XXIII DE PONTEVEDRA

Como xa vimos repitindo, este ano o noso colexio atópase inmerso nun proxecto sobre os DEREITOS HUMANOS. Un dos Dereitos que máis vimos salientando é o Dereito a ser diferentes, así que nas aulas estamos lendo "DOWN" de Ann alfaya. Este libro fíxonnos espertar a curiosidade sobre as DISCAPACIDADES INTELECTUAIS, polo que cando nos enteramos que iamos visitar o Centro de Educación Especial Juan XXIII de Pontevedra, levamos unha gran alegría. 


Non queriamos ir alí coas mans baleiras así que como estabamos no comezo da primavera puxémonos inmediatamente a confeccionar unhas flores con plastilina:


Convertíronse logo nestes fermosos broches:
Despois metémolos dentro duns sobres que tamén decoramos e ... listos para agasallar!

O xoves, 21 de marzo, viñeron ao noso cole Raquel, mestra do centro, e Sergio e Juan, alumnos do mesmo. Contáronnos que era a diversidade, en que consistía a discapacidade intelectual e como querían ser tratados. Sergio contounos ademais como de pequeniño foi maltratado por outros nenos no colexio no que estaba e o mal que se sentiu. 


Este primeiro contacto serviunos para estar concienciados e, así de preparados, nos presentamos no Centro pontevedrés o luns, 25 de marzo. Alí, tras ver un vídeo no que se nos mostraba a labor que a fundación Juan XXIII vén facendo dende hai 50 anos, visitamos as instalacións.
Fomos primeiro ás aulas dos pequenos. Despois visitamos a parte onde estaban os maiores traballando. Comprobamos como encuadernaban cadernos e libros paso a paso, como fabricaban fregonas que ían ser vendidas posteriormente nos supermercados, fomos á sala de estimulación sensorial e ata vimos a piscina.








.
Quedamos tan gratamente impresionados que algún de nós calificou esta experiencia como a mellor da súa vida. O que temos clarísimo é o gran respecto que estas persoas merecen e a nosa admiración por todo o que son capaces.
Neste vídeo poderedes ver máis polo miudo o acontecido nesta inesquecible xornada.

martes, 26 de marzo de 2019

TEATRO EN MARZO

A punto de rematar, este mes de marzo, podemos dicir que  foi especialmente activo para o alumnado de terceiro e cuarto.
Como coloexio plurilingüe que somos empezamos o luns, día en 11, indo ao salón de actos do IES Joham Carballeira para ver unha OBRA DE TEATRO EN INGLÉS:.
Os de terceiro vimos RAP and PAN. Tomando como punto de partida a historia de Peter Pan e de Rapunzel, os nosos storytellers mergullárannos nunha disparatada e emocionante aventura .Viaxamos dende Londres ao País de Nunca xamais, entre nenos voadores,crocodilos con gastritis, malvados piratas e melenas louras nunha obra  100% en inglés.
Rap and Pan. The Storytellers II
Pasámolo moi ben! Algún de nós tivo a oportunidade de demostrar os bos actores e actrices que son e que ademais se lle da moi ben o inglés, pois subiron ao escenario e fixérono realmente ben.


O luns, 25 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto, drixímonos a Pontevedra para ver, no teatro de A Fundación, a obra "Bon Apetit". A compañía GHAZAFELLOS, fíxonos gozar  cunha comedia en clave de clown onde tres chefs «franceses» tentaron mostrar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro Cunqueiro,  "A COCIÑA GALEGA": «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo». Cunha posta en escena colorista, estes personaxes engancháronos dende o primeiro momento, facéndonos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.

martes, 5 de marzo de 2019

UN ENTROIDO CON DEREITOS

O pasado venres, 1 de marzo, foi o día elixido para que todos os colexios galegos celebrasen "O ENTROIDO". 
O noso centro non ía ser menos e dende a primeiriña hora da mañá o alumnado comezou, cheo de ilusión, a vestir os traxes que con tanto agarimo prepararan previamente.
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto disfrazámonos de peruanos e peruanas para reinvindicar:
O DEREITO DOS POBOS INDÍXENAS A PROTEXER A SÚA IDENTIDADE.







 Na praza do Concello cantamos a nosa cantiga e como nos metemos tanto tempo no noso disfrace, o fixemos tamén en QUECHUA:
A VICUÑITA
 Da Pedra eu veño coa vicuñita
Da Pedra eu veño coa vicuñita
Cantando e respectando aos demáis
Cantando e respectando aos demáis.
Eu son vicuñita e veño a celebrar
Eu son vicuñita e veño a celebrar
Co Entroido da Pedra imos brincar
Co Entroido da Pedra imos brincar.


Ay guei vicuñita rishpi japi sonka

Ay guei vicuñita rishpi japi sonka

Rishpi japi pagapiña numa sonka
Rishpi japi pagapiña numa sonka


Papirus vente con nós a festexar
Papirus vente con nós a festexar
Todos cos dereitos imos cantar
Todos cos dereitos imos bailar.

Machupichu Machupichu Machipichuuuu
Machupichu Machupichu Machipichuuuu

Machupichu Machupichu Machipichuuuu



No seguinte vídeo poderedes contemplar imaxes deste fermoso día no colexio A Pedra.




jueves, 21 de febrero de 2019

ROSALIANDO DEREITOS

Este ano volvemos recitar a nosa escritora máis ilustre para conmemorar o día do seu nacemento. Quixemos buscar un poema que tivera que ver cos DEREITOS HUMANOS, e a verdade que foi moi doado, porque ROSALÍA, foi unha muller loitadora que denunciou as inxustizas, como temos que seguir facendo na época actual. o poema elixido foi: "PRA HABANA" incluído no libro CANTARES GALLEGOS.
Cada clase o fixo dun xeito:










miércoles, 20 de febrero de 2019

VENTAN AIRES DE ENTROIDO








As rutinas diarias estanse rompendo estes días nas aulas de terceiro e cuarto, pois toca confeccionar os disfraces e complementos.
Ademais temos que ensaiar a  canción que imos cantar o día do pasarrúas. 
Este vídeo é para poder ensaiar na casa e para familiarizarnos coa melodía:



Este  outro é a versión karaoke:


sábado, 2 de febrero de 2019

UNHA VIAXE POLO PERÚ





O día da Paz, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto fixemos unha viaxe imaxinaria a un país moi fermoso , situado en América do Sur: Perú.
A través  distintas fotografías,  a profe Bea falounos da súa experiencia como voluntaria dunha ONG chamada INTI.

Con esta ONG viaxou ao Perú duas veces.  Inti é unha palabra quechua que significa sol.



 Na nosa viaxe observamos  como son os nenos e nenas que viven na serra do Perú,  como son as súas casas, tan diferentes as nosas! E como lles gusta xogar coma nós a pesar de haber tantas diferenzas.

 Ademáis,admiramos as paisaxes  e adentrámonos en Iquitos nunha barca que subía polo Amazonas.


 Entramos en  zona de selva no Machu Pichu e sorprendeunos a súa flora e a súa fauna tan fermosa. Tamén o seu arte.




Ao finalizar o percorrido, houbo un turno de preguntas moi interesantes e curiosas.
MOITÍSIMAS GRAZAS PROFE BEA!
En primeiro lugar por ser tan solidaria e en degundo lugar por ser tan xenerosa e compartirlo con nós.


viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Como en anos anteriores, comezamos a traballar a xornada da Paz e da Non Violencia preparando o gran mural da entrada:
Todas as clases tiñamos que elixir un lema no que reflectiríamos o que faciamos nos para conseguir a Paz. O plasmamos nunhas mans que logo teriamos que colocalo no mural colectivo.
Estas son as frases elixidas polo alumnado de terceiro e cuarto.
3º A : PREOCUPARSE POLAS PERSOAS QUE ESTÁN SUFRINDO.
3ºB: SOMOS DISTINTOS PERO IGUAIS NA NOSA CONVIVENCIA.
4ºA: MIRA  AO TEU REDOR QUE ESTÁ CHEO DE BO HUMOR.
4ºB: TODOS OS DÍA TEMOS QUE CELEBRAR A PAZ. DER BOA PERSOAS COA XENTE QUE NOS RODEA.
O 30 de xaneiro, amenceu un día gris e moi chuvioso. Atopábamonos baixo a influencia dunha cicloxénes explosiva, que tiña por nome Gabriel. Non nos puidemos xuntar no patio cuberto co alumnado de E. Infantil, pero si que nos reunimos os de Primaria no ximnasio. alí puidemos cantar todos xuntos " QUÉROTE MÁIS" de Sonoro Maxín acompañados de linguaxe de signos e dicir en voz alta cal era o noso lema de PAZ.



miércoles, 30 de enero de 2019

CANTA GRAXA TEÑEN OS ALIMENTOS?

Dentro do proxecto de alimentación que o alumnado de terceiro levaron a cabo este primeiro mes de xaneiro,  fixeron un experimento para saber que alimentos levan máis graxa. 
Estaban  moi nerviosos porque ademais ían inugurar a nova aula de ciencias. 
Primeiro seleccionaron unha serie de alimentos: Queixo, augacate, pan, mazá, iogurt, manteiga, leituga, ...
Despois sobre un folio, ían manchando co alimento elixido:









Finalmente colocamos os folios nas ventás das nosas clases. 
                           
Ao día seguinte comprobamos que increíblemente o queixo ten moitísima graxa. Tamén observamos que o aguacate tamén contén moitísima pero as profes nos explicaron que ao ser graxa vexetal era máis saudable e que o podiamos usar perfectamente como fonte de enerxía. 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...