domingo, 19 de mayo de 2013

DESPEDIDA DE BORJA

Non foi unha despedida e si un "ata pronto". Borja, o noso querido compañeiro,  márchase a vivir a Madrid, nada máis e nada menos. 

   O principio foi un sock ..., pero despois a profe explicounos que no se ía para sempre, que Borja seguía sendo de Bueu e que o próximo mes de xullo ía volver de vacacións. 

   Unha vez superada a primeira impresión empezamos a argallar unha festa de despedida ás agachadas de el. Cada un de nós preparamos unhas cartas nas que lle deciamos por que o iamos botar de menos   ou por que o queriamos tanto ou por que nos gustaba estar con el. 
   Saíron verdadeiras poesías destes papeis. Declaracións sinceiras de amizade, cariño, respecto, admiración a quen, por unanimidade, consideramos, ante todo, unha boa persoíña.
 Pasamos uns momentos moi emotivos mentres se lían as mensaxes. Non houbo bágoas e si moitos sorrisos, bicos e apertas.
   
   Borja botarémoste de menos. Os teus compañeiros e compañeiras e todos os profes desexámoste ...
SORTE AMIGO!

sábado, 11 de mayo de 2013

CORRELINGUA 2013

O pasado venres 10 de maio celebrouse en Bueu o 4º Correlingua no Morrazo. Foi todo un record de participación pois cerca de 1800 nenos e nenas dos diferentes colexios da comarca encheron as rúas da nosa Vila. Foi verdaderamente emocionante ver a Praza Masso chea de rapaces e rapazas cantando e bailando ao ritmo Luís Prego e a súa banda.
O alumnado de 2º ciclo acudimos, acompañados da totalidade do centro, vestidos todos cunha camiseta que previamente decoramos cunha palabra relacionada cos tecnoloxía e a ciencia. Así nas nosas costas podíase ler vocablos como: "lavalouzas, rato, altofalante, cataventos, rede, desparafusador, espremedor, ...
Recorrimos as rúas de Bueu, mentres os máis pequeniños quedaban na praza realizando diferentes xogos.
FOI UN DÍA FANTÁSTICO

sábado, 27 de abril de 2013

VISITANDO CABO UDRA

 

O pasado mércores 24 de abril tivemos unha saída, fomos visitar Cabo Udra. Ao chegar alí recibíronnos os nosos guías, Anxo e Miguel. Dividímonos en dous grupos, os nenos e nenas de 3º estiveron con Anxo e os de 4º con Miguel. Ambos grupos estivemos marabillados con todas as curiosidades que nos explicaban. A Miguel encantáballe coller pequenos animais que aproveitaba para explicarnos algunha característica. Colleu un sapiño, un tritón... ademais de falarnos da extensa e variada vexetación de Cabo Udra.

Disfrutamos do entorno merendando ao lado da Aula da Natureza, despois visitamos o centro e realizamos unha sinxela actividade sobre todo o que aprendimos.

Unha vez rematada a visita guiada, puidemos disfrutar media hora de xogo libre, xogamos coa corda, co balón, tirámonos na herba...pasámolo xenial! 

Por suposto, non nos podemos esquecer da aventura de saltar os charcos, o monte é así, e mancharnos forma parte do seu encanto.  ;)

Moitas grazas Anxo e Miguel por compartir con nós ese día.  Ata outra amigos! 


 

domingo, 21 de abril de 2013

ALICE IN WONDERLAND

Estase xa a convertir nun clásico que o alumnado do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA acuda cada ano a ver unha obra de teatro en inglés, e este non podía ser menos. O pasado mércores, 17 de abril os nenos e nenas do 2º  e 3º ciclo volveron ao auditorio de Os Salesianos de Vigo para  ver "Alice in Wonderland". 
Foi unha xornada divertida na que os nenos e nenas puideron comprobar os avances na apredizaxe desta lingua estranxeira que tanta presenza ten no noso centro plurilingüe.
Despois de presenciar a obra puideron facerlle preguntas aos actores. O alumnado do  centro participou no diálogo activamente.


ALMORZOS SAUDABLES

A semana previa ás vacacións de Pascua foron as escollidas polo colexio para levar a cabo os ALMORZOS SAUDABLES para todos o alumnado de primaria. Aos nenos e nenas do 2º ciclo tocounos o luns e o xoves. 
- Na primeira xornada puidemos saborear un ALMORZO MEDITERRÁNEO composto por froita, leite con cacao e tostada de pan con aceite de oliva,  xamón serrano e tomate.
- Na segunda xornada probamos un ALMORZO INGLÉS,  no que destacou o revolto de ovos con xamón cocido. leite con cacao e froita.
Aproveitouse a ocasión para lembrar a importancia dunha alimentación equilibrada na que todos os nutrientes teñen que ter cabida na súa xusta medida.
Polo xeral os resultados foron positivos, a maioría dos nenos comeron todo o que se lles propuso. Pero ... sempre hai excepcións!! e a algúns e algunhas lles costou máis probar novos sabores.
Agradacemento ás nais que tiveron a ben vir botar unha man pois serville a cerca de 80 nenos e nenas non foi tarefa doada.










viernes, 15 de marzo de 2013

PAMELA PANAMÁ



O longo do segundo trimestre estivemos traballando os libros de Violeta Monreal no segundo ciclo de primaria. Os alumnos e alumnas de 4ºA e 4ºB elaboramos un libro e un dado cos diferentes personaxes do libro, a técnica que empregamos foi o collage. Quedaron uns traballos preciosos e moi orixinais, grazas pola vosa colaboración.

Aquí podedes ver o dado e o libro feitos tras ler o libro "Pamala Panamá y el hechizo final"











sábado, 9 de marzo de 2013

ECOSISTEMAS




Os alumnos e alumnas de 4ºA e 4ºB fixeron uns ecosistemas coa técnica do collage moi bonitos. Son uns verdadeiro artistas, aquí tendes o resultado!!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración. Así da gusto traballar...

 

jueves, 7 de marzo de 2013

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO


LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO


O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. 

Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. 

Dende o noso cole tamén queremos contribuír a esa homenaxe  á nosa gran poeta que trascende de maneira universal ao longo dos tempos.  

Dende os Equipos de Dinamización e Biblioteca propoñen que cada grupo-clase escolla un poema do libro CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro e o aprenda de memoria para despois recitalo.

Pois ben, ao longo da semana todos os alumnos e alumnas do 2º ciclo estiveron traballando nos poemas seleccionados. Este é o resultado de tanto traballo. Tivémolo que repetir moitas veces, pero mereceu a pena. Esperamos que vos gusten!
 

sábado, 2 de marzo de 2013

Visita a Pontevedra


O mércores 27 de febreiro fomos de excursión a Pontevedra. Quixemos aproveitar a mañán visitando esa fermosa cidade, pero fixémolo dunha maneira especial, xa que contamos coa inestimable colaboración de Raquel, a guía turística de Pontevedra. Grazas a ela descubrimos moitísimas curiosidades de hai moitos anos, os nomes orixinais das rúas, a xente que traballaba en cada unha das prazas, nomes de familias con moita influencia naquela época, personaxes famosos como Valle - Inclán...e así durante case unha hora e media. Despedimos a Raquel na Praza da Ferrería, onde puidemos merendar antes de marchar para o Centro Social Caixanova para ver a obra de teatro "Malas Palabras". A obra de teatro en xeral gustou moito, foi moi emotiva e divertida. E así foi a nosa mañán en Pontevedra, a pesar de ser unha mañá moi fría pasámolo moi ben porque todo o que sexa sair da rutina das aulas a todos nos gosta. Ata a próxima!


martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013


Non era difícil de adiviñar. Este ano todo o alumnado do colexio A Pedra disfrazámonos dos diferentes personaxes de conto como parte do Proxecto de Contos Clásicos que se ven realizando dende o comezo do curso.  
  Así, o pasado 8 de febreiro, as rúas de Bueu enchéronse de Porquiños, Pinochos, Gepettos,  Peter Pans, Campaíñas, Brancaneves, Ananiños, Madrastas, Príncipes, Cartas, Alicias, Coelliños, Raíñas de Corazóns, Sombrereiros Tolos, ...




















 Durante toda a semana previa ao desfile o colexio estivemos vivindo o entroido con sinais como.
  • O luns pispireto píntate o careto.
  • O martes atrevido un gorro divertido.
  • O mécores saboroso algo no pescozo
  • O xoves do revés trae algo nos pes.
No segundo ciclo preparamos a nosa canción de comparsa
AI HO ! DE "A PEDRA"
Sumar, sumar
restar, multiplicar 
e dividir,
xa estamos 
máis que fartos
de ler e de escribir.

Quen fale máis
castigado estás.
Se non o fas 
ao recreo non vas.

A CALAR!
SENTA BEN!
SEMPRE IGUALLLLLLLLL!
TRABALLARRRRR!
OUTRA BRONCA MÁÁÁÁÁÁÁIS!

Sumar, sumar
restar, multiplicar 
e dividir,
xa estamos 
máis que fartos
de ler e de escribir.

Pingueiras hai no pavillón
no patio pozas un millón
e sen saber `por que razón
vimos con ilusión

AI HO!
AI HO!
AI HO!

Chegou, chegou
a hora de descansar
na na na na
na na na 
ai ho, ai ho
ai ho, ai ho
a casa xa me vou.
(Silbidos) 




domingo, 3 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ


O tempo dounos unha tregua e permitiu que todo o alumnado  do colexio “A Pedra” puidéramos reunirnos na pista para celebrar como cada ano o Día da Paz. Todos xuntos cantamos “One day” de Matisyahu e “ O Mundo é Grande” de Mamá Cabra.

Previamente os nenos de primaria leron os manifestos que fixeran cada un nas súas aulas e que este ano ían de cómo podemos protexer a paz.

A verdade que resultou un acto moi emotivo e que rematou coa solta de pombas. Unha de elas debía estar moi a gusto porque tardou en saír e primeiro deuse un paseo polo patio entre as risas e os aplausos de tantos nenos e nenas.

 PREPARADOS PA RA LER OS MANIFESTOS


 MANIFESTO DE 3º A

  
MANIFESTO DE 3º B


MANIFESTO DE 4º A E 4º B

   
A POMBIÑA ATOPÁBASE MOI A GUSTO
ENTRE NÓS

  MURAL DE DINAMIZACIÓN COS MANIFESTOS 
DE TODAS AS AULAS  

3º A PROPÓN PROTEXER ASÍ A PAZ   


  
3º A PROPÓN QUE NON LLE FAGAMOS AOS DEMAIS O 
QUE NON NOS GUSTA QUE  NOS FAGAN A NÓS


4º B DI QUE NOS VALE CON ESCOITAR A 
CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
"0 MUNDO É GRANDE"  E FACER O QUE A CANCIÓN 
NÓS DI

   
4ºB E MÁIS ESTROFAS DA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA

   
4º A LÉMBRANOS CON ESTA BONITA MONTAXE 
QUE TODOS SOMOS IGUAIS.

  
4º A EMPREGA ESTA PALBRA TAN BONITA 
"COMPARTIR"


3º B LÉMBRANOS O INÚTIL QUE SON AS ARMAS 


3ºB TAMÉN NÓS DI QUE A CASA É A MESMA PARA TODOS
" O PLANETA TERRA"

   
MURAL COA LETRA DE "ONE DAY"

MURAL DA BIBLIOTECA. NAS MANS ESTÁN EXPRESADAS
 DISTINTAS  MANEIRAS DE RESOLVER CONFITOS NOS 
CONTOS CLÁSICOS

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...