domingo, 1 de mayo de 2016

SEMANA DO LIBRO NO COLE

Este ano o día do libro, 23 de abril, cadrou en sábado. pero no noso cole non quixemos desaproveitar a ocasión de celebralo, así que lle dedicamos unha semana enteira. 
Deuse ademais a casualidade de que se conmemoraba o 4º centenario da morte de Cervantes, o escritor máis ilustre da literatura castelá, grazas a súa obra cumio:  "Don Quijote de la Mancha". Con tal motivo realizamos diferentes actividades e pintamos colectivamente ao Quixote e ao seu escudeiro Sancho.






Asemade investigamos sobre a figura de Jules Verne, escritor francés de literatura de ciencia fición. Verne tratou longo e tendido  temas do espazo.
O alumnado de cuarto tivemos tamén a sorte de seren invitados pola organización da XX Mostra de Teatro do ensino, que este ano se celebrou no veciño instituto Joham Carballeira. Alí  gozamos coa obra "Suspéndese a Sesión" de Fernando Lalana. Foi protagonizada polo alumnado do IES María Soliño de Cangas. Encantounos, rimos un montón e moitos de nós estamos decididos a formar parte cando cheguemos a ESO destes grupos de teatro.



miércoles, 27 de abril de 2016

VISITA Á CASA DO CONCELLO DE BUEU

   O pasado xoves 21 de abril, o alumnado de 3º visitou o Concello de Bueu. Esta actividade foi motivante, porque puidemos vivenciar de preto parte da información que foramos recompilando os días previos nas aulas. 
Nada máis chegar recibiunos o señor alcalde, e explicounos un pouco como funciona o concello e que se precisa para que funcione todo correctamente. Comentou cantas parroquias ten o municipio, falou das eleccións e dos impostos, abordando as funcións máis importantes que lle competen a cada un dos traballadores do concello.
   Para isto contamos coa axuda e a colaboración do alcalde Félix Juncal, da concelleira de Sanidade e Educación Teresa López, do concelleiro de Facenda José Cuervo, e do concelleiro de Obras e Servizos Fidel Castro, que recibiron con moito agarimo e atención aos nosos nenos e nenas, que son o futuro da vila. A través dun xogo, o alcalde, os concelleiros e a concelleira, contáronlle as súas labores máis destacadas, e os rapaces e rapazas, poñéndose no seu papel, as explicaron despois aos demais.
   O alcalde ao remate, agasallounos cunha figura moi representativa do municipio, o faro da illa de Ons!. E como non, tamén unha dedicatoria e a firma do  representante da casa do concello con máis peso, Félix Juncal.

Moitas grazas pola visita e a vosa colaboración! Foi unha mañá moi divertida, porque todo o que sexa sair da clase sempre é unha aprendizaxe máis significativa.
  
 
  
  
  




Quen sabe? Ao mellor nun futuro non tan lonxano, os vosos nenos e nenas estarán ocupando un cargo importante no concello de Bueu, e sentados nesas cadeiras da sala de plenos.

domingo, 24 de abril de 2016

PROXECTO METEOESCOLAS


.O alumnado de cuarto comezamos a aventura do proxecto de Meteoescolas tras a magnífica presentación que do plan de traballo nos fixeron o alumnado de sexto.
Empezamos entón a acudir a caseta meteorolóxica, onde cada mañá recollemos a temperatura máxima e mínima e a cantidade de precipitacións. Estes datos rexistrámolos nos paneis que, para este fin, están habilitados no vestíbulo do noso centro. 




Estes datos tamén son traspasados a un climograma.



Pero non foi este o único traballo que se nos encomendou. Tiñamos  ademais que investigar peculiaridades sobre o tempo atmosférico en Bueu.. que ditos, ou sentenzas se referían a nosa meteoroloxía:
Tamén, os nosos avós, avoas, veciños e veciñas e sobre todo a xente mariñeira informáronnos sobre as múltiples formas de chamarlle aos ventos e que tanto inflúen na vida do mar:

Non acabou aquí a nosa aportación. Encargóusenos ademais que elaborásemos un tríptico cos pictogramas dos distintos estados da atmosfera. Ocurréusenos que fose Papirus o encargado de facelo. Como sabedes este ano Papirus anda perdido polo espazo e na súa estancia estelar montouse no satélite meteosat dende onde puido observar os cambios meteorolóxicos da nosa vila.

Gabri 4ºA
Repartímonos o traballo e este foi o resultado final:


Todo o alumnado do colexio levará un destes trípticos para a súa casa. As imaxes serán ademais aproveitadas nas aulas de infantil onde as rutinas diarias inclúen sempre colocar nun mural o tempo que fai.
Non puideron entrar todas as imaxes neste folleto, polo que decidimos que si  formarían parte dun gran mural na sala de usos múltiples:



VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO FARO DE VIGO E DO CORTE INGLÉS

Esta semana, ao alumnado de terceiro e cuarto, tocounos ir de visita a cidade de Vigo. 
Primeiro visitamos o Corte Inglés, pero non  para ir de compras como cando imos coas nosas familias. Esta vez coñecemos como funciona a empresa dende dentro. Fomos as cociñas, aos almacéns ou aos garaxes dende onde saen e entran os camións coas mercancias. 

Pero non foi isto o que máis non gustou, o mellor foi o chocolate con churros co que nos agasallaron cando chegamos.

Reímonos moito cando nos metemos dentro dun camión e nos pecharon as porta.

 
 
 
 
 
 




Pero, sen dúbida ningunha, o mellor desta magnífica xornada foi a visita ás instalacións do Faro de Vigo. Asegurámosvos que dende agora cando collamos o xornal imos lembrar de como se enmaqueta, cales son as súas seccións e como funciona o rotativo, como en poucas horas saen miles de exemplares. 
Tivemos ademais a sorte de encontrarnos alí con Suso Portela, subdirector do Faro, que é natural de Beluso e que pasa os verán  en Bueu, tamén charlamos con Salvador Rodríguez, xornalista encargado dos suplementos dos xornal, tamén natural de Bueu, e co Alberto Otero, tamén da nosa vila.


A saída esperábanos unha gran sorpresa, pois agasalláronnos cunha bolsa que contiña un libro, un album do Celta e un par de paquetes de cromos para enchelo.
Outro día para  gardar na nosa memoria!



martes, 5 de abril de 2016

METEOESCOLAS

AS NUBES

Este curso estamos inmersos nun novo proxecto, participar nas MeteoEscolas de Galicia. A finalidade é crear unha rede escolar de recollida de datos atmosféricos.
Recibimos unha estación metereolóxica, cuns aparellos básicos de medida, un termómetro que recolle a temperatura máxima e mínima do día e un pluviómetro. Cada mañá o curso correspondente sae a recoller os datos e rexístraos nun taboleiro na entrada do centro.

Unhas das razóns principais da participación nestes programas é que se pretende achegar a ciencia, a todos o noso alumnado e ás súas familias. 

 Foméntase tamén  a adquisición de competencias coma a do coñecemento e a interacción co mundo físico, a competencia científica, a competencia de tratamento da información e competencia dixital, a competencia matemática, coa importancia da sensibilidade na medición, a elaboración de medias, a obtención de máximas e mínimas e o tratamento en gráficas de todos os datos recollidos.

Todo o centro está indagando sobre distintos temas relacionados co tempo atmosférico. Ao alumnado de 3º tocounos pesquisar sobre o tipos de NUBES. Xusto rematamos de traballar o CICLO DA AUGA, co cal enlazamos moi ben este tema porque xa sabíamos como se formaban as nubes.

Nunha primeira sesión, estivemos traballando na aula coa pantalla dixital na páxina de AEMET, xa que había un enlace relacionado co noso tema. Tamén lemos algúns dos contos.
Noutra sesión subimos á aula de informática para que cada un traballase individualmente no apartado de XOGOS EDUCATIVOS, e fixeron o LIM "Descubrindo a metereoloxía: as nubes". 












Unha vez traballado o vocabulario específico dos tipos de nubes, decidimos elaborar un mural facendo un resumo do estudado na aula. Empezamos por clasificar as nubes en altas, medias e baixas. Tamén seleccionamos unha imaxe de cada nube. A continuación por grupos fixeron unha pequena descrición dos tipos de nubes.






 
 
 






Agora xa sabemos como se chaman as nubes que traen néboa, choiva ou vento forte. Hai outras que parecen ovnis, foron as que máis lles gustaron, as lenticulares. 

Bo traballo!










lunes, 4 de abril de 2016

VISITA Á ASOCIACIÓN JUAN XXIII




O pasado xoves foi  a quenda dos terceiros en visitar a Asociación Juán XXIII en Cangas. É un centro ocupacional de día para persoas discapacitadas. 
Nada máis chegar recibiunos Tere, a directora do centro. Tiña preparado un power point sobre a discapacidade, interactuando co noso alumnado chegamos á conclusión de que as persoas que aínda non coñecíamos, non podían, non sabían, non...non....Porén de contado pensarían doutra maneira. 
Visitamos todos os espazos do centro con total normalidade, e comprobamos como era a súa vida cotiá. 

Chegou a hora de merendar, facía un día solleiro, sacaron as porterías e veña todos a xogar un partido de fútbol. 
SIIIII!







Foi un día fantástico, e o mellor de todo foi que entramos cunha mentalidade antiga e saimos cunha mente moitísimo máis aberta. Fixemos novos amigos e amigas, que nos ensinaron QUE PODEN, QUE SABEN facer unha gran variedade de actividades. Que só necesitan unha pequena axuda e que alguén lles ensine como facelo. Porque nesta vida o que hai que ter son GANAS, ganas de aprender día a día, ganas de vivir e ser felices. Porque as persoas que coñecemos non son tan distintas a nós, enfádanse, rin, bailan, xogan, cantan... 

Pero aí non rematou a xornada, a derradeira actividade era a máis emocionante de todas. Puidemos participar en dous talleres e ensináronnos a cociñar filloas, a facer xogos de madeira na súa carpintaría, a facer alfombras, a traballar coas emocións e coa memoria, como se manteñen en forma e a usar a linguaxe de signos.
 
Saimos encantados da experiencia!!! Grazas a todos e a todas por deixarnos compartir con vós un día tan tan bonito. 
Botade unha ollada aos diferentes vídeos. 






TALLER DE MEMORIA.



TALLER DE EMOCIÓNS.



TALLER DE MANUALIDADES



TALLER DE MANIPULADOS



TALLER DE COCIÑA



TALLER DE COMUNICACIÓN



CARPINTARÍA



MANTENEMENTO FÍSICO



TALLER DE COCIÑA




E xa como despedida, repartimos os nosos agasallados.







                        " TODO PARECE IMPOSIBLE,
                   HASTA QUE SE HACE"
                                             NELSON MANDELA


                         MOITAS GRAZAS!!








martes, 22 de marzo de 2016

VISITA AO CENTRO OCUPACIONAL JUAN XXIII DE CANGAS

O pasado xoves, 17 de marzo, o alumnado de cuarto fomos coñecer o centro Juan XXIII de Cangas. Trátase dun centro ocupacional  e de día para persoas con discapacidade.
Recibiunos Tere, a directora do centro, que tras facernos  unhas preguntas, comprobou que tiñamos unhas ideas moi anticuadas sobre o concepto e tratamento da discapacidade. Propúxose entón cambiar a nosa mentalidade, primeiro cun power point de concienciación e posteriormente cunha visita as instalacións  e para,  finalmente convivir nos distintos talleres cos usuarios e usuarias do centro así como cos monitores e monitoras. Cada un de nós pasamos por dous obradoiros: 

  • Carpintería
  • Manipulados (Elaboración de alfombras)
  • Cociña
  • Mantemento físico
  • Taller de memoria
  • Taller de comunicación
  • Manualidades
  • Taller de emocións
Creo poder falar en nome de todos se vos aseguro que foi sen dúbida a mellor das saídas que fixemos. Primeiro porque aprendemos a respectar e  admirar a estas persoas e segundo porque nos divertimos montón. 
Agradecementos a Tere, Alejandra, Ana, Sara, Salva, ... tamén a Rober, Isaac, Jorge, Jacobo, Pacos, Beli, ... e tantos e tantas outras que dende agora, sodes os nosos amigos e amigas.
Ah! Por se non quedou claro a nosa mente cambiou por completo tras este día. Agora sabemos que os usuarios deste centro saben facer moitas cousas moito mellor que nós. Poden construír obxectos para que sexan útiles para outras persoas, e poden aportarnos moito para que nós sexamos mellores.




martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO " DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo , tivemos a sorte de recibir no  noso cole a dúas supermulleres da nosa vila, con motivo de celebrar o día da muller traballadora.





Todos e todas queriamos ser Noa ou Ari, pois eran as súas avoas as que viñan a relatarnos as súas experiencias como mulleres traballadoras. 
Maricarme e Cachito relatáronnos como dende moi novas tiveron que convinar o traballo na casa co traballo fóra dela, non sen grandes dificultades. Ambas mostráronse como grandes defensoras do sexo feminino e declararon sentirse moi orgullosas de vir ao noso centro a representar aos millóns de mulleres que están nas súas condicións.
A avoa de Ari traballa en Pontevedra nun Centro de Saúde e síntese moi satisfeita de axudar a que a xente mellore a súa saúde.

A avoa de Noa traballa en Bueu, na Oficina de Correos, e
confesounos que a época que máis lle gusta é o Nadal, cando os nenos e nenas lle escriben as cartas aoe Reis Magos.
 Quedamos felices coa exposición que nos fixeron das súas vidas, así como das respostas que nos deron á infinidade de preguntas que lles fixemos.
A verdade é que as avoas de antes non son como as de agora. 
Mirade que guapas, xóvenes e modernas son!

Uns días máis tarde tivemos a sorte de recibir a Luci, a avoa de María. Contounos tamén a súa experiencia. Foi duro escoitar que con só trece aniños tivo que empezar a traballar en Vigo. 
Actualmente traballa nun hotel en Cangas e séntese moi satisfeita co seu labor. Impresionounos como dobraba as toallas. Era quen de facer coelliños, cans... 



Nos vídeos que podedes ver a continuación recóllense partes dos emotivos momentos que puidemos vivir nesta xornadas. Esperemos que estas experiencias se repitan moitas outras veces.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...