sábado, 29 de enero de 2011

VISITA DA CRUZ VERMELLA



Con motivo do día da Paz, o 30 de xaneiro, estivemos facendo un traballo de investigación sobre as ONGs. Así cando recibimos a visita da Cruz Vermella xa sabíamos moitas cousas. Aprendimos que é a diversidade realizando diferentes tipos de actividades, tamén aprendimos como se di "Ola" en diferentes países. Rematamos lendo un conto e elaborando a nosa propia estrela.
Moitas grazas chicos pola vosa visita!

MEDRANDO EN VALORES


Este curso estamos a facer un novo proxecto, chamado "Medrando en Valores". Na páxina da biblioteca do centro tendes o enlace. Alí atoparedes unha gran cantidade de actividades, contos, vídeos... para poder disfrutar en familia.

Candelabro

Estivemos recolectando follas para facer un bonito candelabro.


Alumnos e alumnas 4ºA con Hannah




Obradoiros de Nadal





Que ben o pasamos este ano nos obradoiros...algunhas fotiños para que vexades!! Co mago Ramón, un bingo con Hannah, uns xogos divertidos coa profe Bea e unhas postais coa profe Carmen para rematar.

miércoles, 12 de enero de 2011



CONXUROS de 4ºB

Se na noite de bruxas

non te atopas ben

aguardente as de beber

e se así non te atopas ben ,

colle o pixama e bota a correr.

TATO

Ollo de gato,pel de sapo,

rata do monte , pel de bisonte,

fuciño de can e un pouco de pan.

Se este brebaxe bebemos

este ano aprobaremos.

CARLOS

Patas de rata , ollos de ra….

Quen acabe este conxuro

en bruxa se convertirá .

ANTÍA

domingo, 9 de enero de 2011

FESTIVAL DE NADAL

Que ben o pasamos!!!
Todo o país estaba pendiente da lotería do Nadal, pero nos a comunidade do CEIP "A Pedra" estabamos disfrutando a tope no Centro Social do Mar co festival que celebramos sempre nestas datas.
Foi un festival moi entretido con moitos bailes, cancións e obras de teatro.
Todos os nenos e nenas do 2º ciclo estamos de acordo que valeu a pena, non só por ese día se non tamén por todos os días que adicamos ao ensaio e que nos fixo vivir outra dimensión da escola e do compañerismo.
Este ciclo participou coa obra de teatro "Miúdos Dereitos", e cos bailes "Rumba das Apertas",
" A Chica Ye- Ye", " AS Divinas" e " A Danza dos Machetes".
Podedes agora botarlle unha ollada as fotos, nas que podedes comprobar a cara de felicidade que todos temos.
Será polo das vacacións??




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...