sábado, 29 de junio de 2013

LIBRO VIAXEIRO

Lembrádesvos de Martiño e de Rosiña? Como acabou a aquela historia que  axudamos a construír? 
Pois aquí está o resultado final desta 
"AVENTURA MONSTROSA"
 da que somos autores todos os nenos e nenas do 
"CEIP PLURILINGÜE A PEDRA".

lunes, 24 de junio de 2013

BIBLIOCASTELO A PEDRA: GUÍA DE LECTURAS REFRESCANTES

Sabedes que Papirus sempre nos da bos consellos. Lede con atención o que nos propón que leamos este verán.
BIBLIOCASTELO A PEDRA: GUÍA DE LECTURAS REFRESCANTES

domingo, 16 de junio de 2013

EXCURSIÓN A OURENSE/ ALLARIZ

Por fin chegou o día ! 

Dende o comezo do curso, e máis aínda dende que as profes nos confirmaron lugar e data estabamos desexando que chegase esta saída.
Ese día non fixo falta que nin mamá nin papá insistisen para que nos ergueramos da cama. A mañá estaba preciosa. Despois dun montón de días grises, o sol brillaba con forza.
O que máis nos facía ilusión eran as Termas de Ourense.  Moitos de nós xa foramos, pero outros moitos non.   Non nos decepcionou. Todo o contrario. Pasámolo xenial! Dunha poza a outra sen parar. A pesar da calor, todos preferiamos as pozas quentes. Sinceramente se nos tiveran preguntado quedariamos toda xornada alí.
Fomos xantar a Allariz, a beira do río Arnoia, e despois pasamos a tarde visitando o Museo dos Xoguete, do Liño e o Festival de Xardíns.

O día rematou demasiado cedo. Pero tamén debemos dicir que estabamos esgotados.

Unha mención especial para os nenos e nenas de cuarto que rematan ciclo. Desexamos que a vosa estadía neste segundo ciclo estea chea de boas lembranzas. 
BOTARÉMOSVOS DE MENOS!



VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

O mércores 12 de xuño estivo no noso centro a autora do libro "Boas Noites" de Paula Carballeira. 





Estivemos falando do libro e díxonos que era un dos seus libros favoritos, xa que era de teatro. Desde moi pequena gostáballe representar e escribir obras de teatro.
 
 Os nomes dos personaxes do libro son inspirados en xente coñecida, procura sempre meter nos seus libros a súa familia, amigos, coñecidos...

Sempre lle gustou ler contos de medo, de misterio e de suspense, por iso escribe sobre eso. Leva escrito o redor de 22 libros.

A Paula encántalle contar contos polo que nos regalou en directo un dos seus contos.

" Xan e Xiana, dous irmáns que vivían nunha cabana no medio do monte. Xan era moi moi valente e non tiña medo a nada e Xiana sempre lle dícia que calara polo que poidera pasar...." 

O conto foi moi moi divertido e nós escachamos coa risa. Fíxonos partícipes do conto, cantando e representando a Xan e Xiana.
Premede na imaxe para disfrutar dun anaco do conto, para que vexades o ben que o pasamos.

Para rematar mostrámoslle os libros que fixemos na aula os alumnos de 4º A e 4ºB. 
4ºA elaborou un libro con resumos e banda deseñadas, porén 4ºB fixo dous libros;" Os monstros" e "O meu peor pesadelo".









MOITAS GRAZAS PAULA, PASÁMOLO XENIAL!!!




domingo, 9 de junio de 2013

LIBRO   " BOAS NOITES "  DE PAULA CARBALLEIRA


Os nenos e nenas de 4º B representamos na clase todos os capítulos deste entretido libro. Botamos moitas risas, e por uns minutos sentímonos como verdadeiros actores e actrices. Comprendimos o difícil que é esa profesión porque teñen que memorizar longos textos e repetilos moitísimas veces ata que lles saen ben. Non foi o noso caso porque nós estivemos lendo, eso sí entoamos e xesticulamos todo o que puidemos.

Cando iamos rematar o libro decidimos gravar un capítulo, e encantounos a experiencia polo que faremos máis vídeos. Aquí tendes un adianto.



VIOLETA MONREAL

                O pasado xoves 6 de xuño chegou ao noso cole Violeta Monreal. Os primeiros en recibila foron os nenos e nenas do primeiro ciclo, e tras eles fomos nós. E como se estivesemos nunha obra de teatro, empezou a función. Traía unha maleta pequena cargada de distintos papeis de cores, daba igual que papel utilizase, porque como se tratase dun truco de maxia, calquera dos papeis que empregaba semellaba que cobraban vida. Quedamos abraidos como se podía debuxar coas mans, ía rasgando cada papel e ía dándolle forma. 
              
               Regalounos en directo uns dos seus marabillosos collages en cartulina. Para o noso ciclo, fixo un cabalo sobre unha montaña pequena chea de flores, e todo dentro dunha orla. O resultado acadado foi espectacular. 

               Mentras ía traballando, foinos ensinando a importancia de aprender a aprender, de esforzase, de traballar un pouquiño máis cada día e de correxirnos nós mesmos.  Explicounos a diferenza entre un cerebro blando e outro ríxido cun anaco de plastilina.

              Antes de marchar deunos un agasallo pequeniño a cada un de nós, era algo moi especial para pegar nos nosos libros. Encantounos!!
Nós tamén a sorprendemos cantando "Cumpreanos feliz", porque xusto ese día era o seu aniversario.

             E para rematar só temos que dicir grazas. Grazas por compartir con nós o teu tempo e grazas por mostrarnos o teu arte. Ata pronto Violeta!

Aquí deixamosvos un vídeo das dúas sesións, do primeiro e do segundo ciclo, esperamos que vos guste.



 

domingo, 2 de junio de 2013

CATÁLOGO DE SOMBREIROS PAMELA PANAMÁ

Despois de pasalo xenial lendo o primeiro libro da saga "Pamela Panamá" titulado 
"Pamela Panamá ya no Cree en los Cuentos de Hadas"
 ao alumnado de terceiro ocorréusenos facer este 
Catálogo de Sombreiros,
 onde ademais de desenvolver a nosa imaxinación confeccionando os diferentes modelos, tivemos que esforzarnos por facer unhas correctas descricións dos mesmos. Ademais tivemos que reflexionar sobre que cousas que no teñen valor monetario nos parecen importantes, para poñerlle un precio ao noso sombreiro. O próximo xoves, 6 de xuño, 
Violeta Monreal, 
autora do libro, virá ao noso cole. Estamos desexando coñecela e mostrarlle o catálogo. Tamén nos gustaría que lle botarades unha ollada na casa. 
QUE VOS PARECE?