sábado, 16 de abril de 2011

VISITA DO CEIP DE BARCELOS































O pasado 12 de abril recibimos a visita dos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP de Barcelos de Pontevedra.
Recibímolos no noso cole e despois de facer as correspondentes presentacións e coñecernos un pouquiño mellor, baixamos ao centro de Bueu para visitar o Museo de Massó. A nós gustounos moito, esperamos que a vós tamén.
Finalmente volvimos para o noso centro para rematar a xornada cunha gran merenda e xogar no patio.

Pasámolo xenial!! Agora esperamos volver a veros o 3 de maio, pero esta vez tócanos a nós movernos.

Ata pronto amigos!!

TEATRO: TARZAN OF THE APES






Marzo convertiuse para os nenos do 2º ciclo nun mes moi viaxeiro, porque despois de ir a Naturnova e o Marco , volvemos a ir a Vigo o venres 18. Esta vez a causa foi ir ver unha obra de teatro en inglés:

TARZAN OF THE APES.

Foi divertidísima, e aínda que pareza mentira a entendimos moi ben. Os actores a verdade é que eran moi bos.

A anécdota a protagonizaron unha nena e un neno de 4ºA, Paula e Héctor, que foron elexidos de entre un montón de nenos de diferentes colexios.
O pasado martes, 15 de maio, os nenos e as nenas do 2º ciclo pasamos un día estupendo na cidade de Vigo, onde tivemos a oportunidade de visitar dos museos. Por un lado acudimos a Naturnova, . Neste centro puidemos coñecer como é o mundo que nos rodea e o importante que é coidalo e conservalo. A través das súas tres salas fomos quen de viaxar polo fondo da ría de Vigo grazas a un simulador dun submarino, ver un sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta, observar Galicia dende o aire, comprobar a diferente intensidade dos sons, … Tamén estivemos no Marco. Non era a primeira vez que estabamos alí, pero non nos importou pois como moi ben saberedes as exposicións cambian a miúdo. A nós tocounos unha exposición de fotografías de Virxilio Vieitez e sinceramente estivo moi ben. A verdade é que o persoal que dirixe as visitas está moi preparado e foron capaces de sorprendernos e de manter a nosa atención. Gustounos moito o taller onde fixemos actividades cun espellos. Aquí tedes algunha das nosas opinións: • O que máis me gustou foi o submarino, porque parecía que certamente ías por debaixo da ría (Javi, Adrián, Alicia, Yoel, Marta, Andrea, Víctor, Pablo, Lissette, María, Ángeles ) • Gustaríame volver a Naturnova para espiar a xente que andaba pola rúa (María, Icía, Alicia) • O que máis me sorprendeu en Naturnova é comprobar como o home pode contaminar o planeta ( Marta) • Sorprendéronme moitísimo as fotografías de mortos de Virxilio Vieitez ( Andrea, Marta, Pablo, Icía,) • Encantaríame volver ao Marco porque aprendín cousas moi interesantes ( Cris) • Gustoume moito o planetario en Naturnova, porque o pasei moi ben manipulando os ordenadores. ( Simón) • Sorprendinme cando puiden investigar sobre os planetas nos ordenadores de Naturnova ( Natalia) • O que máis me sorprendeu en Naturnova foi o ordenador que explicaba as extincións do pasado ( Dani) • Paseino moi ben no Marco cando debuxamos nos espellos ( Marta, Icía, Lucas, Ängeles)



VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...