miércoles, 29 de noviembre de 2017

FERRO NO ALMORZO?

Vestidos coas nosas vestimentas de ciéntificos experimentados, o alumnado de cuarto, quixemos averiguar se era verdade que os cereais que almorzabamos pola mañá tiñan ferro. 
Pareceunos moi interesante partir do seguinte vídeo.

Necesitabamos:
  • Cereais con ferro engadido.
  • 1 imán potente.
  • 1 bolsa con peche hermético.
  • Auga.                                 

Estamos no mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares , así que cambiamos a aula de ciencias polo Bibliocastelo.









Só nos tocaba esperar unha ou dúas horas. Estabamos moi emocinados e a última hora da mañá dirixémonos á aula de ciencias cos nosos potentes imáns:






Intentámolo, unha e outra vez, pero non houbo maneira. As caras de decepción eran evidentes.
Chegamos a conclusión de que debemos ser críticos co que nos publicitan nas etiquetas dos alimentos. 



UN MINI CONCERTO NO COLEXIO

A visita duns músicos de música tradicional galega sorprendeu aos nosos alumnos e alumnas de Primaria e que nos deleitaron co que nos contaron e, sobre todo, co que nos tocaron, que fixeron mover o corpo a moitos e moitas de nós. 






DANDO VIDA A UN CONTO

Coa mestra Lina os nenos e nenas de 4º B tivemos a oportunidade de ser os protagonistas dun conto moi animado...
Grazas por convidarnos!


MES DA CIENCIA

No mes da ciencia o alumnado de 4º B levou a cabo un pequeno experimento no que comprobamos o que acontecía ó misturar unha bebida de cola cun chisco de leite (todo nas proporcións indicadas) e todo elo coa axuda da mestra Lina.




domingo, 26 de noviembre de 2017

TEATRO RUBICUNDO E MUSEO DE PONTEVEDRA

Novembro está chegando ao seu fin, pero non podemos negar que foi un mes irrepetible: Saídas,  experimentos, Magosto... 
Esta vez tocounos ao alumnado de cuarto, ao igual que ao de terceiro, ir a Pontevedra.
A nosa primeira parada  foi o auditorio de Afundación da cidade, onde gozamos vendo a obra Rubicundo,basada  do libro do mesmo nome de María Canosa. Encantounos rimos moito, cantamos, aplaudimos e encariñámonos cos protagonistas, que coma nós estaban moi pendientes da meteoroloxía.
Resultado de imagen de Rubicundo teatro
Ao saír paramos a merendar na praza da Ferrería. Unha gran cantidade de pombas achegáronse atraídas polas nosas saborosas merendas.

Diríximonos logo cara o noso seguinte destino: O edificio sexto do Museo de Pontevedra. 
No camiño atopámonos cunha Pontevedra, descoñecida para a maioría de nós. Preciosas casas antigas de pedra, rúas estreitiñas e ... de súpeto unha estatua de tamaño natural.
 Explicáronnos as profes que se trataba de Ramón María de Valle Inclán, un famoso escritor que pasou gran parte da súa vida nesta bela cidade.

Xa no museo, esperábanos Aida, unha simpática guía que nos levou a última planta do edificio, para que puideramos gozar coas Obras de Arte alí expostas. Pero non foi unha visita clásica na que ela falaba e nos escoitabamos. Propúxonos, pola contra unha actividade chamada:  Detectives da Arte:


Nun caderno ían dándonos unha serie de pistas e nós tiñamos que atopar o cadro ou a  escultura. Non podiamos correr nin gritar pero si movernos con soltura e falar nun ton axeitado.






















MES DA CIENCIA 3


TINTA INVISIBLE

 Este xoves 23 de novembro o alumnado de 3º seguimos facendo o que tanto nos gusta, experimentar.  Vestimos a nosa bata de científicos e fumos á aula de ciencias para facer un novo experimento. Esta vez fixemos tinta invisible.
Precisamos un folio en branco, un palillo e un pouco de zume de limón. Realizamos un debuxo co palillo mollándoo no zume e esperamos a que seque. 









Tivemos que esperar a que secase o que debuxamos co limón. Unha vez seco o folio estaba totalmente en branco. 
A continuación collemos os nosos debuxos e pasámoslle o ferro, sí sí o ferro ben quente e así volveron a aparecer as liñas dos nosos debuxos.









 Que experimento tan sinxelo e tan divertido! 
A polo seguinte...Que faremos?...  ;)

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...