domingo, 14 de mayo de 2017

CORRELINGUA 2017

A festa da lingua tivo lugar este ano en Moaña, o pasado martes, 9 de maio.
O alumnado de terceiro a cuarto, saímos ben cedo do cole para dirixirnos ao encontro de preto de 3 000 escolares da comarca. Xunto a a rapaces e rapazas de Bueu, Cangas, Moaña e Marín, percorremos algunha das principales rúas da vila morracense ao grito unísono de:
EN GALEGO SEN CANCELAS

Rematamos a nosa marcha, no palco, cerca da praza de abastos, e alí gozamos do concerto de Pablo Díaz e a súa banda. O cumio chegou cando todos e todas cantamos e bailamos "Queremos Galego".

No seguinte vídeo poderedes comprobar os inesquecibles momentos vividos entre tanta rapazada.



O PRINCIPIÑO

Este ano "O PRINCIPIÑO" foi o protagonista principal do DÍA DO LIBRO.
A nosa biblioteca encheuse de exemplares desta preciosa obra, grazas a amabilidade de LOLI  DOCAMPO, nai de Roi, Uxía e Mariña, alumnos deste cole. Loli, ao longo das súa vida, logrou recompilar esta gran colección.
A PROFE LINA invitounos ao bibliocastelo, e foi presentando os distintos exemplares de países tan diversos como Italia, Francia, Rusia, China, Xapón, India,EEUU... Había tamén de linguas minoritarias como o galés, sefardí  ou de dialectos como o bable.


THE JUNGLE BOOK AND THE CHOCOLAT FACTORY

Somos un cole plurilingüe, e como tal, non pode faltar cada ano unha obra de teatro en inglés.
Ao alumnado de terceiro tocounos, esta vez, asistir á representación de:
"THE JUNGLE BOOK"
Aínda que non o creades, toda a obra foi representada en inglés e entendemos todo. Foi moi divertido porque fomos varios os afortunados e afortunadas que tivemos a ocasión de subir ao escenario e formar parte da representación.



















THE CHOCOLAT FACTORY

Ao alumnado de cuarto e sexto de primaria tocounos esta outra obra. Pasámolo xenial porque foi moi amena é participativa, xa que foron moitos os que puideron saír ao escenario para poder participar na obra. Eran todos uns artistas, e sen dúbida percatáronse de que podían entender ben a historia.










MOITAS GRAZAS UN ANO MÁIS POR FACERNOS DISFRUTAR DO INGLÉS E DO TEATRO!

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...