sábado, 25 de junio de 2011

DESPEDIDA DE NAVAR







CANTO TE IMOS BOTAR DE MENOS!





O noso compañeiro Navar de 3ºB marchouse vivir a Suiza. Pero antes de irse, quiso despedirse de todos nós cunha festa, nas que se mesturaron sentimentos de tristeza cos da ilusión. Ilusión porque Navar ten alí, a unha parte moi importante da súa familia e ten moitas gañas de velos. Tristeza tamén, e moita, porque deixa moitos amigos e amigas os que vai botar moitísimo de menos. Navar ten agora o corazón partido





Para os que quedamos aquí, sabemos que se nos vai unha bellísima persoa. Un neno cun sentido das xustiza incrible para a súa idade.





Volve pronto, sabes que aquí tes moitííísimas persoas que te queren!

VISITA DE JOSE ANTONIO OTERO



CANTO PODEMOS APRENDER UNS DOS OUTROS!!!



Canta verdade hai nesa expresión. Asi demostróunolo, Jose Antonio, pai de Diego alumno de 3ºB.



Este papá chegou o pasado mes de maio, despois de estar case un ano fóra, sen ver a súa familia.



O día 16 de xuño, co curso case rematado, tivemos o honor, todo o alumnado de terceiro, de acudir a unha charla que este bo señor nos deu sobre as súas experiencias.



Vimos imaxes preciosas de isla Margarita, no océano Índico, cerca de cuxas augas traballa nun gran barco de pesca. Tamén vimos imaxes impresionantes dos tiburóns que chegan nas súas redes, e da súa terrorífica dentadura.



Pero o papá de Diego contounos que non todo é tan bonito como parece. Cando o mar se embrabece o terror apodérase de un. Pudemos ver un vídeo, dunha gran tempestade con ondas que superaban con moito a altura do barco. José Antonio pideunos a todos que estudáramos moito para non ter que andar algun traballando nesas condicións.

domingo, 19 de junio de 2011

APADRIÑAMENTO LECTOR

Agora tocounos aos de terceiro.
Primeiro fomos padriños dos alumnos e alumnas do último ano de infantil, Lembrádesvos?
Pois este xoves pasado, 16 de xuño, fomos nós os afillados e os nosos padriños foron os de sexto.
Pasámolo xenial. As parellas foron do máis dispar e os libros diferentes.
Tiñan por obxectivo que nos gustase ese libro que eles leron cando tiñan a nosa idade. Houbo Junnie B Jones, Katie Kazoo, libros de medo, Jerónimo Stilton, cómics, ...


APADRIÑAMENTO LECTOR

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Esta sí que foi unha bonita forma de rematar o curso!

O pasado martes, 14 de xuño, os nenos e nenas do 2º ciclo fomos de excursión a Santiago.

Acompañáronnos, aparte dos profes, Hanna e a súa irmán Stephanie e Nick, o noso amigo neozelandés.

Visitamos o Museo de Historia Natural, a Catedral e o Museo do Pobo Galego.

Todo nos gustou moito, pero onde máis disfrutamos foi no museo de ciencias. Alí, convertémonos en investigadores, buscando diferentes animais, rochas, ou fósiles que os guías nos propoñían dándonos diferentes pistas.

A catedral é, como non, impresionante. O profe Suso, foi amosándonos os didistintos rincóns, grazas aos seus interminables coñecementos. Antes de entrar sentámonos un rato na Praza do Obradoiro, onde estaban " Os Indignados.

Pola tarde visitamos o Museo do Pobo Galego, onde nos chamou a atención o panteón de Galegos Ilustres. Alí están enterrados emtre outros Rosalía de Castro e Castelao.

O mellor é que vexades as fotos e comprobedes o o ben que o pasamos.




domingo, 12 de junio de 2011

BENVIDOS AO COLE DOS MAIORES

A semana pasade pasada tocounos facer una despedida, e esta para compensar celebramos unha benvida ou, ... case!
Os nenos e nenas do último curso de infantil viñeron coñecer o cole dos maiores onde estarán o vindeiro ano.
O alumnado de terceiro servímoslle de anfitrións tras aceptar eles a invitación que nos lle fixemos por carta.
Visitamos todos xuntos collidiños da man os patios, a biblioteca, as aulas dos diferentes corredores, secretaría.
A experiencia non puido ser mellor. A caras dos pequenos, ao principio cheas de incertezas , foron mudando a faces relaxadas.

Dixo se trataba que foran outros nenos ou nenas coma eles, aínda que un pouquiño maiores, que lles contasen que neste cole tamén o ían pasar ben, que os profes tamén aquí son bos, …
O momento máis emotivo viveuse na aula de informática onde estaba o alumnado de primeiro. Unha nena de forma espontánea subiuse enriba dunha cadeira e contoulles que no cole dos maiores se estaba moi ben que se aprendían moitas cousas e se facían moitas actividades divertidas.

SEDE BENVIDOS!!!






DESPEDIDA DE HANNAH

GOOD BYE HANNAH


Rematou o mes de maio e con el, a nosa querida auxiliar de conversa Hannah acabou a súa misión no noso centro.
Todo o colexio, alumnos e mestres, estamos de acordo en que foi un pracer coñecela e que superou con creces as expectativas que en ela tiñamos.
Compartiu con nós o seu idioma, os costumes do seu país, os seus coñecementos de debuxo e de plástica en xeral e sobre todo o seu sorriso e xesto amable.
A despedida foi un pouco triste. Todos os cursos fixéronlle algún detalle(poesías, cartas, debuxos). Os nenos e nenas do 2º ciclo emocionámonos moito pero non foi un adeus definitivo porque prometeu que ía vir connosco a excursión a Santiago o próximo 14 de xuño.


WE NEVER FORGET YOU!





VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...