domingo, 27 de octubre de 2013

ANIVERSARIO DE PAPIRUS 2013

O aniversario da nosa mascota estase a converter, xa, nun dos días preferidos do cole. Cada ano nos sorprende cunha nova celebración.
O alumnado do 2º ciclo fomos invitados, igual que o resto de nenos e nenas, a ir á sala de usos múltiples. Os profes  explicáronos que este ano Papirus non ía estar con nós porque se atopaba moi ocupado gravando o disco da súa canción. No seu lugar léronnos unha carta.


Na carta, o noso amigo, dicíanos moitas cousas. Contaba que, cando se atopou soíño nas vacacións, empezou a remexer na biblioteca e atopou moitos debuxos del. Daquela, decidiu facer un vídeo da súa historia para que todos puideramos coñecelo mellor. Este é o resultado.






A que mola?
Tamén nos contou que, unha vez tivo rematado este traballo, saíu a explorar mundo e que chegou a outra biblioteca escolar, a do "CEIP O Carballal de Marín". Coñeceu alí as mascotas que viven alí:  As tartarugas Tambo e Onza e a un Choco, sabio e moi velliño, chamado Catro Ollos. 
Con eles, viviu unha apasionante aventura que está recollida nun cómic  ilustrado por Trassiwolf, un prometedor xoven estudiante de Belas Artes  . Prometeunos que nunhas poucas semanas poderiamos ter un exemplar do mesmo na nosa aula.
Neste colexio de Marín tamén coñeceu a Víctor, o profe de música. Fixéronse tan amigos que cando se despediron, Víctor sorprendeuno co mellor agasallo que puidera imaxinar:
 A canción de Papirus.

Nun castelo de pedra gris vivía un polbo cacholán,
baixo as augas con “Catro Ollos” facía contos sen parar…
Tiña longas guedellas que peiteaba coa man
pachorrento
, agarimoso, ailalelo, ailalá…

No “Can do Penedo” a lontra contou
unha morea de historias e a gorxa secou…
Bebeu a escachar mentres o mar desalagaba
e a tropa de peixes máis abaixo acampaba…
O polbo non se moveu
Achou un leito con forma de poza…
Alí por moitos anos esmoreceu…

PAPIRUS TEN TRES CORAZÓNS:
CON UN AMA A COCOROLA
CON OUTRO Á VILA DE BUEU
E O TERCEIRO ESTÁ COS LIBROS…

Un bo día bocexando estricouse e espertou.
Os seus ollos viron contos, moitos nenos e algún Mac…
Cando a Lúa saíu, foi de rolda e revolveu.
Aquilo era unha biblio ailalelo ailalá…

A dire entrou, estaba todo espallado.
O conserxe foi correndo moi alporizado.
Buscaron o culpábel e miraron cara o ceo
e deron con Papirus que dixo todo cheo: 
pendurado nesta rede de pelo
serei servidora mascota:
Benvidos sodes todos a BiblioCastelo…!!!

Finalizamos a celebración indo para a biblioteca. Ali diante do fabuloso mural pintado polo artista David,  cantámoslle todos xuntos a canción, que xa todo o colexio coñece. 





VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...