domingo, 29 de enero de 2012

VISITA DO CENTRO JUAN XXIIII

O pasado venres 27 de xaneiro, o alumnado do 2º ciclo recibimos unha visita moi especial: “ O grupo de teatro do centro ocupacional da asociación Juan XXIII de Cangas
A actividade, proposta polo equipo de dinamización lingüística, tiña por obxectivo fomentar a tolerancia ante a diversidade e o coñecemento, a valoración e o respecto ao colectivo de discapacitados intelectuais.
A visita superou con creces as expectativas postas na actividade, pois máis alá de acadar os obxectivos, aprendemos e divertímonos. A obra estaba totalmente elaborado polos seus actores partindo dun poema de Vicente Huidobro. Todos os materiais utilizados foron tamén feitos por eles. Resultou ser interactiva pois foron sacando a diferentes nen@s para completar o poema.

Desexamos que esto sexa o principio dunha longa amizade e que a colaboración entre este centro de Cangas e o CEIP A Pedra se repita con asiduidade.

GRAZAS!!!




lunes, 2 de enero de 2012

FESTA DE NADAL

Despois de ter traballado tan duramente o primeiro trimestre, mereciamos un día de verdadeira festa. Así foi o último día de cole pasámolo xenial:
• Obradoiros de Nadal
• Visita dos Reis Magos
• Festa rachada

Ofrecémosvos a continuación unha galería de fotos para que todos podades compartir con nós un pouquiño da ilusión vivida nesta xornada.

Empezamos co Obradoiro de Maxia. O Mago Ramón volveunos sorprender este ano con novos trucos.







GRAZAS SUPER RAMÓN POR SACARNOS TANTOS SORRISOS!



























O seguinte foi un Obradoiro Recreativo. A profe Goretti fíxonos pasar uns momentos moi divertidos encima das pelotas saltariñas para montar as árbores dos desexos.







GRAZAS PROFE GORE. PAXÁMOLO XENIAL!
























Continuamos co Obradoiro Decorativo. Este taller foi posible grazas a Rafa, pai de Miguel de 5º B e de Gabri de 3ºA. Construímos agasallos e estrelas de Nadal con papel e sen usar en ningún momento nin pegamento nin cinta adhesiva. Para isto utilizamos a técnica chamada Origami ou papiroflexia, sendo este papá un verdadeiro especialista.






GRAZAS RAFA! FIXEMOS COUSAS PRECIOSAS!




















O último foi un Obradoiro Plurilingüe. A Profe Lucía preparounos un bingo co vocabulario de Christmas. Tamén completamos e cantamos a canción do reno Rudolf, a quen finalmente decoramos.





THANK YOU TEACHER LUCÍA!
















O rematar os obradoiros, fomos ver aos Reis Magos. Algúns nenos dicían que estes non eran os de verdade, pero iso tedes que xulgalo vós mesmos.












O día rematou cunha fantástica festa na que degustamos diferentes produtos navideños. Deunos tempo, tamén,para bailar e cantar.







VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...