domingo, 29 de enero de 2012

VISITA DO CENTRO JUAN XXIIII

O pasado venres 27 de xaneiro, o alumnado do 2º ciclo recibimos unha visita moi especial: “ O grupo de teatro do centro ocupacional da asociación Juan XXIII de Cangas
A actividade, proposta polo equipo de dinamización lingüística, tiña por obxectivo fomentar a tolerancia ante a diversidade e o coñecemento, a valoración e o respecto ao colectivo de discapacitados intelectuais.
A visita superou con creces as expectativas postas na actividade, pois máis alá de acadar os obxectivos, aprendemos e divertímonos. A obra estaba totalmente elaborado polos seus actores partindo dun poema de Vicente Huidobro. Todos os materiais utilizados foron tamén feitos por eles. Resultou ser interactiva pois foron sacando a diferentes nen@s para completar o poema.

Desexamos que esto sexa o principio dunha longa amizade e que a colaboración entre este centro de Cangas e o CEIP A Pedra se repita con asiduidade.

GRAZAS!!!




0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada