domingo, 30 de noviembre de 2014

INVESTIGANDO A REPRODUCIÓN HUMANA



Os alumnos e alumnas de 4ºA e 4º B queren mostrarvos todo o que aprenderon da reprodución humana. Fixeron un excelente traballo, pesquisando sobre as fases do embarazo, as funcións do cordón umbilical e da placenta, buscaron a etimoloxía de "In Vitro" e incluso explicáronnos en que consitía. 

 Todos fixeron un marabilloso traballo, porque tiveron que buscar a información, seleccionala, organizala e plasmala nunha cartolina grande acompañadas de bonitas ilustracións.  




O máis difícil foi a exposición oral, moitos estaban como flans!! Pero aínda así, fixéronno moi moi ben. Algúns non lles importou incluso volvelo a expoñer noutras aulas, xa que en 6ºA e 6º B tamén están estudando a reprodución humana.

Daba gusto escoitar todo o que aprenderon e utilizando en toda a exposición o vocabulario específico do tema ( embrión, feto, bebé, cordón umbilical, fecundación ... ). Algúns contaron anécdotas deles, trouxeron as  súas ecografías, outros aportaron un montón de curiosidades...

As profes de 4º estamos moi orgullosas de todos os nenos e nenas polo traballo realizado, e unha vez máis queremos agradecer ás familias a vosa coloboración. Porque esta forma de aprender a aprender é sin dúbida a máis significativa. 

A continuación deixamos varios vídeos das súas exposicións, ao longo das semanas iremos colgando moitas máis.

                              PARABÉNS !!


Uxía 4º A



Alba 4ºB


Carla 4º A



Alonso 4ºB


Salva 4ºB


Laura 4ºA


Andrea 4ºA


Nico 4º A


Lucía 4ºA


Carmen 4ºA


Paula 4ºA



Hugo 4ºA


Adrián 4ºB
 

Yéneba 4ºA


David 4º A


Rocío, Carla, Mabel e Dani  4º B


Atenea  4ºB


Gabriela 4º B


Alexandra 4º B


Borja  4º A


Germán 4º A



Miguel 4ºA


Denís  4ºA



 Nuria 4ºA


Sara


Dani


Sara


Noa



Pablo 4º A



E así coa derradeira exposición, concluimos este tema da reprodución humana, que reflicte claramente todo o aprendido, o esforzo e traballo de todo o alumnado. Así da gusto traballar rapaces!!

                                         GRAZAS!

viernes, 28 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO

O alumnado de terceiro, iniciámonos este mes no  traballo de científicos cuns resultados excelentes.
Tocounos investigar sobre algo tan común e cotiá como os alimentos.
Primeiro recollemos folletos de alimentos dos distintos supermercados da vila e con eles fixemos unha pirámide de alimentos que nos permitiu ver dunha forma moi visual que alimentos debemos comer a diario e con más frecuencia e cales debemos consumir ocasionalmente.

 Despois averiguamos o que nos aportaba cada alimento e que nutrientes contiñan( vitaminas, proteínas, graxas, hidratos de carbono ...). rematamos facendo a roda dos alimentos.

Para investigar máis acudimos ao noso bibliocastelo. Alí si que nos sentimos "Aprendices de científicos" cando cun sinxelo experimento comprobamos que alimentos contiñan graxa. Colocamos diferentes mostras de alimentos sobre folios brancos e os prememos cunha culler. Despois  secamos os folios nas estufas, e cando estiveron de novo secos, os colocamos ao trasluz nas ventás da nosa aula. A máis de un abriusenos a boca ao ver as manchas que os alimentos graxentos deixaban no papel. Sorprendeunos a cantidade de graxa que ten o queixo ou as galletas e que o pan, porén, non tivera ningunha.




Rematamos a nosa experiencia elaborando uns murais  para explicar como sería un menú saudable (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea). Tiñamos que explicar que nos aporta cada alimento, se serve como combustible para que podamos realizar as actividades, se era para que o noso corpo funcionase ben ou para axudarnos a medrar sans. Quedáronnos chulísimos como podedes comprobar.




Para rematar a actividade acudimos ás aulas de primeiro, que tantas boas lembranzas nos traen!, para compartir cos máis pequenos do cole o que aprenderamos e para animalos a comer dunha forma saudable para estar tan altos e fortes coma nós.


domingo, 23 de noviembre de 2014

VISITA A PONTEVEDRA



Este luns 17 de novembro estivemos de visita por Pontevedra. Co gallo do proxecto de arte deste curso, decidimos visitar a Facultdade de Belas Artes, como se forman os artistas?
Estivemos nos diferentes talleres da facultade, empezamos polo taller de madeira, continuamos no taller de metal, despois na aula de debuxo e por último na aula de pintura. Encantounos ver como os alumnos debuxaban unha escultura mentras escoitaban música, ficamos abraiados como pintaban en lenzos de dous metros, que creatividade se respiraba alí! De feito, moitos de nós saimos pensando que nun futuro non nos importaría estudar alí.



"Ningún gran artista ve las cosas como son en realidad; si lo hiciera, dejaría de ser artista."
 Oscar Wilde


Ás doce tiñamos concertada unha obra de teatro en Caixanova, "Antía, Wamba e o regato pequeno" da compañía A Tropa de Trapo. 
Wamba, un mozo do Congo, coñece a unha nena chamada Antía, e fan un bonito intercambio entre eles. Ela comparte o seu bocadillo e el a cambio, cóntalle unha historia por cada anaco. Son catro historias que falan de África e Europa, do que nos sobra e falta, de compartir, de valorar o importante, de ollar con esperanza... Eran historias para bailar, cantar, xogar e tamén para sentir e pensar. Os relatos fixéronnos reflexionar sobre a solidaridade, a igualdade e a importancia da amizade. 




domingo, 16 de noviembre de 2014

MAGOSTO NAS AULAS

        
Como chove miudiño
como miudiño chove
Rosalía de Castro

Miudiño chovía , o día que os nenos tiñan pensado facer xogos no patio e para rematar comer as castañas.
                 O tempo non deixou xogar,  
                 pero as castañas non deixaron de saborear.
Xuntáronse todos nos corredores e nas aulas pasando un boísimo rato.







sábado, 15 de noviembre de 2014

MAGOSTO

O MAL TEMPO NO SEU TEMPO NON É MAL TEMPO QUE É BO TEMPO!
O día do Magosto non ía ser menos. Estaba todo preparado para comer as castañas no patio despois de pasalo bomba cos xogos populares.
Pero, que imos esperar dun día de novembro nesta terriña nosa que tanto amamos? 
Tiña que chover, e nós dicimos: 
"E se chove que chova!!!"
  Nós  comemos as castañas no corredor do cole!. 
Estaban boísimas!









domingo, 2 de noviembre de 2014

SAMAÍN

Bruxas e curuxas,
morcegos e vampiros,
cabazas e pantasmas.

Ide con Papirus
en busca de nenos
con sede de doces
en lugar de sangue,
con ganas de rir
e os espiritus
divertir.

Feliz Samaín.
















ANIVERSARIO DE PAPIRUS


           ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O pasado venres 24 de outubro tivemos dobre conmemoración, o Aniversario de Papirus e o Día das Bibliotecas Escolares.
Os nenos e nenas do 2º ciclo tivemos que esperar a nosa quenda, o luns 27 de outubro para celebralo. A nosa sorpresa foi nada máis chegar cando nos dixeron que Papirus se atopa de viaxe ao redor do mundo, na procura de distintas obras de artes, pesquisando en museos, galerías, monumentos...Deixounos un vídeo moi interesante, ficamos abraiados de todo o que está a aprender o noso amigo sobre a arte.





Despois a profe Olalla deleitounos cun marabilloso conto " O cadro máis bonito do mundo".
Encantounos a súa forma de interpretalo, narralo, vivilo e transmitilo... Toda unha artista!







Rematamos a celebración cantando a canción de Papirus,  el a cambio entregounos uns agasallos para o noso proxecto artístico.



 Que xornada tan divertida! 








VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...