martes, 27 de junio de 2017

VÍDEO DO TEATRO "A GALIÑA AZUL"

Como vos prometeramos, publícase nesta entrada o vídeo do teatro do alumnado de terceiro : "A Galiña Azul"
Esperamos que gocedes véndoo tanto como estes artistas representándoo!
FELIZ VERÁN!

domingo, 25 de junio de 2017

FIN DE CURSO: ENTREGA DE PREMIOS

Por fin chegou o día! Comezan as vacacións!
Pero o curso non podía rematar sen a entrega de premios.

  1. Entrega de diplomas ao voluntariado da Biblioteca.
  2. Entrega de premios de Dinamización Linguística do concurso "Que sabes de Carlos Casares?"
  3. Entrega de premios dos torneos de E. Física.
Os premios da Biblioteca destináronse enteramente ao alumnado de sexto porque foron eles os que voluntariamente axudaron ao equipo de biblioteca. 
Foi despois o turno dos premios de Dinamización. Houbo varios  premiados de terceiro e cuarto:
 3ºA
 3ºB
 4ºA
4ºB

Foi despois o turno da entrega dos premios dos campionatos de recreo de E. Física.
1º CLASIFICADO: 3ºA
 2º CLASIFICADO: 4ºA
 3º CLASIFICADO: 4ºB
Parabéns a todo o alumnado do cole por teren participado!


ACOLLEMENTO AO ALIMNADO DE 6º DE E. INFANTIL

O pasado xoves, 22 de xuño, o alumnado de terceiro, invitamos aos trasniños e trasniñas do último ano de Educación Infantil a coñecer o cole de Primaria. 
Acababamos de facer o apadriñamento lector no patio do cole de infantil. Así que,  cada un de nós colleu da man ao noso afillado ou afillada e recorremos deste xeito, a aula de música, as aulas de primeiro e segundo, a aula de informática, o patio, o ximnasio.








Estámosvos esperando cos brazos abertos!
Encantounos oírlle dicir ás súas profes, María e Cris:
ESTE COLE MOLA!!

viernes, 23 de junio de 2017

TEATRO: "A GALIÑA AZUL"




O alumnado de terceiro quixemos despedir o curso, representando unha  adaptación teatral da Galiña Azul, feita por María do Carme Álvarez Gómez. 
Foi un longo camiño, que comezou coa lectura da obra, continuou co reparto de papeis, preparar o decorado, elexir o vestiario e ensaios diarios.
A estrea foi o pasado mércores, 21 de xuño, no Centro de Día Pescadoira. Os usuarios do centro, agradecéronnos moito a visita e aplaudíronnos moito.

O xoves, actuamos para os nosos compañeiros e compañeiras, primeiro para os de primaria e despois do recreo para os de infantil.
O venres invitamos aos nosos pais, nais, avós ou avoas. Foi, sen dúbida o público máis agradecido. 
A verdade que estes alumnos, despois de ter un ano de cine e de convertirse en actores e actrices para esta obra, son xa 
AUTÉNTICOS ARTISTAS!






En canto dispoñamos da gravación, publicarémolo  neste blog, para que podades gozar co bonito traballo destes rapaces e rapazas.

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O curso non podía rematar, sen facer os apadriñamentos lectores. 
Ao alumnado de terceiro tocounos, este ano, apadriñar aos nenos e nenas do último ano de infantil. 
Fíxonos moita ilusión cando nos demos conta de que eran os alumnos e alumnas das profes María e Cris, e que, polo tanto eran, "Trasnos" como tamén o foramos nós.
Preparamos con coidado os libros que queriamos ler, e  presentámonos na Escola de Infantil, cos nosos Cocoricos, Cabaciñas, Coelliños, Brancos, Bolechas, ...
Cantos recordos !

domingo, 18 de junio de 2017

SAÍDA TEI Á PRAIA DE AGRELO

O alumnado de terceiro quinto vivimos o pasado venres, 16 de xuño, unha estupenda xornada de convivencia, para despedir o proxecto TEI neste curso escolar.
Saímos moi tempraniño de mañá e dirixímonos á praia de Agrelo. No mirador sacámonos estas fotos.



Tan pronto chegamos, dividímonos en dous grupos, e mentres 3ºA e 5ºA se dirixían á Sala de Interpretación do Litoral, 3ºB e 5ºB realizaban uns divertidos  xogos, dirixidos por dous monitores, no areal.
Na Sala de Interpretación, antigo matadeiro de Bueu, Manolo Otero, Concelleiro de Deporte e Medio Ambiente, foinos explicando a costa da nosa da vila dende a praia de Portomaior na parroquia de Cela ata a praia de de Areas de Bon na parroquia de Beluso. Contounos cousas moi interesantes, non só sobre a situación xeográfica senón tamén sobre a historia.
Xa na praia, realizamos varios xogos, baixo a dirección de Jose e Andrés. Pasámolo xenial, corremos, saltamos, bailamos pero sobre todo rimos a escachar!


Despois de merendar fixemos varios xogos máis. Nesta foto podedes vernos, afanados en facer o burato máis grande. As parellas estaban formadas por titor e titorizado.
UN DÍA PARA QUEDAR NA NOSA MEMORIA SEN NINGUNHA DÚBIDA!


martes, 13 de junio de 2017

EXCURSIÓN A OURENSE



O martes 6 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA, estivemos de excursión de fin de curso en Ourense.
Saímos do centro sobre as 9:30 da mañá, chegando a San Cibrao de Las ás 11. A nosa primeira parada foi alí, nun dos castros máis grandes de Galicia, tamén chamado "A Cidade", xa que alí había arredor de 450 castros protexidos por tres grandes murallas.
Nada máis chegar separánnos en tres grupos para coñecer ben o lugar. Sempre acompañados polos guías, visitamos o centro de interpretación dos castros, onde nos explicaron un pouco da súa historia, xa que este castro pertence a unha das últimas etapas da Idade dos Metais.  



 


Participamos en dous obradoiros; un de caza, onde puidemos cazar como os castrexos daquela época, e tamén fixemos un pequeno castro no obradoiro de arxila.

Asemade visitamos a parte exterior onde vimos o que se conserva dos castros, como estaban organizadas as súas casas, como se defendían, como chegaba a auga, como cociñaban...comprobamos que nada estaba organizado ao chou.
E por fin chegou a hora de xantar, onde descansamos un chisco ao aire libre.
O colofón sen dúbida algunha da saída foi a visita ás termas de Outariz. Acabouse a paz cando nos viron chegar! Case 90 nenos e nenas ansiosos por bañarse e disfrutar, e por suposto que o conseguimos.
 






Foi un día xenial cheo de anécdotas e bos momentos en compañía dos nosos compañeiros. 
Botade unha ollada do ben que o pasamos!


domingo, 4 de junio de 2017

MAIO: CARLOS CASARES E LETRAS GALEGAS

O alumnado do terceiro e cuarto vimos de gozar, igual que todo o alumnado do colexio, dun intenso mes dedicado á figura de CARLOS CASARES, e as LETRAS GALEGAS  en xeral.
Un gran mural preside a entrada do noso centro, homenaxeando ao autor ourensán e a súa obra infantil máis coñecida.

Ao lado do gran mural, atópanse as preguntas do concurso QUE SABES DE ..., onde cada semana aparece unha nova pregunta.
Para coñecer mellor ao escritor laureado este curso, recibimos o día 11 de maio a visita de O BARDO ABELARDO, que acompañado do seu acordeón contounos dun xeito moi ameno a vida e a obra de Casares, á vez que nos fixo cantar e bailar.
Ese mesmo día, fomos ao Centro Social do Mar a ver a obra de teatro: A GALIÑA AZUL, representada dun xeito maxistral por Ana Carreira e Manu Polo.

Foto de Concello de Bueu.
Asemade o pasado 29 de maio, volvemos baixar ao Centro Social do Mar para ver O MUNDO DE CARLIÑOS, espectáculo de monicreques de Luís Vallecillo.
Porén, o mellor día de todos foi  o 16 de maio, data na que no cole celebramos O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto empezamos moi pronto a festa coa visita de BENXAMÍN MÍGUEZ, que nos fixo unha entretida función de animación á lectura.




Despois do recreo, reunímonos todos os alumnos e alumnas do CEIP P. A PEDRA no patio cuberto para conmemorar todos xuntos o día máis importante da nosa lingua.
O alumnado de cuarto, acompañados por quinto e sexto, interpretamos coa nosa frauta O HIMNO GALEGO.
A continuación, fomos ler o que cada aula escribimos  sobre a figura de Casares:
3ºA
3ºB
4ºA
4ºB
Aproveitamos a xornada, para homenaxear tamén a EDUARDO PONDAL, pois este ano cúmprense 100 anos do seu pasamento. Con tal fin todo o colexio  erguémonos e moi solemnemente  cantamos unidos  O HIMNO GALEGO.

Tivemos a sorte de estar acompañados por algún dos membros do grupo de gaitas MANXADOIRA.
Ao final do acto, agasalláronnos con algunha peza máis. Dende este blog queremos expresar o noso enorme
AGRADECEMENTO!
Parar rematar o día FESTA RACHADA! TODOS E TODAS A BAILAR

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...