miércoles, 24 de junio de 2015

DESPEDIDA DE ÁFRICA





O último día de  cole foi un día de "sentimentos encontrados". Por un lado estabamos felices, acabábamos de representar as obras de teatro para os máis pequenos do centro, ademais empezaban as vacacións de verán pero ... tamén era o derradeiro día da nosa queridísima compañeira: 
ÁFRICA.

Todos lle escríbímos un pequeno texto para demostrarlle o noso cariño pero, primeiro empezou a emocionarse ela, e despois foi como un contaxio... acabamos todos con bágoas nos ollos. A verdade é que lle puxemos cousas preciosas porque ela sinceramente as merecía.
Seremos a clase máis traste e movida do cole pero podemos asegurarvos que estamos cheos de bos sentimentos e así llo demostramos a nosa amiga. 
QUERÉMOSTE ÁFRI!

FIN DE CURSO

O alumnado de terceiro preparamos durante o terceiro trimestre unhas sinxelas obras para representar en fin de curso.
Primeiro empezamos por facer unha adapatación teatral á novela de Neira vilas "ESPANTALLO AMIGO" . Ensaiábamos na hora de valores porque consideramos que iso precisamente era o que nos quería transmitir o autor: "valores como a amizade, o compañeirismo, a empatía e sobre todo a xenerosidade". 
Este foi o resultado:   
O alumnado que non imos a valores non quixemos quedarnos atrás, e aproveitando que no cole estabamos inmersos no proxecto "Lerarte" decidimos facer unha sinxela representación da "Última Cea" de Leonardo Da Vinci.
Neste vídeo podedes contemplar o resultado:






 Por outra banda o alumnado de 4º A fixeron unha pequena actuación cos seus monicreques.
 Durante este último trimestre traballaron o teatro na aula pero dunha forma máis dinámica. A profe trouxo escuma e crearon a súa propia marioneta. Unha vez confeccionada, puxéronlle nome e por pequenos grupos inventaron unha pequena obra de teatro. Velaquí os resultados.

Empezaron a dárlle forma e cor aos seus monicreques.




















Escribindo as súas propias obras de teatro. 
Dialogando, falando...traballando en pequenos grupos.





Unha vez rematadas, tocaba ensaiar, e que mellor forma de facelo que saír ao patio e disfrutar dunha xornada ao aire libre.


Os resultados foron fantásticos!

  4º A






E tras varios ensaios, representaron as súas pequenas obras diante de todo o alumnado do 2º ciclo.  Faltou un equipo por representar a súa obra de teatro porque varios dos seus membros faltaron esa semana. 
Estaban moi nerviosos pero fixérono xenial!


GRAZAS! SODES UNS ARTISTAS!


martes, 23 de junio de 2015

VERMES DE SEDA


As aulas de terceiro e de cuarto vivimos en primeira persoa o proceso de metamorfose dos vermes de seda. 
Todo comezou un 14 de abril, cando un alumno de terceiro chegou á volta das vacacións de Semana Santa cun bo número de ovos. Ese mesmo día puidemos contemplar con gran admiración como xa nacía o primeiro e minísculo verme.







En días posteriores seguiron eclosionando sen parar un bo número deles e... claro había que darlle de comer. 
Só comían follas de moreira!!!




Os nenos e nenas de 4º fixémonos moitas preguntas que investigamos para saber máis dos vermes.  Algunhas como estas: 

                     - Só comen follas de moreira?
                     - Cantos ovos poñen aproximadamente?
                     - Hai vermes de diferentes clases?
                     - Por que os casulos son de diferentes cores?
                     - Canto tempo tardan en facer o casulo?
                     - Canto tempo tardan en sair do casulo?
                     - Como se diferencian os machos das femias?
                     - Como se extrae a seda dos casulo?

A estas e moitas máis curiosidades que fomos atopando, fomos respondendo ao longo de toda a metamorfose. Puidemos ver en primeira persoa todo o ciclo da súa vida.









Chamounos a atención o moito que comían.
Deixaban as follas peladiñas!
Comendo de semellante maneira pronto alcanzaron un tamaño considerable.

De súpeto empezaron a deixar de moverse e de comer. 
EMPEZABAN A FACER O CASULO! 
Foi rápido ao día seguinte xa estaban completamente envoltos no casulo de seda. E ... en 22 días naceron as bolboretas. Parecía maxia.


De seguida comprobamos como se apareaban e poñían os novos ovos. 


O proceso volvería a comezar a próxima primavera!
Para rematar acudimos a nosa recén estreada aula de ciencias onde fomos quen de facer fío de seda!!!!



miércoles, 17 de junio de 2015

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O pasado 12 de xuño, o alumnado de terceiro e cuarto fomos de excursión a Ourense.
A nosa primeira parada foi no Castro de San Cibrao de Las. Alí recibíronos moi amablemente e separáronnos en tres grupos para coñecer o lugar. Puidemos coñecer o enorme castro, que tamén é coñecido como “A Cidade” porque se sabe que foi unha especie de centro urbano, antes da chegada do romanos a Galicia. Fixemos tamén un obradoiro de caza, onde nos sentimos uns auténticos castrexos, seguindo as pegadas dos animais e lanzando as nosas frechas. Tivemos ademais a sorte de visitar o museo, contemplar uns magníficos vídeos e gozar das súas instalacións coa inestimable  axuda dos guías, aos que lle temos que dar un 10 porque nos explicaron todo moi ben.
O colofón da saída foi sen dúbida algunha a visita ás termas en Ourense. Alí primeiro xantamos e despois nos bañamos nas súas quentes augas ata quedar literalmente enrugadiños.

domingo, 14 de junio de 2015

PETROGLIFOS NA PEDRA


Tras rematar o derradeiro tema sobre a Historia, estudamos na Prehistoria os distintos tipos de pinturas rupestres que había na nosa contorna. 

Grazas aos nosos artistas Ramón e Martín, que durante este último trimestre estiveron esculpindo na entrada do centro as pinturas rupestres máis representativas da provincia de Pontevedra. Durante a semana pasada os alumnos e alumnas do 3º ciclo baixaron moi entusiasmados a dárlle cor, e esta semana foi a nosa quenda. E quen mellor para explicarnos todo sobre os petroglifos que os seus autores, estivemos moi atentos as súas explicacións e curiosidades, animándonos a visitalos cos nosos familiares.

Aquí tendes unha mostra das súas obras de arte: 







MOITAS GRAZAS!

 
 


VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...