domingo, 29 de mayo de 2011

CLASE DE BOTÁNICA: 2ª PARTE

QUE CONTENTOS FOMOS PARA CASA!


Foi a culminación da clase de botánica que nos dera o noso SuperRamón alá polo mes de marzo.

Daquela entre outras cousas plantamos unhas sementes de pemento nunha bandexa e un cun escallos plantamos unhas hortensias nun tarros.

Durante este tempo organizámonos para coidalas e incluso durante as vacacións foron para a casa de un de nós.
A semana pasada Ramón avisounos que xa estaban ben, e que era hora de que cada un trouxeramos un bote de iogur baleiro para levarnos cada un, unha planta para casa. Ademais as 3 hortensias as plantariamos no xardín do cole.


Que guais son as clases ao aire libre con Ramón!


Todos, de un en un, fomos metendo a noso pemento no noso iogur e comprometémonos a seguir coidándoo na casa, transplantalo a un tarro máis grande dentro de dúas semanas
e … sobre todo a comelo cando medre!


MOITÍSIMAS GRAZAS RAMÓN!!!!!








domingo, 22 de mayo de 2011

APADRIÑAMENTO LECTOR

CANTAS EMOCIÓNS XUNTAS!


Lembranzas, tenrura, ilusión, nervios …!



Os nenos e nenas de terceiro acabamos de vivir unha experiencia inesquecible.
Por un lado eramos de novo pequenos ao regresar ao cole de infantil onde estivemos non hai moito tempo, pero por outro, sentímonos moi maiores, pois fomos quen de lerlle os contos aos pequenos.
Que conto eliximos? Pois aquel que tanto nos gustou cando tiñamos a súa idade. Preparámolo con todo o esmero. Practicamos no cole e na casa, o resultado só podía ser un.

Saíu todo perdfecto.

Agora prometéronnos que ían vir visitarnos ao cole dos maiores!






lunes, 16 de mayo de 2011

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

O MES DE MAIO É TRADICIONALMENTE UN MES MOI ACTIVO NO CEIP


“ A PEDRA “ , POR MOR DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.
OS ALUMNOS E ALUMNAS DO SEGUNDO CICLO GOZAMOS NA MESMA SEMANA DA REPRESENTACIÓN DUNHA OBRA DE TEATRO NO CENTRO SOCIAL E DA VISITA DUN ESCRITOR E ILUSTRADOR NA BIBLIOTECA DO COLE.
A OBRA QUE FOMOS VER ERA “ O TRAXE NOVO DO EMPERADOR” . A PESAR DE QUE TODOS A COÑECIAMOS, PASÁMOLO XENIAL . , POIS UN SÓ ACTOR FACÍA TODOS OS PAPEIS, MESTURANDO DIFERENTES TÉCNICAS.



XA SABEDES “ TEATRO TARABELOS”!
O ESCRITOR E ILUSTRADOR QUE NOS VEU VISITAR FOI JACOBO FERNÁNDEZ. TIÑAMOS MOITAS GAÑAS DE COÑECELO POIS CON ANTERIORIDADE LEERAMOS O SEU LIBRO “MIL COUSAS PODEN PASAR”. SENTÍMONOS MOI IMPORTANTES POR COÑECER A PERSOA QUE NOS FIXO PASAR TAN GRATOS MOMENTOS MENTRES LEIAMOS O SEU LIBRO. CONTESTOU A CANTAS PREGUNTAS LLE FIXEMOS, PERO O MÁIS IMPORTANTE É QUE XA SABEMOS QUE EN OUTUBRO SAIRÁ A SEGUNDA PARTE DO LIBRO E ADIANTOUNOS UN POUCO DO QUE LLE PASA AOS DISTINTOS PERSONAXES.



EU TEÑO PENSADO LELO. E TI?


































Visit My Photos - 11 Pics




teatro tarabelos







domingo, 8 de mayo de 2011

AGORA TOCOUNOS A NÓS IR AO CEIP DE BARCELOS





Omartes 3 de maio tocounos ao segundo ciclo ir visitar aos nosos amigos e amigas do colexio de Barcelos. Empezamos a mañá con un contacontos, que por certo encantounos! Despois fixemos unha pequena excursión pola zona vella de Pontevedra. Estivemos en varias prazas, Praza da Ferrería, Praza Da Estrela, a Praza da Peregrina, a Praza da Leña, a Praza da Verdura, a Praza da Pedreira, Praza de Méndez Núñez, na Igrexa de Santa María...paramos un pouquiño en cada unha delas, onde un compañeiro ou compañeira contábanos algo relacionado co sitio. Aprendimos cousas moi interesantes, como a historia do loro Rabachol ou que cousas se vendían na praza da Verdura.
E despois dunha longa camiñata, tivemos unha boa merendola no colexio de Barcelos, que fame tiñamos!
Moitas grazas a todos e a todas porque pasámolo xenial! Grazas polo libro dos Bolechas sobre a zona vella de Pontevedra, cada vez que o vexamos recordaremos ese día!

Un saúdo.
4ºA e 4ºB

AGORA TOCOUNOS A NÓS IR AO CEIP DE BARCELOS

sábado, 7 de mayo de 2011

CABO UDRA

Que sorte temos!

Vivimos no lugar máis bonito do mundo!
Os nenos e nenas do 2º ciclo tivemos a sorte de ir o pasado venres, 6 de maio, a Cabo Udra. Pasamos unha xornada estupenda,gozando das fermosas vistas e aprendendo ademais moitas cousas da fauna, da flora e incluso da historia grazas a guía que nos proporcionou o concello.


Sobran as palabras. Mirade que fotos máis bonitas!




2º CORRELINGUA DO MORRAZO







O pasado 4 de maio a vila de Bueu volveu a encherse de ledicia ao ser ocupado por mais dun millar de nenos e nenas de diferentes colexios da nosa comarca. A ocasión o merecía, celebrábase o segundo correlingua do Morrazo, outra vez no noso concello.
O Alumnado e o profesorado colexio “ A Pedra acudiu en pleno, vestidos todos con camisetas brancas, previamente decoradas nas aulas con fermosas palabras en galego.
Andoriñas, xoaniñas, agarimos, ardentías, sorrisos, chorimas, xestas, … foron algunhas das palabras elexidas polos nenos e nenas do segundo ciclo, que disfrutaron moitísimo polas rúas de Bueu e bailando e cantando no concerto de Pablo Díaz
.





VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...