lunes, 18 de diciembre de 2017

GUÍAS DE LECTURA NADAL 2017

Baixo o lema "COMPARTE AMOR POLO NOSO" , a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, vén de publicar as guías de lectura.
Esta lista é froito dun traballo cooperativo dos centros da comarca, no que o noso centro participa activamente.
Ten como obxectivo, animar á comunidade educativa a agasallar libros  e música no noso idioma. Trata de reflectir as novidades editoriais do último ano, tendo en conta as distintas idades e formatos; narrativa, poesía, cómic ou divulgación.
Este ano non nos quixemos esquecer de incluír, asemade, libros de María Victoria Moreno, autora que será homenaxeada nas Lettras Galegas 2018.
Agradecer  a Ana  Valuja do CEIP de Seixo, que se ocupou da enmaquetación e a Luz Beloso do IES de As Barxas de Moaña pola ilustración.






domingo, 17 de diciembre de 2017

PROXECTO O NOSO CORPO E OS ALIMENTOS

Este trimestre na aula de 3ºB empezamos traballando co noso primeiro proxecto, O NOSO CORPO E OS ALIMENTOS.
Empezamos coa recopilación da información, dende buscar libros relacionados co tema na nosa biblioteca de centro ata traer todos os libros que quixeran da casa.
Na aula de informática estivemos vendo varios vídeos relacionados co tema e facendo pequenos esquemas para aprender a recoller a información máis importante.
Unha vez na clase, por equipos, copiamos a información máis relevante para ir empezando a cubrir o gran mural da nosa aula. Un equipo traballou os ósos, outro os músculos, outro as funcións vitais e as etapas da vida.Nunha primeira parte buscamos todo o relacionado co noso corpo para rematar traballando coa ALIMENTACIÓN.  Posteriormente todos elaboramos A RODA E A PIRÁMIDE DE ALIMENTOS. 












A derradeira parte do noso proxecto foi elaborar un pequeno Power Point en parellas sobre todo o que indagamos sobre OS ALIMENTOS. 
Que é a nutrición?Que son os nutrientes? Para que serven?E a dixestión como se fai?... Estas e moitas máis preguntas foron as que buscaron e resumiron nos seus cadernos para despois pasalas a limpo na súa presentación. ESTA É UNHA BOA MANEIRA DE APRENDER A APRENDER!

MIRADE QUE BEN O FIXERON!


























PARABÉNS A TODOS E A TODAS POR ESTE GRAN TRABALLO!  ;)

martes, 5 de diciembre de 2017

E SEGUIMOS COS EXPERIMENTOS!

Como cada semana, os nenos e nenas de terceiro continuamos cos experimentos. Esta vez fixemos gominola de cocacola!

Para elaborar a nosa gominola precisamos cocacola, xelatina neutra e auga.



O primeiro que fixemos foi disolver as láminas de xelatina na auga. Para que quedaran ben disoltas  quentamos a auga e removemos moi ben.





Nunha xerra vertemos a cocacola e engadímoslle a mistura anterior (auga e xelatina). Removemos un chisquiño para que se misturara todo ben e vertemos todo o líquido na botella de cocacola que quedara baleira.



Despois gardamos a botella no frigorífico e esperamos ata o día seguinte para ver o que acontecera.



Por fin chegou o momento de comprobar que sucedera! Estabamos todos ansiosos por saber que lle pasara a nosa botella, algúns incluso dicían que ía a explotar pero non foi así.


O que pasou  foi que o líquido da botella  solidificouse e converteuse en gominola. 

Xa tiñamos a nosa gominola con forma de cocacola lista!!! Agora soamente faltaba quitala da botella.


A nosa intención era cortar a botella con moito coidadiño para non romper a gominola pero non tivemos sorte. Tanto á profe Ana como a Silvia rompeulles a cocacola de gominola. 





Que mellor xeito de rematar o noso experimento que saboreando unha gominola feita por nós.  E que rica estaba!




miércoles, 29 de noviembre de 2017

FERRO NO ALMORZO?

Vestidos coas nosas vestimentas de ciéntificos experimentados, o alumnado de cuarto, quixemos averiguar se era verdade que os cereais que almorzabamos pola mañá tiñan ferro. 
Pareceunos moi interesante partir do seguinte vídeo.

Necesitabamos:
  • Cereais con ferro engadido.
  • 1 imán potente.
  • 1 bolsa con peche hermético.
  • Auga.                                 

Estamos no mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares , así que cambiamos a aula de ciencias polo Bibliocastelo.









Só nos tocaba esperar unha ou dúas horas. Estabamos moi emocinados e a última hora da mañá dirixémonos á aula de ciencias cos nosos potentes imáns:






Intentámolo, unha e outra vez, pero non houbo maneira. As caras de decepción eran evidentes.
Chegamos a conclusión de que debemos ser críticos co que nos publicitan nas etiquetas dos alimentos. 



UN MINI CONCERTO NO COLEXIO

A visita duns músicos de música tradicional galega sorprendeu aos nosos alumnos e alumnas de Primaria e que nos deleitaron co que nos contaron e, sobre todo, co que nos tocaron, que fixeron mover o corpo a moitos e moitas de nós. 






DANDO VIDA A UN CONTO

Coa mestra Lina os nenos e nenas de 4º B tivemos a oportunidade de ser os protagonistas dun conto moi animado...
Grazas por convidarnos!


MES DA CIENCIA

No mes da ciencia o alumnado de 4º B levou a cabo un pequeno experimento no que comprobamos o que acontecía ó misturar unha bebida de cola cun chisco de leite (todo nas proporcións indicadas) e todo elo coa axuda da mestra Lina.




domingo, 26 de noviembre de 2017

TEATRO RUBICUNDO E MUSEO DE PONTEVEDRA

Novembro está chegando ao seu fin, pero non podemos negar que foi un mes irrepetible: Saídas,  experimentos, Magosto... 
Esta vez tocounos ao alumnado de cuarto, ao igual que ao de terceiro, ir a Pontevedra.
A nosa primeira parada  foi o auditorio de Afundación da cidade, onde gozamos vendo a obra Rubicundo,basada  do libro do mesmo nome de María Canosa. Encantounos rimos moito, cantamos, aplaudimos e encariñámonos cos protagonistas, que coma nós estaban moi pendientes da meteoroloxía.
Resultado de imagen de Rubicundo teatro
Ao saír paramos a merendar na praza da Ferrería. Unha gran cantidade de pombas achegáronse atraídas polas nosas saborosas merendas.

Diríximonos logo cara o noso seguinte destino: O edificio sexto do Museo de Pontevedra. 
No camiño atopámonos cunha Pontevedra, descoñecida para a maioría de nós. Preciosas casas antigas de pedra, rúas estreitiñas e ... de súpeto unha estatua de tamaño natural.
 Explicáronnos as profes que se trataba de Ramón María de Valle Inclán, un famoso escritor que pasou gran parte da súa vida nesta bela cidade.

Xa no museo, esperábanos Aida, unha simpática guía que nos levou a última planta do edificio, para que puideramos gozar coas Obras de Arte alí expostas. Pero non foi unha visita clásica na que ela falaba e nos escoitabamos. Propúxonos, pola contra unha actividade chamada:  Detectives da Arte:


Nun caderno ían dándonos unha serie de pistas e nós tiñamos que atopar o cadro ou a  escultura. Non podiamos correr nin gritar pero si movernos con soltura e falar nun ton axeitado.






















VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...