Baixo o lema "COMPARTE AMOR POLO NOSO" , a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, vén de publicar as guías de lectura.
Esta lista é froito dun traballo cooperativo dos centros da comarca, no que o noso centro participa activamente.
Ten como obxectivo, animar á comunidade educativa a agasallar libros e música no noso idioma. Trata de reflectir as novidades editoriais do último ano, tendo en conta as distintas idades e formatos; narrativa, poesía, cómic ou divulgación.
Este ano non nos quixemos esquecer de incluír, asemade, libros de María Victoria Moreno, autora que será homenaxeada nas Lettras Galegas 2018.
Agradecer a Ana Valuja do CEIP de Seixo, que se ocupou da enmaquetación e a Luz Beloso do IES de As Barxas de Moaña pola ilustración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario