Os nenos e as nenas, que este curso comezamos terceiro de primaria, tamén queremos saudarvos.
Este é o inicio dun novo curso escolar e aquí neste blog irémosvos contando as novas do cole.
Para que todos nos coñecedades elaboramos uns murais nos que nos presentamos dunha maneira moi orixinal.
ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º A
ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º B
O pasado venres 12 de setembro tivemos a sorte de recibir a visita da Banda de Música da nosa vila. Animáronnos a que nos apuntásemos para formar no futuro parte do grupo.
Tocaron varias pezas musicais que nos acompañamos cantando.
Sen lugar a dúbidas, o máis divertido foi cando nos deixaron probar e tocar todos os instrumentos. Nas fotos seguintes podedes comprobar o ben que o pasamos e asegurámosvos que máis de un, xa está pensando en ser un novo compoñente da Banda.