sábado, 31 de octubre de 2015

VISITA A NATURNOVA


Só había dous días que sabiamos, de certo, que "UN UNIVERSO DE LIBROS", ía ser o título do noso proxecto anual é ...
 Que mellor maneira de empezalo que unha saída?
Así foi. o pasado xoves, mentres todos os nosos compañeiros e compañeiras quedaban no centro para celebrar o Samaín, o alumnado de cuarto colliamos un autobús que nos levaba a Vigo, ata a sede de "Afundación".
O obxectivo da viaxe era acudir a Naturnova onde nos esperaba unha actividade na sala do Universo, sobre a lúa e os planetas. Como eramos demasiados mentres os de 4ºA estabamos nesta sala os de 4ºB visitaban a sala de exposicions, e viceversa. 
O que máis nos gustou foi que nos propuxeran diferentes xogos de investigación, o que nos permitiu averiguar por nós mesmos moitas cousas.
 Na sala do universo puidemos manexar os diferentes ordenadores en busca de información sobre o astro que nos tocaba traballar.
Tamén na sala de exposicións tivemos que buscar distintas obras partindo dunhas pistas.
Para rematar, unha actividade relaxante no taller. Alí personalizamos un bodegón, dándolle as froitas outras formas.
Neste vídeo poderedes observar o entretida que foron as actividades:

FELIZ ANIVERSARIO PAPIRUS!!



 O pasado venres, 23 de outubro, ao chegar á escola notamos aos mestres e mestras moi nerviosos. Nas súas mans levaban todos uns sobres cunhas fermosas estrelas . Resultaron ser as invitacións ao aniversario de Papirus. Na misiva convidábanos ao seu Bibliocastelo para celebralo. Chamounos a atención que, na parte superior do texto da carta, onde debería poñer o lugar dende onde escribía, poñía:"Paradoiro descoñecido"
Por fin chegou o martes, día sinalado para o acontecemento. Pronto puidemos saber onde se atopaba a nosa querida mascota.
Prestade atención a este vídeo.



Soubemos entón que o noso "Polbiño Preferido" estaba no espazo, que o proxecto da biblio ía xirar en torno ao cosmos e que este sería o título:

Despois a profe Lina, leunos un precioso conto.
"Papá, por favor, achégame a lúa"
Claudia e María convertéronse en protagonistas da historia.

jueves, 15 de octubre de 2015

CLASE DE PINTURA CON JOSÉ SOLLA

Hai días que que quedarán para sempre na nosa memoria,e asegúrovos que o día de hoxe, 15 de outubro de 2015, vai ser un deles.
Se,  xa é toda una aventura saír do colexio e ir dar a clase de plástica á Praza Massó ante a escultura “Inés Palmira”, xa non temos palabras para explicar a emoción que sentimos cando o noso amigo “JOSE SOLLA” se presentou para supervisar os nosos traballos.
O obxectivo era que reproduciramos, a nosa maneira,  calquera dos cadriños dos máis de 500 que compoñen o mosaico.

Os resultados foron do máis variados e moitos aínda están por rematar. Cando os teñamos finalizados, o artista quere volver a velos.



EXPERIMENTAMOS COS SENTIDOS

Nas aulas de cuarto, estamos traballando os sentidos, na materia de ciencias naturais. Pois ben, a pasada semana acudimos á recentemente inaugurada  aula de ciencias para ter diferentes experiencias sensitivas:
  •  Ulindo diferentes aromas.
  •  Probando variados sabores.
  •  Tocando distintas texturas.
  •  Montando e desmontando os órganos sensoriais.

Quedou totalmente demostrado que é doado aprender e pasalo ben ao mesmo tempo.
 Botádelle unha ollada a este vídeo!.

sábado, 3 de octubre de 2015

VISITA DE XOSÉ SOLLA


Lembrades cal foi o proxecto do curso pasado no noso colexio? 
Pois claro que si: “Lerarte”. 
Pois ben, a aula de 4ª A  eliximos traballar ao pintor morracense  Xosé Solla. Tras investigar sobre a súa obra e vida, case parecía que era un membro máis da nosa clase. Porén, quedounos unha pena moi grande pois, o desexado encontro non se puido levar a cabo porque o artista estaba en Arxentina, país ao que emigrou  hai máis de 60 anos, e ao que cada ano retorna para pasar alí o verán austral e, reencontrarse coa familia que alí formou.
Ao comezo deste curso todos sabiamos que Solla estaba en Bueu  e cada día preguntabamos por el. Este pasado venres, 2 de outubro,  por fin puidemos coñecernos e asegurámosvos que  este xuntanza superou as nosas expectativas.
Preparamos unha serie de pregunta que el nos contestou  amablemente sempre cun sorriso nos beizos, ou incluso con bágoas nos ollos cando a emoción o desbordaba:
Estas son algunhas das frases que sempre quedarán na nosa memoria.
  • "Necesito pintar igual que comer, descansar ou respirar."
  • "Os nenos e nenas tedes esa frescura, esa falta de prexuízos  que vos permite  pintar e debuxar como ningún adulto é capaz."
  • "A pintura é unha disciplina que che permite ser libre, non hai ataduras, normas ou regras."
  • "Algúns cadros  tardei anos en rematalos."
  • "Teño varios lenzos sobre o mesmo cadro que vou  pintando simultaneamente."
  • "O día que me marchei por primeira vez a Arxentina, con 22 anos, a miña nai non se ergueu da cama para despedirse porque non podía coa súa pena."
  • "Un país non volve a ser o mesmo  cando un dos seus habitantes  emigra. Pérdese un zapateiro, un médico, un  fillo, ...  Os mandatarios deberían convencelos para que se  quedaran."
  • "Sinto unha emoción moi grande cando camiño polo paseo de Portomaior que leva o meu nome."
  • "Síntome moi querido en Arxentina, porén nunca renunciei a miña nacionalidade española".














Antes de rematar a visita agasallámolo con algunhas das nosas creacións que ían cheas de dedicatorias onde lle amosamos a nosa admiración.
Estamos ansiosos por ver o mural que sobre un boceto seu vaise colocar na praza do concello de Bueu.




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...