sábado, 26 de mayo de 2012



Despois de pasarnos dous días facendo as probas da avaldia, os alumnos de 4º tiñamos merecido desconectar da rutina escolar. 
Esta vez non nos fixo falta saír fóra de Bueu, bastou con ir camiñando ata o Museo Massó.
Mentras un grupo visitaba as diferentes salas do andar de  abaixo e tomabamos conciencia de como era a vida na nosa vila durante o pasado século a outra clase estaba no  superior, na sala de navegación. Alí participamos no obradoiro “Un mundo cambiante”  Partindo da concepción medieval de que a terra era plana chegamos a conclusión de que era redonda a través das distintas actividades propostas.













viernes, 18 de mayo de 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY


O pasado martes, 15 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de primaria tivemos a sorte de coñecer a Fina Casalderrey.



 Era unha visita moi esperada

 Contounos historias moi interesantes.

Como é a súa vida.

 En que se inspira para comezar unha novela.


As anécdotas que máis marcaron o seu carácter


Algunha das súas experiencias como mestra.

Contestou a todas as nosas preguntas, que foron moitas.
  Pero sobre todo falounos do libro que lemos: 
"Dúas bágoas por Máquina"
  Díxonos que para ela tamén era un libro especial, que lle segue conmovendo

 Firmounos todos e cada un dos nosos exemplares. Tamén os traballos que fixemos.
MOITÍSIMAS GRAZAS FINA !!!

                                                              CORRELINGUA
Tras dous anos celebrando o Correlingua en Bueu, este ano tocoulle a fermosa vila de Moaña. Ala fomos, os máis pequenos de Educación Infantil e todo alumnado de segundo terceiro e cuarto de Educación primaria do colexio “A pedra”.
Ao igual que o ano pasado todo levabamos  a camiseta coa nosa palabra preferida: BOLBORETAS XOANIÑAS, AGARIMOS, ALOUMIÑOS, BIQUIÑOS, AMIZADES ...

Pasámolo xenial, desembarcamos na Xunqueira, e dende alí con cerca de dous mil nenos e nenas máis dos diferentes coles do Morrazo camiñamos ata a alameda. Tras merendar comezou a verdadeira festa.

                          
  BAILAMOS E CANTAMOS A RITMO   DE PESDELÁN”




jueves, 3 de mayo de 2012

OS COLGANTES DE ARTS & CRAFTS 4ºB

No segundo trimestre de Arts and Crafts fixemos uns preciosos colgantes de barro, os cais deseñamos e pintamos nós mesmos, aquí tendes a proba.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...