domingo, 26 de abril de 2015

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

LENDO NO NOSO RECUNCHO FAVORITO
Que mellor lugar para celebrar o Día do Libro que un Centro Educativo? Por suposto o noso cole non podía ser menos. Xa hai uns días que Papirus a través do Bibliocastelo  mandounos unha carta onde nos propoñía unha fermosa actividade.
 E claro xa sabedes que este ano o noso Polbiño está moi obsesionado coa ARTE. Disque aínda non trataramos nada que tivera que ver coa fotografía. Así que se  lle ocorreu que nos fixeramos selfies lendo no no noso recuncho preferido e que logo decoráramos o marco artisticamente.

O resultado foi espectacular e agora o vestíbulo do cole está cheo das nosas fotos. Aquí tedes algunhas fotos que volo mostra pero estades todos e todas invitados e invitadas a velas.







ANIMACIÓN " FRAY PERICO"
O alumnado de terceiro tivemos tamén a sorte de recibir o mesmo día 23  de abril a visita dun animador lector como recompensa de ter lido durante este curso o libro"Fray Perico y su Borrico".
 Pasámolo bomba!!"







domingo, 5 de abril de 2015

TEATRO " O ESPANTALLO AMIGO"



O pasado xoves, 26 de marzo, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto acudimos ao auditorio de Cangas para ver a representación da obra de teatro do "Espantallo Amigo".
Iamos moi ilusionados pois previamente léramos o libro na clase. Namoráranos este personaxe cheo de tenrura, aprenderamos a querelo e a máis dun escapóusenos unha bágoa ao ler as súas páxinas. Soubemos que estabamos lendo un clásico da literatura infantil galega escrito por un dos mellores escritores de todos os tempos: "Xosé Neira Vilas"
Os Quinquilláns non nos decepcionaron. Solo eran dous, un actor e unha actriz, pero puidemos ver, por suposto, ao Espantallo, ao tío Ramón de Reborneda, aos merlos, ao can Penexo, ao gato Xirimía, ao grilo, e a Moncho, nunha actuación magnífica.
Ao final, moi amablamente,  accederon a sacarse unha fotos con nós. Algún de nós tivemos a sorte de poder disfrazarnos dalgún dos pesonaxes da obra.
 TERCEIRO A
 TERCEIRO B
 CUARTO A
CUARTO B

RECICLANDO

As aulas de terceiro enchéronse por un día de lixo.
 DE LIXO? 
Pois si o alumnado tiñamos un encargo especial e, ademais de acudir ao cole cargando a nosa mochila con libros e cadernos, tamén trouxemos bolsas cargadas de botellas, latas, bricks cartóns, papeis, vídreo  ...
Que mellor forma de aprender a reciclar que reciclando?
Levábamos varios días concienciándose do gran problema que supón a cantidade de residuos que cada día producimos. Decidimos que tiñamos a responsabilidade de REDUCIR o consumo, de REUTILIZAR os produtos e de RECICLAR.
Ocorréusenos que a mellor maneira de aprender a separar o lixo e botala no colector correspondente era facelo.
 A nosa primeira parada foi no noso cole pois estamos facendo unha recollida de tapóns con fins solidarios. Despois diante do instituto botamos as pilas e comprobamos que estes colectores tiñan dous buratos diferenciados, un para as plas botón e outro para as pilas clásicas. Xa cerca do cole de infantil atopamos os colectores amarelo, azul. verde claro e verde escuro.
Os profes lembráronnos alí mesmo como debiamos facelo e a importancia de que sempre o fixeramos así. Despois con orde desfixémonos da nosa carga.

 VÍDREOS E CRISTAIS
 PLÁSTICOS, LATAS, 
 BRICKS PAPEL DE ALUMINIO
  PAPEIS E CARTÓNS
PILAS

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...