viernes, 24 de febrero de 2017

ROSALÍA

Tal día coma hoxe, o 24 de febreiro de 1837, nacía en Santiago de  Compostela, Rosalía de Castro. Cumpriría, polo tanto, 180 anos.
O noso colexio, non quixo deixar pasar  por alto  a ocasión de homenaxear a nosa amada poetisa e para deixar constancia o alumnado do centro recitou un dos seus máis fermosos poemas “Adios Ríos , adios fontes” incluído dentro do libro de Cantares gallegos.
O alumnado terceiro e cuarto puxemos o nos gran de area recitando as estrofas que nos corresponderon. Antes coloreamos e recortamos a careta da autora galega.

Adios Virxe da Asunción,

branca como un serafín;
lévovos no corazón:       
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.

 
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,     
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...     
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!



¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.


O alumnado desta etapa tivemos tamén o honor de rematar o poema.
 Non me olvides, queridiña,

si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...       
¡Miña casiña!,¡meu lar!

Foi unha experiencia moi bonita que quedou reflectida neste fermoso vídeo.

jueves, 23 de febrero de 2017

SORTE SARIÑA!



Todos os teus compis e as túas profes, queremos desexarche un bo comenzo no teu novo cole. Estamos seguros que che irá ben porque enseguida te fas querer e conquistas a todos co teu sorriso e alegría.
Grazas por compartir con nós estes anos, es boa compañeira e amiga, moi sociable, xererosa e divertida. Nunca che vimos anoxada!! 
Por todo esto e moito máis botarémoste mooooito de menos Sariña!!
Neste pequeno vídeo podemos ver algúns dos bos momentos que pasamos xuntos. Esperamos que che guste!







Por fin o Maniqui Challenge! Despois de varios intentos, quedou así! :)




Case te esmagan!! ;)




Hai un poema que me gusta moito de Gabriel Celayda que di:

Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca…
Hay que medir, pensar, equilibrar…
y poner todo en marcha.
Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia concentrada.
Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.
Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera enarbolada.



Esperamos que nesta nova travesía teñas moita sorte, e lembra que o máis importante nesta vida ti xa o tes, ser boa persoa!



OS TEUS COMPAÑEIROS DE 4ºA 


Moitos BIQUIÑOSSSSSSSSS da profe Ana.

 








miércoles, 22 de febrero de 2017

VENRES FANTÁSTICO

O venres 17 de febreiro, ao entrar no cole, comezamos cunha charla sobre as avispas asiáticas. Explicáronnos como diferencialas da nosa avispa, a europea.  Ao rematar amosounos como facer unha trampa cunha botella de plástico para conseguir atrapalas.





Despois tivemos outra charla sobre  " A compostaxe" e sobre a importancia de coidar o noso planeta, reducindo os residuos que xeramos nas nosas casas a diario.

A compostaxe? Pois, é fabricar un abono natural, chamado compos, mesturando os residuos orgánicos ( restos de comida...) con materia marrón ( restos de madeira, papel...).

Son os microorganismos, miñoca, colémbolos, ... os encargados de descompoñer a materia orgánica que hai no composteiro.





Pareceunos curioso, que neste proceso o compos estea quente, o que indica que se están a eliminar os microorganismos patóxenos.

Aprendemos que: " Se reciclamos aforramos auga, electricidade e enerxía en xeral" e que "Todos podemos aportar o noso graniño de area para coidar o noso planeta".

Para rematar o día, os nenos e nenas de 3º estiveron vendo parte da peli  "Harry Potter" 
cos seus titores de 5º. Gozaron moito coñecendo mellor aos personaxes dos que irán este ano disfrazados.

E este venres seguimos coa troula!! Entroidooooo

sábado, 11 de febrero de 2017

UNHA SEMANA FANTÁSTICA

A semana non puido empezar mellor!
 O luns 6 de febreiro, nada máis entrar no cole, dispúxenos a marchar. Estaban xa, os buses esperándonos para levarnos a Pontevedra.
O primeiro que fixemos ao chegar á capital, foi ir á sede  de Afundación.
 Alí gozamos coa obra de Sandra e Meirol en Xistralia. Cantamos, bailamos, fixemos percusión  e rímos a escachar. Algún neno e nena de cuarto tivo tamén o honor de subir ao escenario e participar na representación. 




Cando saímos, todos estabamos desexando comer algo, así que as profes decidiron levarnos a unha alameda.









Rematamos o día visitando unha exposición de viñetas do artista buenense LUÍS DAVILA, no edificio da Deputación de Pontevedra.




Ao saír, sacámonos unha foto, nas escaleiras deste espectacular edificio. Mirade cantos eramos!
E…. por sorpresa! o pasado xoves, 9 de febrero, despois do recreo, esperábanos no bibliocastelo, Raquel Queizás, unha fantástica contacontos  traída pola editorial SM, por ter elixido “As fadas verdes”, como libro de lectura en galego.
Queliña, que así nos pediu que a chamáramos, contounos primeiro a lenda china de por que os tigres teñen raias. Conseguiu que ríramos e participáramos activamente.




Botade unha ollada do ben que o pasamos co noso compañeiro Diego!








Contounos, a continuación, a lenda peruana, de por que os coellos teñen o aspecto actual. Esta vez fixo participar a varias profes de forma activa. Pasámolo xenial!






Ogallá estas sorpresas se repitan no futuro!!!
Grazas Queliña por facernos pasar uns momentos inesquecibles!





miércoles, 1 de febrero de 2017

`DÍA DA PAZ 2017

O pasado luns, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz por todo o alto. Cantamos todos xuntos " Apertas que voan" de Brinca Bai",e "Count on me" de Bruno Marx. Ademais o alumnado de sexto cantaron para todos nós unha preciosa canción en francés:"On Ecrit Sur Les Murs"
Como lembraredes este ano o noso proxecto é O CINE e, para a celebración deste día, decidimos traballar esta significativa frase da película de Hércules:
"Un verdadeiro heroe non se mide polo tamaño da súa forza, senón pola forza do seu corazón."
Nas diferentes titorías traballouse o que era para cada un, 
"un heroe ou unha heroína". O resultado foi extraordinario, quedando reflectido neste fermoso mural da entrada do colexio:

Estes foron os textos que saíron das aulas de terceiro e cuarto:
3ºA

3ºB
 
4ºA
4ºB
O día da Paz estes textos foron lidos, dun xeito moi emotivo, polos protagonistas:



Aínda que non todos os heroes e heroínas puideron formar porte do mural principal, si que tiveron, un lugar destacado no mural das portas das aulas.


O alumnado de terceiro tivo, este ano, un protagonismo especial, pois esperaron aos seus titores TEI cun globo, despois de que estes recibisen un diploma, nun acto moi solemne, pois estivo presidido,  polo Alcalde, a Concelleira de Educación do Concello de Bueu, e a Coordinadora de Centro de Formación de Mestres de Pontevedra.
Ao final do acto, titores e titorizados, tras cantar a canción "Count on me" de Bruno Mars, soltaron os globos.


 Neste vídeo poderedes gozar, das imaxes deste fermoso día:








VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...