martes, 25 de abril de 2017

ALFOMBRAS CON ARTE.


O pasado venres 21, o alumnado de 3º e  4º asistiron a unha actividade organizada pola "Asociación Cultural de Alfombras Florais de Bueu", sobre a tradición da confección de alfombras polo Corpus Christi.
Descubrimos que é unha festa relixiosa pero tamén artística,  moi antiga, que data da Idade Media e na súa orixe as alfombras enmascaraban o  mal estado e mal cheiro das rúas durante o paso da procesión. En Bueu esta festividade se remonta, como mínimo ao siglo XVII, e no ano1913 aparece a primeira documentación escrita que fai alusión ás alfombras de Bueu.
Tras unha pequena introdución da historia, Rafa Oliveira explicounos os pasos previos para confeccionar alfombras de flores:
  • Deséñase o debuxo da alfombra para saber o que precisamos utilizar.
  • Búscanse os distintos materiais necesarios.
  • Escóllense e trabállase sobre eses materiais porque algúns téñense que conservar durante un longo periodo.

Este ano polo "Día das Artes Galegas" homenaxéase a Maruxa Mallo, era o pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro no ano 1902 e finada en Madrid en 1995. Foi unha pintora surrealista galega.  
Esta pintora garda relación con Bueu, concretamente con Beluso, xa que estivo de vacacións alá polo ano 1936, debuxando no seu caderno bosquexos das paisaxes e obxectos que ía observando e que máis tarde reflictiría nas súas obras. Por iso, este ano a temática das alfombras de Bueu xirará en torno á figura desta ilustre pintora e poderemos disfrutar dalgunhas das súas obras.


As dornas galegas representadas nas súas obras.




Ao rematar coa teoría pasamos ao que máis nos gusta a todos, á práctica! Por equipos e coa gran axuda de Carmen, Moncho, Mundo, Finita e Rafa tiñamos que facer unha alfombra dun retrato de Maruxa Mallo, e como cando se traballa en equipo tivemos que decidir que cores e materiais empregar. Para moitos era a primeira vez que se poñían a facer unha alfombra de flores e foi moi moi divertido!!




Esperamos que con esta visita moitos se animen a participar nesta festa cada vez máis famosa e con máis relevancia en Bueu. 







PARABÉNS A TODOS E A TODAS!! UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS!

MOITAS GRAZAS A TODOS OS MEMBROS DA ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU POR VIR E INCULCAR UN POUCO DE TRADICIÓN POPULAR. PARABÉNS POR ESE TRABALLO!




BOTADE UNHA OLLADA NESTES VÍDEOS DO BEN QUE O PASAMOS.







lunes, 24 de abril de 2017

VISITA Á ESTACIÓN FITOPALÓXICA DE AREEIRO

O pasado mércores 19 e 20 de abril o alumnado de 3º e 4º  visitou a Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
Que é?
Foi creada a finais de 1980 pola Diputación Provincial de Pontevedra co fin de buscar solucións aos problemas fitosanitarios que ian xurdindo nos diferentes tipos de cultivos. Ata esa data "Areeiro" estaba destinada ao gando e a experiencias de tabaco.
Centra a súa actividade en dúas liñas fundamentais: por unha parte o diagnóstico fitopatolóxico e por outra parte a investigación.

Que é o que fan?
 O principal obxectivo é asesorar na materia de fitopatoloxía, é dicir, axudar aos agricultores e Servicios Oficiais en todo o referente ao recoñecemento de plagas e enfermidades dos nosos cultivos, así como tamén indicar as medidas de protección e control que deben seguir para evitar as pérdidas que eses patóxenos ocasionan neses cultivos.
Cos anos creouse unha unidade de fruticultura, coa misión de recuperar variedades autóctonas galegas en canto a frutais se refiere, así como tamén á introdución de novas especies e variedades frutículas aptas para a nosa zona.


Tamén se crea un Laboratorio de Solo e o primeiro laboratorio de Loita Biolóxica que existe en Galicia, onde se investigan os distintos fungos, bacterias e se crían distintos tipos de parásitos beneficiosos para loitar contra as distintas plagas.

Que é o que vimos?
Nada máis chegar rebíronnos na entrada da finca, Ángeles e Pedro Mansilla, director do centro quen nos explicou un pouco de historia e en rasgos xerais que era o que alí se facía.
Despois estivemos con Ana, técnico de laboratorio, quen nos explicou un montón de curiosidades sobre os bechos.
O primeiro insecto que puidemos ver foi o Goni, que o podemos atopar nos eucaliptos, incluso vimos como comía as súas follas. Para combatir a ese insecto o que se fai é soltar outro, un parásito que pon os seus ovos enriba dos ovos do Goni, evitando así que medren as súas larvas.

Gonis

Avispilla do eucalipto,parásito que se usa para combatir ao Goni
Outro insecto que está a acabar coas palmeiras desta zona e que non se puido facer nada para salvalas é o insecto Picudo Vermello.

  Tamén vimos avispas asiáticas e algunha vacaloura, en perigo de extinción hoxe en día. 

Así como tamén as distintas trampas que se utilizaban para capturar a distintos insectos.


Posteriormente fixemos un percorrido por unha pequena parte da finca de Areeiro, xa que mide arredor de 5 Ha. e coa compañía de Angeles estivemos vendo as distintas árbores e parcelas dedicadas ao cultivo de diferentes especies froiteiras e ornamentais.
O que máis abunda en Areeiro son as Camelias onde destaca unha importante colección de 40 especies e 700 cultivares. Pouca xente sabe que o té se prepara, só e exclusivamente, a partir de follas novas e gromos secos dun arbusto perenne da especie de Camellia Sinensis.  Iso é, a planta do té é unha camelia. Tamén é común pensar que os diversos tipos de té se obteñen de plantas diferentes. Nada máis lonxe da realidade, todos proceden da mesma planta, aínda que se diferencian os uns dos outros no tipo de tratamento ao que se somenten as súas follas.
Aínda que a camelia se implanta nun primeiro momento con fins ornamentais, a día de hoxe comezan a agromar distintas iniciativas, como a realización de distintos xabóns e o aceite de camelia. 



Botade unha ollada do ben que o pasamos!













domingo, 23 de abril de 2017

SEMANA DE CINE!

Foi unha boa forma de entrar en materia. A volta das vacacións de Pascua tróuxonos moitas sorpresas. 
Foi unha semana de cine no sentido figurado porque o pasamo xenial!
Pero tamén foi unha semana de cine porque tivemos dúas actividades relacionadas co proxecto deste ano:
  1. Charla  de Manuel Pena, director do FIC de Bueu.
  2. Visita á Facultade de Comunicación Audiovisual de Pontevedra.
Manuel Pena estivo nas instalacións dos noso cole o pasado mércores, 19 de abril para contarnos aos máis pequenos de primaria ( 1º, 2º e 3º) detalles moi interesantes de como se fai unha película.

Foto de Fic Bueu.
Esencialmente, aprendemos que a elaboración dunha película consta de tres partes:
  • PREPRODUCIÓN: Prepárase o guión, contrátase aos actores, actrices, director ou directora, ...Tamén se busca financiamento, pídense permisos para rodar e interiores ou exteriores, ...
  • RODAXE: Traládase o guión ás imaxes. Hai que ter todo en conta, focos, maquillaxe, cámaras, efectos especiais. Importante, non se roda na mesma orde que despois sae na peli.
  • POSPRODUCIÓN:  É o momento de montar a película, ou sexa ordenar as escenas. Acóplase a banda sonora, o narrador, ... Tamén hai que publicitala nos xornais, na tele. Buscar salas de cine para distribuíla.
Foto de Fic Bueu.

Foto de Fic Bueu.
O alumnado de 4º, 5º e 6º foron ao Centro Social do Mar, para recibir tamén información moi valiosa sobre o mesmo tema.
A outro gran acontecemento foi a visita á Facultad de Comunicación Audiovisual de Pontevedra.
Resultado de imagen de facultad de comunicación audiovisual pontevedra
O alumnadode 4º fomos o mércores 19 e o de 3º fomos o xoves, 20 de abril. 
Como nos gustou esta experiencia!
 Os estudantes universitarios veñen aquí para aprender todo o relacionado co cine: guionistas, produtores, directores, rodaxe, posprodución, ...
 Visitamos primeiro unha aula enorme, na que as mesas estaban en gradas. 
Despois fomos a un plató, onde os estudantes fan prácticas.
A continuación fomos a outra sala onde había: CÁMARAS DE CINE. E deixáronnos manipulalas.


Fomos despois á sala de control, onde se ve o que están gravando todas as cámaras.


Rematamos na sala de son. Chamounos a atención que as paredes estaban recubertas de distintos materiais: pedra, madeira, vidro, tea, ...  e as nosas voces non soaban igual ao situarnos cerca destas texturas.



O alumnado de 4º tamén visitamos a aula onde os estudantes fan radio. 






 
No seguinte vídeo poderedes comprobar o ben que o pasamos e sobre todo a gran oportunidade que tivemos de aprender un pouquiño máis sobre o cine.


sábado, 15 de abril de 2017

APRENDIZAXE COOPERATIVA

O último día, antes das vacacións de Pascua, aproveitamos para organizar mellor os equipos cooperativos.
Tocounos facer o caderno de equipo.

 E tamén o plan de equipo. Tiñamos que empezar cunha negociación. Que imos negociar?

  • O nome do equipo.
  • O logo do equipo.
  • Reparto de cargos: Coordinador, secretario, axudante e intendente.
  • Obxectivos do noso equipo.
  • Compromisos persoais.
Discutimos moito, pois, aínda que algúns mantivemos o nome do noso equipo, outros decidimos cambialo. Máis dura foi a negociación dos cargos, pero ao final chegamos todos a un acordo.






Para unir máis os nosos lazos decoramos, coas nosas pegadas de cores, unhas árbores. Quedáronnos chulísimas.












AGORA SÓ NOS QUEDA TRABALLAR MÁIS E MELLOR DE XEITO COOPERATIVO!

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...