sábado, 28 de mayo de 2016

XIRA KAMISHIBAI

O mes de maio, foi este ano, moi especial para o alumnado de terceiro e cuarto grazas ao Kamishibai sobre a vida e obra de Manuel María.
Como xa informamos, o día 13 de maio, puidemos expoñer o traballo a todo o alumnado do colexio. Os de terceiro cos pequenos e pequenas de Educación Infantil e os de cuarto co alumnado de primaria.

3ºA co alumnado do sexto ano de Infantil.
3ºB co alumnado de 5º de Infantil
 4º A cun grupo de primaria na biblioteca do cole.
4ºB cun grupo de primaria no bibliocastelo
Despois da celebración das Letras galegas no cole e ante o éxito obtido, fomos invitados polo Concello de Bueu á entrega de premios de poesía "Joham Carballeira" no Centro social do Mar, o domingo 15 de maio.
So cinco, puidemos asistir, María, Gabri, Iago, Xandre e Aroa. 
Encantounos e aplaudíronnos un montón!
Entrega de premios "Joham Carballeira" .Centro Social do Mar.
O mércores, 18 de maio, tocounos a quenda do alumnado de 4ºB, que acudimos ao Centro de día  "Andoriña". Foi moi emocionante!
4ºB no Centro de Día Andoriña de Bueu.
O xoves 19, fomos os de 4ºA os encargados de levar a vida e obra do escritor chairego ao Centro Parquinsón de Bueu. Volvemos a ter a sorte de atoparnos cun público do máis agradecido.
4ºA no Centro Parquinsón de Bueu.
O Venres 20, os alumnos e alumnas de 3º B fomos ao outro centro de Día que hai en Bueu: "Pescadoira".
Outra vez fomos recibidos por un público totalmente entregado que ademais nos agasallou cunhas cancións cando rematamos.
4ºB no Centro de Día Pescadoira.
Foi este pasado xoves, 26 de maio, no IES Joham Carballeira, onde o alumnado de 4ªA fixo o último pase, ante rapaces e rapazas de 2º de ESO.
4ºA no IES Joham Carballeira.



miércoles, 25 de mayo de 2016

PRIMEIROS AUXILIOS

   O pasado mércores 18 de maio, Catuxa, voluntaria da Cruz Vermella, veu ao noso centro para impartir unha charla ao alumnado de 3º sobre primeiros auxilios
   Contoulles nocións básicas de como actuar en caso de emerxencia:
PAS: protexe, avisa e socorre.
2º Chamar o 112.
3ºEn caso de ter que asistir a alguén inconsciente, comprobar se respira, e poñelo en posición de seguridade.
4ºSe non respira, intentar facerlle unha RCP(reanimación cardiopulmonar). 
Os nenos e nenas fixeron prácticas cun boneco, mentres cantaban a canción da "Macarena", que é o ritmo que deben seguir mentres a realizan.
   Esperemos que toda esta información que recibiron lles sexa útil, en caso de que se atopen algún día nunha situación semellante. Nunca está de máis saber como debemos actuar nestes casos. 

Grazas polas explicacións!

lunes, 16 de mayo de 2016

KAMISHIBAI MANUEL MARÍA

Nos seguintes vídeos poderedes visualizar como o 
alumnado de terceiro e cuarto utilizando a técnica xaponesa do Kamishibai contámoslle a diferentes grupos a vida e a obra de Manuel María.
Neste primeiro é o alumnado de 4ºA quen conta a vida e obra de Manuel María e recita algún dos seus poemas para os seus compañeiros e compañeiras na biblioteca do cole


No seguinte é o alumnado de 4ºB quen fai uso do Kamishibai, no centro de Día Andoriña de Bueu.





A primeira sesión que fixo o alumnado de 3ºB co Kamishibai, foi aos nenos e nenas de 4 anos de educación infantil.



Neste video podedes ver ao alumnado de 3ºB no centro de día de Pescadoira. Grazas por recibirnos!



As mulleres que visitamos dedicáronnos tamén unhas cancións, e que ben o fixeron!







Ao rematar a visita tiñan unha sorpresa preparada para os nenos e as nenas. Disfrutaron un montón co agasallo e coa compañía. Grazas de novo!



Os nenos e nenas de 3ºA estivemos visitando ao alumnado do noso centro de educación infantil. Fixemos dúas sesións, unha cos de 3 aniños e outra cos de 5 anos. Pasámolo moi ben!




LETRAS GALEGAS 2016

Este ano o día das letras galegas dedícase ao escritor chairego Manuel María. 
Temos que dicir que hai anos que non se goza tanto dun autor como o fixemos nesta ocasión. 
A entrada do cole está dende hai uns días presidida por un impresionante mural "Soñando Galicia". Todas as aulas, dende infantil ata o último ano de primaria temos posto nel o noso gran de area.
Ao alumnado de terceiro tocounos ilustrar a poesía de 
O Labrego, O Afiador, a O Muíño e a A Muiñeira.
todos estes poemas están icluídos dentro do libro "Os soños na Gaiola".as imaxes van acompañadas dunha estrofa do poema que representan





Todo o alumnado foi agasallado cun pin co lema "O galego está en nós"que este ano identifica ao Correlingua. A chapa foi deseñada por María Xosé Ares, mestra do IES Joham Carballeira.
O 13 de maio foi o día elixido polo noso centro para a celebración do Dia das letra galegas. Os actos centráronse na visualización dun audiovisual "Vivindo en Galego" elaborado por equipos de Normalización e dinamización Lingüística do Morrazo, onde distintos profesionais explican porque o idioma galego é a súa lingua.




O alumnado de terceiro e cuarto fomos os encargados da outra parte da celebración. Coa axuda do Kamishibai contámoslle aos nosos compañeiros e compañeiras a vida e a obra de Manuel María. Amenizamos a historia intercalando o recitado dalgún poema para rematar cantando todos xuntos a canción de O Cuco.





O alumnado de 4ºB acudiu o mércores 18 de maio ao centro de día  "Andoriña"de Bueu onde intentaron que as persoas maiores que alí estaban coñeceran a Manuel María. Tiveron a sorte de vir ademais cun bonito agasallo. 









HISTORIAS SECRETAS DEL ESPACIO


O pasado mércores 4 de maio, o alumnado de 3º e 4º,  tivo a sorte de compartir un bo rato con Benxamín Míguez Novoa, veunos falar sobre o libro,  Historias Secretas Del Espacio.
Contounos que dende pequeno lle apaixonan os libros de ciencia ficción e que o autor deste libro Joan Manuel Gisbert lle encantaba. 
No libro Thomas escoita durante toda a noite as historias segredas
que contan uns astronautas, o ruso Yuri Tardowski, o estadounidense Fred Carpenter e o Chino Ts´ai Lun. Historias que están cheas de intrigas e de misterio ata o final.
Benxamín fixo unha pequena representación de varios fragmentos do libro e contounos historias moi divertidas e interesantes sobre os astronautas. 
Antes de rematar a sesión, Benxa amosounos as súa gran calidade como ilustrador e en menos que canta un galo fíxonos unha lámina sobre o libro.

MOITAS GRAZAS BENXAMÍN!




3º A  e  3º B


 4ºA e  4ºB




domingo, 1 de mayo de 2016

VISITA Á PRAZA DE ABASTOS

Tiñamos previsto visitala xa hai quince días pero as condicións atmosféricas adversas non o permitiron. Valeu a pena a espera porque de verdade que foi unha visita moi ben preparada.
Cando chegamos nos estaba esperando Alicia. Explicounos antes de entrar que as prazas de abastos son uns establecementos onde se venden produtos perecedeiros.

Primeiro falamos coas peixeiras e peixeiros e aprendemos a distinguir entre peixes brancos e azuis. Aínda que coñeciamos algunha especie a maioría tiveron que dicirnos como se chamaban. Vimos tamén mariscos, polbos.









 ...Despois fomos á única panadería que hai na praza e posteriormente dividímonos en grupos para charlar cos depedentes e dependentas das 6 carnicerías. Finalmente volvémonos xuntar para que Alicia nos fixera unha exposición moi interesante sobre froitas e verduras.




O remate final foi o mellor: a merendola que nos tiñan preparado no andar superior. Froitas e disitintos tipos de pan!Estaba todo delicioso. Foron amabílisimos con nós, e nós non podemos máis que estar moi agradecidos.





























SEMANA DO LIBRO NO COLE

Este ano o día do libro, 23 de abril, cadrou en sábado. pero no noso cole non quixemos desaproveitar a ocasión de celebralo, así que lle dedicamos unha semana enteira. 
Deuse ademais a casualidade de que se conmemoraba o 4º centenario da morte de Cervantes, o escritor máis ilustre da literatura castelá, grazas a súa obra cumio:  "Don Quijote de la Mancha". Con tal motivo realizamos diferentes actividades e pintamos colectivamente ao Quixote e ao seu escudeiro Sancho.






Asemade investigamos sobre a figura de Jules Verne, escritor francés de literatura de ciencia fición. Verne tratou longo e tendido  temas do espazo.
O alumnado de cuarto tivemos tamén a sorte de seren invitados pola organización da XX Mostra de Teatro do ensino, que este ano se celebrou no veciño instituto Joham Carballeira. Alí  gozamos coa obra "Suspéndese a Sesión" de Fernando Lalana. Foi protagonizada polo alumnado do IES María Soliño de Cangas. Encantounos, rimos un montón e moitos de nós estamos decididos a formar parte cando cheguemos a ESO destes grupos de teatro.



VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...