sábado, 23 de junio de 2018

FIN DE CURSO


O último día de cole as familias encheron a aula de usos múltiples a primeira hora da mañá.



 Estaban invitadas polo alumnado de cuarto. Estes nenos e nenas tiñan unha deuda pendente coas bisavoas, avoas, nais,  curmás ou veciñas, pois en marzo non puideron ir á representación de MULLERES FAMOSAS, MULLERES NOSAS.  Así que o repetiron e este foi o resultado:




No seguinte vídeo pódese ver tamén a versión que fixeron o 9 de marzo no Centro social do Mar:



Mentres isto sucedía na sala de usos múltiples, o alumnado de terceiro recibía no patio cuberto a visita do alcalde de Bueu,  Félix Juncal e da Concelleira de Educación, Teresa López. Acudían ao noso centro para interesarse polo magnífico traballo de investigación que ao longo do curso fixeron sobre: 
O NOSO CONCELLO
Entraron gustosamente nas aulas, onde as profes e os rapaces e as rapazas explicáronlle polo miudo o traballo desenvolvido.

Cando estes actos remataron, todo o alumnado de primaria reuniuse no patio para ver unha exhibición de taekwondo no que había moitos nenos de A Pedra: 


 Despois procedeuse entrega de premios de Dinamización e de Educación física. 
Os premiados polo concurso: Que sabes de María Victoria Moreno? de terceiro e cuarto foron os seguintes:
NURIA GONZÁLEZ COVELO DE 3ºA
ROCÍO PEREIRA MARTÍNEZ DE 4ºA
MARCOS MARTÍNEZ MARTÍNEZ DE 3º B
 LEIRE FERNÁNDEZ REGUEIRA de 4ºB
JUAN PÉRZ REGUEIRA 3ºB
 IVÁN PASTORIZA DÍAZ de 4ºB
 MATEO BLANCO NOVAS de 3ºA
 PEPE BLANCO NOVAS de 4º A
Nos premios de E. Física foron premiados a aulas de: 
3ºB e 4º B

PARABÉNS A TODOS E TODAS
O día rematou cunha festa na que non faltou a comida! 

BO VERÁN!











miércoles, 20 de junio de 2018

MAXIA

Temos moitas ganas de vacacións!
PERO ...
Que ben se pasa no cole os últimos días!

O alumnado de 4º A, recibimos unha grata sorpresa! Dous magos apareceron de súpeto na nosa aula!
FABIOLA E RAMÓN!



Fabiola demostrounos que está iniciándose no mundo da maxia con moita ilusión!
Ramón voLveu sorprendernos cos seus trucos de supermago! Dobrou unha culler en directo coa forza da súa mente! E mandou literalmente un pano vermello por whats app!
MOITAS GRAZAS  MAGOS!

martes, 19 de junio de 2018

PROTECCIÓN SOLAR

QUE CALOR! 
A charla, que o pasado martes, 19 de xuño, tivemos o alumnado de cuarto e quinto do noso cole, non puido ser máis axeitada.
" A IMPORTANCIA DE PROTEXERNOS DOS RAIOS SOLARES"
Na sala de usos múltiples, estaba esperándonos Sabela, farmacéutica da nosa vila, que nos veu contar o dano que os raios ultravioleta do sol poden causar efectos catastróficos na nosa pel, dende queimaduras ata cancro.
Falounos que os efectos nocivos destes raios son peores agora que hai anos. Isto é debido ao burato da capa de ozono provocada pola contaminación atmosférica,
Tamén nos dixo que hai diferentes tipos de pel e  que, canto máis branca  máis coidado tiñamos que ter. 
Tendo en conta todos estes datos, comezou a orientarnos sobre como temos que protexernos cada día, especialmente nestas datas estivais, sobre todo cando vaiamos á praia. 
Debemos botarnos crema de alta protección, media hora antes de saír da casa, e repetir na praia despois de cada baño. Ensinounos como debemos estendela, e ...
PRACTICAMOS!

Por último, Sabela, agasallounos cun estoxo con mostras de cremas solares.
A verdade que foi unha charla moi agradable, instrutiva e práctica!
MOITAS GRAZAS SABELA!

miércoles, 6 de junio de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR


O pasado venres 1 de xuño, o alumnado de 3º participou nunha charla chamada " O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR". 
Contáronnos os diferentes tipos de peixes que hai no mar e a gran variedade de vitaminas que aporta ao noso organismo. Trátase de fomentar entre os máis pequenos a importancia de incluir o peixe nas súas dietas para que sexan equilibradas.
É un alimento moi rico en nutrientes, con múltiples beneficios que axudan a medrar e manter unha correcta saúde, así como tamén axudan ao bo funcionamento do noso corpo. 














AS RECEITAS DE 3ºB


O pasado martes 8 de maio, foi a quenda doutro equipo, esta vez cociñaban BROWNIE DE CHOCOLATE!

Como as outras veces, deleitáronnos cunha marabillosa clase de cociña. Todo o equipo sabía perfectamente o que tiñan que facer, explicáronnos os ingredientes e utensilios que precisaban, así como tamén a súa elaboración. Mentres uns cociñaban o resto da clase tomaba anotacións sobre esa receita.























E tras 40 minutos no forno, chegou o mellor momento, a degustación.
Estaba riquísimo equipo, bo traballo!!

Que será o seguinte?...
Mmmmmmmmmm

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...