O alumnado de 3º de primaria, o 15 de maio, achegouse ata
a capital de Galicia, Santiago de Compostela.
De camiño ata alí Rocío, nai de Andrea, foi amenizando o traxecto poñendo música e contándolles aos cativos algo de
historia da Catedral de Santiago así como lendas sobre ela.
A primeira parada foi no Museo do Pobo Galego, onde fixeron
un xogo de pistas no que tiñan que ir recorrendo as distintas salas (mar,
oficios, música, campo, sociedade…) para buscar a solución.
Ao rematar achegáronse ao Panteón de Galegos Ilustres, na
capela de Santo Domingo de Bonaval, onde descansan os restos de varios persoeiros
da cultura galega como Rosalía de Castro, Castelao, Domingo Fontán, Ramón
Cabanillas, Alfredo Brañas...
Tras isto atravesaron as fermosas rúas de pedra da cidade
ata chegar a Praza do Obradoiro, onde descansaron un ratiño e tomaron a merenda
aos pés da marabillosa Catedral de Santiago. Logo entraron nela para darlle a
tradicional aperta ao Apóstolo e ver onde están os seus restos.
Á saída da Catedral volveron para a praza do Obradoiro,
onde os agardaba o tren turístico que os levaría polas principais rúas da
cidade. A todos lles encantou ir no tren!
Tras baixar do tren foron camiñando ata o Parque de Vista
Alegre onde xantaron, xogaron e comeron xeados.
Ao ladiño deste parque estaba a derradeira parada deste
día, o Museo de Historia Natural, no cal entraron pola tarde. Con Dani, o guía,
foron percorrendo as diferentes partes deste estupendo museo e el íalles
explicando cousiñas sobre os animais vertebrados e invertebrados, as plantas,
os mofos, os minerais... e tamén sobre os diversos hábitats e ecosistemas que nos atopamos no mundo.
A saída do museo tiveron un ratiño para merendar antes de
comezar o camiño de regreso ao colexio.
Pasámolo xenial!
Pasámolo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario