martes, 19 de junio de 2018

PROTECCIÓN SOLAR

QUE CALOR! 
A charla, que o pasado martes, 19 de xuño, tivemos o alumnado de cuarto e quinto do noso cole, non puido ser máis axeitada.
" A IMPORTANCIA DE PROTEXERNOS DOS RAIOS SOLARES"
Na sala de usos múltiples, estaba esperándonos Sabela, farmacéutica da nosa vila, que nos veu contar o dano que os raios ultravioleta do sol poden causar efectos catastróficos na nosa pel, dende queimaduras ata cancro.
Falounos que os efectos nocivos destes raios son peores agora que hai anos. Isto é debido ao burato da capa de ozono provocada pola contaminación atmosférica,
Tamén nos dixo que hai diferentes tipos de pel e  que, canto máis branca  máis coidado tiñamos que ter. 
Tendo en conta todos estes datos, comezou a orientarnos sobre como temos que protexernos cada día, especialmente nestas datas estivais, sobre todo cando vaiamos á praia. 
Debemos botarnos crema de alta protección, media hora antes de saír da casa, e repetir na praia despois de cada baño. Ensinounos como debemos estendela, e ...
PRACTICAMOS!

Por último, Sabela, agasallounos cun estoxo con mostras de cremas solares.
A verdade que foi unha charla moi agradable, instrutiva e práctica!
MOITAS GRAZAS SABELA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...