O último día de cole as familias encheron a aula de usos múltiples a primeira hora da mañá.
Estaban invitadas polo alumnado de cuarto. Estes nenos e nenas tiñan unha deuda pendente coas bisavoas, avoas, nais, curmás ou veciñas, pois en marzo non puideron ir á representación de MULLERES FAMOSAS, MULLERES NOSAS. Así que o repetiron e este foi o resultado:
No seguinte vídeo pódese ver tamén a versión que fixeron o 9 de marzo no Centro social do Mar:
Mentres isto sucedía na sala de usos múltiples, o alumnado de terceiro recibía no patio cuberto a visita do alcalde de Bueu, Félix Juncal e da Concelleira de Educación, Teresa López. Acudían ao noso centro para interesarse polo magnífico traballo de investigación que ao longo do curso fixeron sobre:
O NOSO CONCELLO
Entraron gustosamente nas aulas, onde as profes e os rapaces e as rapazas explicáronlle polo miudo o traballo desenvolvido.
Cando estes actos remataron, todo o alumnado de primaria reuniuse no patio para ver unha exhibición de taekwondo no que había moitos nenos de A Pedra:
Despois procedeuse entrega de premios de Dinamización e de Educación física.
Os premiados polo concurso: Que sabes de María Victoria Moreno? de terceiro e cuarto foron os seguintes:
NURIA GONZÁLEZ COVELO DE 3ºA
ROCÍO PEREIRA MARTÍNEZ DE 4ºA
MARCOS MARTÍNEZ MARTÍNEZ DE 3º B
LEIRE FERNÁNDEZ REGUEIRA de 4ºB
JUAN PÉRZ REGUEIRA 3ºB
IVÁN PASTORIZA DÍAZ de 4ºB
MATEO BLANCO NOVAS de 3ºA
PEPE BLANCO NOVAS de 4º A
Nos premios de E. Física foron premiados a aulas de:
3ºB e 4º B
PARABÉNS A TODOS E TODAS
O día rematou cunha festa na que non faltou a comida!
BO VERÁN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario