sábado, 15 de septiembre de 2018

COMEZO DUN NOVO CURSO!

Ola de novo estimadas familias!
Un novo ano escolar acaba de comezar, e dende estas páxinas pretendemos mantervos informados de todo o que acontece no centro, e en especial   mantervos ao día das novas e das actividades do alumnado que este curso está en TERCEIRO E CUARTO DE DE E. PRIMARIA,
Empezamos forte, pois a primeira semana xa tivemos a sorte de baixar ao Centro Social do Mar para ver as curtas que o FIC de Bueu reservou para os centros escolares. Encantáronnos!
As seguintes fotos foron sacadas no photocall:

 3ºA
3ºB
 4ºA
 4ºB
Tamén esta primeira semana recibimos a vista do famoso pintor e ilustrado MARK TAEGER, que acompañado de dous membros da Asociación de Veciños da Banda do Río, viñeron animarnos a participar no obradoiro de debuxo sobre os Dereitos Humanos que terá lugar o sábado 29 de setembro.
Nas clases estos primeiros días comezamos con algunha das dinámicas de cohesión que nos pemitirán coñecernos un pouquiño mellor sobre todo se nos toca cambiar de profe.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA EN GALEGO

Un ano máis, as páxinas deste blog, fanse eco das guías de lectura e música, elaborada polos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo....