miércoles, 3 de octubre de 2018

BRAULIOTUBER E OBRADOIRO DE PINTURA MARÍTIMA

Algo importante ía ocurrir cando Luísa, a directora do cole, e Lina, profe xefa do Bibliocastelo acompañadas por Ami e Bea,  reuníronnos a todo o alumnado de terceiro na sala de usos múltiples.
Efectivamente, alí nos contaron que BRAULIO BOLECHAS, quería vir gravar o 1 de outubro ao noso cole un programa da serie BRAULIOTUBER da TVG. O tema tratado sería o MAR 
Contáronnos que o alumnado elixido eramos nos.
Había, porén, un gran problema!
 Só podían ser 24 os protagonistas. 
 e...  nós somos 50!
Por unanimidade, decidimos que queriamos participar. A maneira máis xusta era realizar un sorteo. Comprometímonos a asumir o resultado do mesmo e tamén consensuamos que os afortunados non ían facer alarde da boa sorte. Ese mesmo día tamén se decidiu que os 26 restantes farían un OBRADOIRO DE PINTURA MARÍTIMA.
Por fin chegou o día. Mentres Braulio se achegaba a unha das aulas, 26 nenos e nenas empezaban o seu obradoiro.
Estas son imaxes deste enesquecible día, dos 50 nenos e nenas de terceiro de primaria:














Braulio Bolechas contoulle a Papirus, que a finais de novembro a gravación proxectarase na TVG.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...