domingo, 18 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS E CORRELINGUA



    Estos días tivemos a ocasión de aprender moitas cousas sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas. Por unha banda accedendo ao blog das letras galegas onde diferentes entradas falábannos do autor. Ademais o mural da entrada do cole estaba preparado para a ocasión e algúns de nós saímos da nosas aulas e aprendemos sobre el,vendo e lendo os poemas que alí aparecen. Como xa é tradición no cole, volve a haber o concurso  "Que sabes de ...? 


 A profe Lina tamén nos falou da súa vida e obra na biblioteca  do cole coa axuda do kamishibai.


Foi, ésta que acaba de rematar, unha semana intensa. 
 Quen di que o martes 13 é un día de mala sorte? Para nós, dende logo, este último non o foi, xa que foi nesa data cando celebramos o Correlingua. Xa levábamos días revolucionados preparando as camisetas e os pins de "Préndete ao galego" que lucimos todo o alumnado do colexio


Non deixa de emocionar que tantos nenos e nenas enchamos as rúas da nosa vila. Este ano unidos co lema común
"O galego, sempre un paso adiante". Na praza do concello cantamos e bailamos todos xuntos co Pablo Díaz e as cancións do seu último disco Toc Toc.


domingo, 11 de mayo de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR

   Se hai unha actividade ao longo do curso que sexa capaz de concentrar máis emocións xuntas esa é 
 "O apadriñamento lector":Tenrura, compañerismo, tranquilidade, responsabilidade, gratitude, ilusión, admiración, euforia, ...
   O alumnado do segundo ciclo xa somos considerados maiores, e puidemos demostralo léndolle aos máis pequenos ese conto, libro ou historia que tanto nos gustou cando eramos máis cativos. É emocionante saber, quen vai ser o noso afillado e elexir o libro máis adecuado, ese, que sabemos que lle vai encantar. Vén logo a preparación, o entrenamento da lectura porque o queremos ler como fai mamá, papá ou a profe ou o profe, con esa entoación que fai manter a nosa atención alerta en todo momento.
  Botádelle unha ollada as imaxes!








miércoles, 7 de mayo de 2014

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA E AO TEATRO

   O pasado martes 29 de abril, o alumnado do 2º ciclo tivemos a oportunidade de ir coñecer o Museo de Pontevedra.
   O que máis nos gustou foi, sen dúbida ningunha, a reporodución da sala de reunións da Fragata Numancia, que tempos atrás foi comandada por Méndez Núñez. Tamén nos chamou atención o cadro do rei Carlos III porque o seu pé parecía moverse seguindo aos visitantes.
   Despois dunha accidentada merenda por mor da chuvia acudimos ao Auditorio de Novagalicia Banco para ver a representación da obra de teatro "Trogloditas" da compañía Tanxarina.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...