domingo, 18 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS E CORRELINGUA



    Estos días tivemos a ocasión de aprender moitas cousas sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas. Por unha banda accedendo ao blog das letras galegas onde diferentes entradas falábannos do autor. Ademais o mural da entrada do cole estaba preparado para a ocasión e algúns de nós saímos da nosas aulas e aprendemos sobre el,vendo e lendo os poemas que alí aparecen. Como xa é tradición no cole, volve a haber o concurso  "Que sabes de ...? 


 A profe Lina tamén nos falou da súa vida e obra na biblioteca  do cole coa axuda do kamishibai.


Foi, ésta que acaba de rematar, unha semana intensa. 
 Quen di que o martes 13 é un día de mala sorte? Para nós, dende logo, este último non o foi, xa que foi nesa data cando celebramos o Correlingua. Xa levábamos días revolucionados preparando as camisetas e os pins de "Préndete ao galego" que lucimos todo o alumnado do colexio


Non deixa de emocionar que tantos nenos e nenas enchamos as rúas da nosa vila. Este ano unidos co lema común
"O galego, sempre un paso adiante". Na praza do concello cantamos e bailamos todos xuntos co Pablo Díaz e as cancións do seu último disco Toc Toc.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...