domingo, 25 de noviembre de 2012

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE BUEU

O pasado venres 23 de novembro os alumnos e alumnas do segundo ciclo do colexio " A Pedra", tivemos a sorte de poder escoitar un concerto da Banda de Música do Concello de Bueu.
Había na Banda moitos ex alumnos do cole pero tamén había nenos e nenas que están actualmente no centro. Entre eles, dous pertencen ao noso ciclo, Lucía de 3º B e Gabriel de 4º A.
Esperemos que moitos de nós, despois de escoitar as fermosas pezas coas que nos deleitaron, estemos dispostos a formar parte deste grupo nun futuro próximo.


VOLVEDE SEMPRE QUE POIDADES!

MOVEMBER 2012







Nas clases de Arts and Crafts estivemos traballando o tema da prevención das enfermidades. Megan, a auxiliar de conversa norteamericana, explicoulle aos nenos e nenas que íamos construír uns "moustaches" para explicarlle a todos os nos achegados varóns que deben acudir ao médico con frecuencia para facer controis rutinarios e prever enfermidades graves. Por iso en vez de chamarlle a este mes November iamos chamarlle Movember. Desta maneira as chicas convertíronse en " Mosista" e os chicos en "Mobro".

NOVEMBRO 2012

Se rematabamos o mes de outubro co Samaín o comezo de novembro non puido ser mellor. Xa na primeira semana tivemos a oportunidade gozar do MAGOSTO, grazas ao tempo que nos acompoñou nun día precioso. Se as castañas estaban boísimas, os xogos estiveron todavía mellor. Durante hora e media pasamos por oito xogos diferentes onde non faltaron os saltos e as gargalladas e onde todos e todas sentímonos gañadores. Houbo algún rapaz que se atreveu a dicir que fora o día que mellor o pasara na súa vida.









jueves, 1 de noviembre de 2012

SAMAÍN 2012

 Un ano máis no colexio "A Pedra" celebramos a festa do Samaín.
 Xa durante todo o mes, á proposta do equipo de Biblioteca e o de Dinamización Lingüística, estivemos reflexionando sobre os nosos medos. A arañeira da entrada encheuse deles: escuridade, cimiterios, soidade, pesadelos, bechos de todo o tipo, ...
 Este ano, as seccións bilingües, contamos coa axuda de Megan, auxiliar de conversa de Oregón. Desta maneira puidemos coñecer de primeira man como se celebra o Halloween en Estados Unidos. Con ela enchimos o cole de pantasmas e confecionamos unhas coroas de morcegos para os máis pequenos.





VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...