Se rematabamos o mes de outubro co Samaín o comezo de novembro non puido ser mellor. Xa na primeira semana tivemos a oportunidade gozar do MAGOSTO, grazas ao tempo que nos acompoñou nun día precioso. Se as castañas estaban boísimas, os xogos estiveron todavía mellor. Durante hora e media pasamos por oito xogos diferentes onde non faltaron os saltos e as gargalladas e onde todos e todas sentímonos gañadores. Houbo algún rapaz que se atreveu a dicir que fora o día que mellor o pasara na súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario