domingo, 30 de octubre de 2016

SAMAÍN

Xa é un clásico no noso cole! Chegou o Samaín!
Este ano, o noso, é  un Samaín  de aluCINE! Botádelle unha ollada ao impresionante mural!
Cada aula traballou un pesonaxe de medo dunha película e posteriormente foron introducidos dentro do seu correspondente fotograma. Estos foron os que nos tocaron aos de terceiro e cuarto:
Gremlins 3ºA
Cruella Deville 3ºB
Zombies 4ºA
Os Cazafantasmas 4ºB

 A entrada encheuse de novo de cabazas. Este ano, como non!
 Moi cinematográficas!



Corredores, portas,andeis da biblioteca, cristaleiras, portas, morcegos, bruxas,... 






 Pero os verdadeiros protagonistas, foron sen dúbida algunha, os nenos e as nenas que o venres 28 viñeron disfrazados deses personaxes de terror. Pasaron unha xornada inesquecible. 
Neste vídeo poderedes comprobalo!!!!!

viernes, 28 de octubre de 2016

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Todo comezou, cunha visita inesperada. Un carteiro cunha cara, por certo, ben coñecidaa, tróuxonos unha carta con forma de claqueta de cine na que dentro había unha invitación para acudir ao 
ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

  
O pasado luns, 24 de outubro, o noso cole converteuse nunha auténtica celebración, pois a nosa mascota cumpría anos. 

O alumnado de terceiro e  cuarto non puidemos acudir ese mesmo día, pois o luns foi a quenda dos máis pequeniños e pequeniñas do cole. Así que nós fomos o martes 25, e asegúrovos que valeu a pena esperar.




Papirus non se atopaba no bibliocastelo, pero mandounos un vídeo precioso no que nos explicaba onde se atopaba. Resulta que este ano foi de vacacións a Hollywood e alí se quedou para investigar todo o que poida sobre o CINE. 
Así que xa sabemos o que nos queda este ano;
 Mergullarnos no mundo da séptima arte!
Ademais a profe Lina contounos un precioso conto sobre a historia do cine, no que os protagonistas terminamos sendo nós mesmos.
Se queredes ver o vídeo de Papirus e todo o que aconteceu no Bibliocastelo ao redor do seu aniversario, preme  aquí, para enlazar co blog da beblioteca

BENVIDA AO NOVO ALUMNADO DE TERCEIRO

Despedimos o curso pasado, moi ao noso pesar, ao alumnado que agora enche  as aulas de quinto. 
Pero como non hai mal que cen anos dure, as nosas clases agora volven a estar cheas  de ledicia co novo alumnado de terceiro.
Queredes saber quen son?
Alumnado de terceiro A e B
Nenos e nenas de terceiro B
Alumnos e alumnas de terceiro A
Este vai ser un curso de cine. Sofía e Fabiola de terceiro A,  versionaron  a canción de Mamá Cabra, Moi cintento a escola vou por:
MOI CONTENTA AO CINE VOU!
No seguinte vídeo poderedes velas!





Neste blog iremos informando de todas s actividdes, acontecementos, festas e celebracións!
Estade atentos e atentas!