viernes, 28 de octubre de 2016

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Todo comezou, cunha visita inesperada. Un carteiro cunha cara, por certo, ben coñecidaa, tróuxonos unha carta con forma de claqueta de cine na que dentro había unha invitación para acudir ao 
ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

  
O pasado luns, 24 de outubro, o noso cole converteuse nunha auténtica celebración, pois a nosa mascota cumpría anos. 

O alumnado de terceiro e  cuarto non puidemos acudir ese mesmo día, pois o luns foi a quenda dos máis pequeniños e pequeniñas do cole. Así que nós fomos o martes 25, e asegúrovos que valeu a pena esperar.




Papirus non se atopaba no bibliocastelo, pero mandounos un vídeo precioso no que nos explicaba onde se atopaba. Resulta que este ano foi de vacacións a Hollywood e alí se quedou para investigar todo o que poida sobre o CINE. 
Así que xa sabemos o que nos queda este ano;
 Mergullarnos no mundo da séptima arte!
Ademais a profe Lina contounos un precioso conto sobre a historia do cine, no que os protagonistas terminamos sendo nós mesmos.
Se queredes ver o vídeo de Papirus e todo o que aconteceu no Bibliocastelo ao redor do seu aniversario, preme  aquí, para enlazar co blog da beblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...