miércoles, 24 de febrero de 2016

Visita á Galiña Azul.

  Hoxe 24 de febreiro, o alumnado de terceiro do CEIP  "A Pedra"  fomos visitar aos nenos e nenas de 2 a 3 anos, do centro de educación Infantil "A Galiña Azul" de Bueu.
 "Os maiores" estabamos moi ilusionados por poder pasar un ratiño cos pequenos, e estes quedaron abraiados cando chegamos, pois non están acostumados a ver tanta rapazada na súa aula.
 Xa levábamos uns días preparándoo todo. Escollemos, con moito agarimo, os contos que lles iamos ler: "As cores de Elmer", "Os bolechas", "Onde está o meu coelliño", "A bruxa Brunilda", "Onde está a neve", "A granxa" ...e outros moitos e os pequeniños gozaron un montón mentres lle leiamos.  Tamén nos días previos á visita fixemos na aula un pequeno agasallo e llo entregamos ao final, antes de voltar ao colexio. Eran unhas "gafas máxicas" para poder viaxar polo mundo dos contos. Ese universo fantástico e marabilloso, onde podemos atopar monstros, fadas, fantasía, amor, amizade, aventuras, diversión, risas e outras moitas cousas máis.
Algúns  atopamos alí aos nosos irmáns, curmáns ou veciños e ... outros, que nos temos a sorte de gozar a cotío da compaña dos máis pequechos, notamos coma un sentimento de inmensa tenrura espertábase en nós.

Pasamos un tempiño moi agradable!






miércoles, 10 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016



Este ano foi rematar o Nadal e xa decidir o disfraz do entroido.  Co gallo do noso proxecto espacial, no noso ciclo acordamos ir de Alieníxenas. Foi moi sinxelo e divertido porque cada un de nós elaborou o seu propio disfraz ao seu gusto. Levamos dous, tres, catro..ollos, dintintas bocas e para rematar unhas estupendas antenas de cores con ollos na cabeza. 


UUUUuuuuuuu que medooooo!!

 Foi un entroido moi espacial porque había lúas, estrelas, planetas do sistema solar e ata os personaxes de Star Wars nos viñeron visitar.

Este ano sí que o tempo nos permitíu participar no tradicional desfile polas rúas de Bueu. Completamos o percorrito ata chegar á Praza do Concello e alí todo o alumnado de 3º e 4º cantamos o noso Rap Espacial. 


Chegamos nunha nave

pero ninguén o sabe,

podes vernos agora

que estamos todos fóra.



Nós vimos de Orión

que mola mogollón

coa máquina do tempo

chegamos nun momento.



Algúns vimos de Marte

e queremos animarte,

axudarte a investigar

o  espazo sideral.

RETROUSO



De Andrómeda viñemos

por un burato negro

nun “plis plas” chegamos

e con vós quedamos.



Agora chega o turno

dos que vimos de Saturno

somos máis de vinte

e chegamos nun intre.

RETROUSO



A un polbiño atopamos

Que Papirus chamamos

Falounos un montón

Dun cole moi molón,



Contounos que na Pedra

Están a investigar

E sobre o espazo

Queren todo pescudar.

RETROUSO



Os extraterrestres

Queremos axudar

E tanto traballo

Imos recompensar



Subide a nosa nave

ímosvos convidar

a facer una viaxe

una viaxe estelar



10-9-8  que medo!!!

7-6-5  que emoción!!!

4-3-2 Preparados
1 cerooooooooooooooo!!!

Ao rematar o desfile continuamos de troula nas aulas, compartindo cos compañeiros e compañeiras os produtos típicos desta época, filloas,orellas... Que larpeiros somos!! Mmmmmmm!!
 Estaba todo boísimo. Unha vez máis moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

Aquí tendes uns vídeos como mostra do ben que o pasamos ese día. 


SAÍDA A PONTEVEDRA

Cando aínda tiñamos tan recente o DÍA DA PAZ e a só dous días da celebración do ENTROIDO, todo o alumnado de terceiro e cuarto fomos a Pontevedra.
Están tolos os que din que o cole non mola!
Pois así foi. Na capital da nosa provincia visitamos primeiro o "CAFÉ MODERNO"  , un edificio espectacular, recentememte reformado,  que garda dentro das súas paredes gran parte da historia do século XX da cidade. Castelao, Bóveda, Ramón Cabanillas, Paz Andrade, Carlos Casares, Laxeiro, ... foron algúns dos intelectuais que frecuentaban este local. 





Tras coñecer as estancias do edificio, realizamos un pequeno obradoiro no que tratamos de imitar ao arquitecto, Álvaro Siza, quen dirixiu as obras de restauración  recentemente.






Ante un impresionante cadro de Laxeiro.













 
 
 
Finalizamos a nosa estancia en Pontevedra acudindo a un espectáculo de Música no auditorio que Afundación  ten na cidade. Aquí si que o pasamos ben! O grupo de percusión "Odaiko" co seu espectáculo: "Cousas de Catro", fíxonos interactuar, gozando todos uns momentos inesquecibles.
 
 
Ao rematar o espectáculo, os artistas permitíronnos fotografialos.

martes, 9 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ


O pasado 30 de xaneiro,celebramos no cole o Día de Paz. 

Aínda que todos sabemos que debemos vivir a PAZ cada momento das nosas vidas, gústanos vivir esa xornada dunha maneira especial.






Pero, o día da celebración non foi máis que o remate final a unha serie de actividades que levamos a cabo durante todo un mes. Todo comezou cando os nosos profes nos leron:

O homiño desta historia propúxonos que buscaramos noticias que falaran das cousas boas que o ser humano é quen de facer. Así o fixemos, trouxemos revistas e xornais e buscamos e reelaboramos esas novas que nos falaban dun mundo mellor:
Algunhas destas novas foron:





Todas estas noticias foron expostas no mural da entrada do cole. Sendo este o resultado final:
O homiño de papel, prometeunos que se buscabamos esas boas novas nos permitiría ver o que había dentro dunha caixa máxica e que era, sen ter ningún tipo de dúbidas o máis importante do mundo. Todos, sen excepción, dixemos que queriamos ver iso TAN IMPORTANTE! 
O que había no fondo da caixa era un ESPELLO! 
Esta son as caras de sorpresa que poñiamos ao saber que ERAMOS :
NÓS!