domingo, 29 de enero de 2017

PRESENTACIÓN DE TITORES E TITORIZADOS "PROGRAMA TEI"

Este ano, o noso cole embarcouse nun novo proxecto:
"TITORÍA ENTRE IGUAIS: PROGRAMA TEI"

Este proxecto, busca mellorar a convivencia no centro, resolver os conflitos, e favorecer as relacións para así previr a  violencia e o acoso escolar.
Os protagonistas son o alumnado de quinto que titorizan ao alumnado de terceiro de primaria.
Este alumnado, tras ter unhas xornadas de información e formación, protagonizou o pasado mércores, 25 de xaneiro, unha experiencia moi emotiva. Cada alumno e alumna de quinto, titor ou titora, coñeceu ao seu titorizado ou titorizada, alumno ou alumna de terceiro.
Reuníndose primeiro na biblioteca e na sala de uso múltiples entrevistáronse mutuamente:
 Alumnado de 5º B entrevistando aos seus titorizados de 3ºB
Alumnado de 5ºA entrevistando aos seus titorizados de 3ºA
Posteriormente saíron todos ao patio. Primeiro os titores e titoras serviron de lazarillos e guiaron aos titorizados como se  se tratase de persoas invidentes polo patio.




Remataron o día facendo un xogo por parella, no que as gargalladas foron as principais protagonistas:


Este proxecto, transmítenos esencialmente un gran optimismo. Un mundo mellor é posible, e estas rapazas e rapazas están moi concienciados. 
No seguinte vídeo poderedes ver máis imaxes deste inesquencible día.






miércoles, 4 de enero de 2017

OBRADOIROS


Co gallo do Nadal e para rematar o primeiro trimestre fixemos os tradicionais obradoiros. Que gañas tiñamos todos de que chegase ese día, por dúas razóns, por ser un día de troula e pola chegada das tan merecidas vacacións.

No noso ciclo realizáronse catro obradoiros:


  • O FABULOSO ESPECTÁCULO DO MAGO RAMÓN.
  • UN OBRADOIRO PLURILINGÜE a cargo de Tara.
  • UN OBRADOIRO DECORATIVO a cargo da nosa compañeira xubiliada Esther.
  • "POÑÉMONOS NO PAPEL"  a cargo da profe Silvia. 

BOTADE UNHA OLLADA DO BEN QUE O PASAMOS!



E así quedou de bonito o mural un ano máis. A gañadora do lema foi unha nena de 1ºB. 


                               


FOTOS DE GRUPO:

3ºA

3ºB

4ºA

4º B


                           LEMAS DE NADAL DE 3º e 4º

 







FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO!

martes, 3 de enero de 2017

PROXECTO A AUGA E O RELEVO.


O seguinte proxecto que realizamos neste primeiro trimestre na aula de 4ºA estivo relacionado basicamente coa auga e rematamos co relevo de España. 
Empezamos falando sobre o que xa sabíamos da cantidade de auga doce e salgada do planeta Terra e nos lugares onde se atopan.  Así empezamos a falar dos océanos e continentes. 

Un equipo empezou a debuxar os continentes por cores e os nomes dos océanos. Collendo como base un cartón duro fixemos un xogo, plastificamos todos os nomes e puxemos velcro.
Continentes e Océanos.
Este foi o resultado!

Continuando coa auga doce chegamos aos ríos de Galicia.Tras subir varias sesións á aula de informática para indagar; onde nacía cada río, que cidades importantes percorría, cantos quilómetros tiña, se tiña algún afluente e finalmente onde desembocaba. Con esta actividade o que se pretendía era que aprendesen a buscar e seleccionar a información concreta sobre cada río.  Tamén xogamos cos mapas interactivos sobre os ríos.
Outro equipo fixo o mesmo xogo, debuxamos os ríos e puxemos os nomes plastificados con velcro para así xogar con eles. 



Este foi o resultado!

Ríos de Galicia                    
 A outro equipo tocoulle os ríos de España e fixeron o mesmo xogo.

Ríos de España




Continuando cos ríos,outro equipo fixo un pequeno mural onde tiñan que facer unha pequena defición do vocabulario novo, así como tamén debuxalo. (Meandro, afluente, desembocadura, delta, arquipélago, illote, cabo, itsmo, península...etc.)
Recollendo información
 


 Para finalizar este proxecto decidimos estudar o relevo de España e que mellor forma que facelo xogando. Noutro cartón grande debuxamos as diferentes cordilleiras e picos máis altos. Así como tamén as súas mesetas. 



Relevo de España


 E así fomos rematando este proxecto tan divertido. Unha vez finalizado colgamos os distintos mapas polos recunchos da aula e cada equipo xogaba con un. Cando todos os membros dos equipos  facían unha rolda cambiaban para outro rincón. E así ata completar todo o ciclo, aprendendo todos de todos dunha forma moi dinámica e lúdica.

Foi moi moi divertido, porque a mellor forma de aprender é xogando! 

MOI BEN RAPACES E RAPAZAS! :)

 


VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...