sábado, 29 de octubre de 2011

SAMAÍN / HALLOWEEN

A noite do 31 de outubro celébrase a noite de Samaín, pero no "CEIP A Pedra" levabámonos preparando para esta data todo o mes de outubro.
Ao ser un centro plurilingüe traballamos tanto o Halloween, dende as seccións bilingúes, como o Samaín, a proposta do Equipo de Dinamación Lingüística.
Fixemos murais, no 2º ciclo un de Halloween e outro de Samaín con pócimas máxicas incluídas. Tamén os de 3º e 4º fixemos unhas caras de cabazas con pratos de papel e goma escuma que pudemos levar para as nosas casas.
Houbo, como en anos anteriores, unha exposición de cabazas..
O día máis divertido foi o venres 28 de outubro pois puidemos vir disfrazados ao cole.

FOI XENIAL!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

miércoles, 26 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O luns, 24 de outubro foi o día das bibliotecas escolares, e casualidades da vida tamén é ese día o aniversario de Papirus.
Todos os nenos e nenas do cole estabamos expectantes. Non nos decepcionou en absoluto. Papirus baixou da rede onde sempre está, camiñou pola bibliotecae e falou con nós. Quiso facer, nun día tan sinalado, a lembranza da historia da súa vida.

Tamén nos contou que nos bota moito de menos no verán cando estamos de vacacións porque lle encanta escoitar as nosas voces e as nosas risas. Por iso este ano foi a Turquía como un turista máis. Mostrounos fotos e ata ns ensinou as moedas que alí se usan.
Cantámoslle "Cumpleanos Feliz" e agasallounos cunhas chuches.
PAPIRUS ERES O MELLOR!!





lunes, 24 de octubre de 2011

VISITA DOS PAPÁS DE JAVI



Que bonito é compartir os nosos coñecementos, as nosas experiencias!
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Javier e Cristina, pai e nai de Javi. Viñeron contarnos a súa viaxe ó pasado, que fixeron sen necesidade de ningunha nave.
De feito foron no seu coche e chegaron en menos de tres horas.





A familia Freire Moldes visitaron Taramundi ,en Asturias, e puideron ver como toda vila é un auténtico museo do pasado
.




Comprobaron como aínda hoxe en día se seguen a facer as famosas navallas de Taramundi de forma artesanal.




A través de distintas salas observaron como foi evolucionando as formas de moer o millo.




Chamou a súa atención tamén diferentes obxectos do pasado como pupitres, máquinas de coser, de escribir, ...




Aprendimos un montón de cousas novas!




GRAZAS FAMILIA!





domingo, 23 de octubre de 2011

BENVIDA DO CURSO 2011- 2012











COMEZA UN NOVO CURSO ESCOLAR!

ESTE BLOG QUERE DARLLE A BENVIDA AOS NENOS E NENAS QUE ESTE ANO

ENCHEN AS AULAS DE 3º.

ESPERAMOS QUE ENTRE ELES E TODO O EXPERTO ALUMNADO DE 4º, ESTE BLOG NON PARE DE PUBLICAR NOVAS DE TODO O QUE SUCEDA NO COLE.
















































































VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...