viernes, 30 de diciembre de 2016

PROXECTO OS SENTIDOS

Neste primeiro trimestre na clase de 4ºA fixemos dous proxectos, un sobre OS SENTIDOS e outro sobre A AUGA E O RELEVO.

Empezamos a traballar sobre os sentidos e como somos cinco equipos na clase, foi o alumnado quen me propuxo que cada equipo traballara un sentido. Tras un pequeno sorteo, xa que varios querían un sentido en concreto, empezamos a indagar. 
Cada equipo empezou a traer información e fotos sobre o seu tema, buscamos información nos ordenadores e trouxemos libros da biblioteca do centro. 
Da gusto velos traballar así, porque aprenden a seleccionar a información concreta que lles interesa, resumena e organízana na cartolina. Así como tamén indagan o que lles interesa de cada tema. 
Como xogo tamén elaboran eles mesmos un pequeno TRIVIAL sobre cada sentido, así todos aprenden de todos e son eles os que construen o tema ao seu gusto.
Finalmente teñen que expoñer oralmente os seus traballos, na clase e noutras aulas. É optativo ir ás outras clases pero son todos os que queren ir a expoñer moi orgullosos os seus traballos. Foron a 1º,2º, 3º, 4º, 5º e  6º.
Fixéronno de marabilla!! E como son un equipo todos aprenden de todos e aprenden a traballar en equipo. 
O OLFACTO

O OÍDO

O GUSTO

A VISTA

O TACTO
Aquí podedes ver o ben que o fan!




O OLFACTO. EQUIPO: JAIME, ROI, ELOY,SARAY E XAVI.


A VISTA. EQUIPO: Dani, Juan, Miguel, Manu e Diego.


O TACTO. EQUIPO: Claudia, Sara Gil, María e Julio.


 O OÍDO. EQUIPO: Nico, Dafne, Soraya e Aitana.


O GUSTO. EQUIPO: Deea, Jimena, Irene, Sara López e Sara Curra.


MOI BEN CAMPEÓNS E CAMPEONAS!! 

martes, 29 de noviembre de 2016

VISITA A ESAD

Enmarcada dentro do proxecto de CINE que este ano estamos levando no centro, foi esta visita, que o alumnado de terceiro e cuarto fixo a ESADg (Escola Superior de arte Dramáica de Galicia).


Como somos tantos, 90 nenos e nenas, non puidemos ir todos xuntos.
 O martes, 22 de novembro tocounos o turno aos de terceiro, e o seguinte martes, 29 de mesmo mes, foi o quenda dos de cuarto. 
Foi unha experiencia inesquecible. Acompañados sempre polo alumnado do primeiro curso e polo profesorado fomos vendo as diferentes especialidades que se imparten no centro.
Empezamos pola aula de INTERPRETACIÓN. Alí sentímonos como uns alumnos e alumnas máis, sentados en corro xogamos e entrevistamos aos estudantes.
Despois visitamos as dependencias de ESCENOGRAFÍA.Coa axuda da profe Irene construímos a acción dunha peli.
Finalmente, algún de nós tivo a oportunidade de actuar na aula de DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA.
Máis de un de nós, ten na súa mente, ser alumno o alumna desta escola.
Neste vídeo podedes comprobar os espléndidos momentos vividos e o bo ambiente que se respira neste centro.





                                            Aula de ESCENOGRAFÍA E TALLER.


                                               AULA DE COREOGRAFÍA E CANTO.
                                          AULA DE DIRECCIÓN ESCÉNICA
                                                         HORA DE MERENDAR


MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN, FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA E ORIXINAL.

miércoles, 16 de noviembre de 2016

RECEITAS


A semana pasada na clase de 4º A empezamos a  traballar o texto sobre as receitas e resultou ser moi divertido e delicioso. Cada día un compañeiro ou compañeira traía da súa casa unha receita feita por eles mesmos que despois na clase escribían e repartían para degustar.
MMMMMMmmmmmm deliciosos!!!
Biscoito de Sara

Galletas de Aitana

Biscoito de Eloy

Tamén escribimos a receita das galletas feitas por Juán e tamén as riquísimas magdalenas feitas por Dani. (Olvideime de sacar as fotos, síntoo)


Pois ben dado o éxito da actividade e o motivados que estaban, decidimos facer de chefs pero aquí no cole. Cada equipo debía pensar que receita podían facer, xa que non temos forno nin fogóns, tiñan que pensar nunha receta fría sen cociñar ou só utilizando o microondas.
Case todos os equipos xa na clase buscaron a receita e organizáronse entre eles para repartir os ingredientes e utensilios que precisaban. 

  1. Un equipo decantouse por un pequeno biscoito de chocolate que un dos compañeiros sabía facer e organizou no seu equipo.
  2. Noutro equipo decidiron facer un batido de diversas froitas.
  3. No seguinte equipo acordaron facer unha macedonia de froitas.
  4. Seguindo coas froitas, noutro organizaron unhas brochetas de froitas variadas pero aderezadas con chocolate quente para aqueles que o preferisen.
  5. O derradeiro equipo tardou un pouco máis en decidir que facer pero finalmente buscamos unha receita de magdalenas no microondas.

Despois do recreo trasladamos todos os nosos ingredientes e utensilios para o comedor do centro. Cada equipo colleu unha mesa e puxéronse mans á obra. Daba gusto velos como se organizaban, aínda que precisaban a miña axuda para cortar certas pezas de froitas ou para empregar o batedor, eles sabían en todo momento que facer. 
O resultado foi moi saboroso!!!
Nesta ocasión a miña fotógrafa foi Jimena porque eu xa non tiña máis mans, mirade que ben o pasamos.











Moitas grazas unha vez máis a todas as familias pola vosa colaboración!!





O PRINCIPIÑO




O mes pasado na clase de 4ºA estivemos a ler o libro "O Principiño" traducido por Carlos Casares, o próximo homenaxeado no vindeiro 17 de maio polas Letras Galegas. 
O principiño é unha novela curta e a obra máis famosa do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry (1900-1944). 

Despois de ler o libro cada equipo encargouse de facer unha pequena descrición de cada un dos planetas que visitou o noso protagonista. Fixeron un mural no corredor cos seus debuxos, descricións e opinións persoais. Tamén traballamos as numerosas frases do principiño, frases cheas de moitos valores; o sentido pola vida, a soidade, a amizade, o amor e a pérdida. 























" He aquí mi secreto: solo con el corazón se puede ver bien. Lo esencial es invisible a los ojos" 

Con este libro aprendemos que o mundo está cheo de persoas materialistas que buscan poder, caprichos, soberbia, fama, cartos, xente vaidosa, que só se ocupan de vivir económicamente ben... e non pensan no futuro do mundo e de que depende de nós facer un mundo mellor, que a xente sexa máis honesta, íntegra, con valores, sincera, máis humana e humilde.

Disfrutamos moito con este libro! A polo seguinte!

domingo, 13 de noviembre de 2016

MAGOSTO



Lendas sobre as castañas:


Din contos populares toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos e máxicos que o carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte. Ao cortares a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite. Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acodían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de louvanzas e bos desexos, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio.
É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña ao ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón.
Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución. 


Algúns refráns:


"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"


Este martes 8 de novembro celebramos o tradicional magosto no noso centro de primaria. Grazas ao bo tes pasar unha xornada moi divertida cos diversos xogos populares que había por todo o patio. Un ano máis queremos agradecer a colaboración da Asociación Corredoiras que sempre nos acompaña neste día, achegando aos máis cativos outra forma de xogar. Xogos ao aire libre que disfrutaban en compañía de amigos e familiares.

Botade unha ollada do ben que o pasamos! E como non acabamos o día comendo unhas boísimas CASTAÑAS ASADAS!









                                 GRAZAS!


domingo, 30 de octubre de 2016

SAMAÍN

Xa é un clásico no noso cole! Chegou o Samaín!
Este ano, o noso, é  un Samaín  de aluCINE! Botádelle unha ollada ao impresionante mural!
Cada aula traballou un pesonaxe de medo dunha película e posteriormente foron introducidos dentro do seu correspondente fotograma. Estos foron os que nos tocaron aos de terceiro e cuarto:
Gremlins 3ºA
Cruella Deville 3ºB
Zombies 4ºA
Os Cazafantasmas 4ºB

 A entrada encheuse de novo de cabazas. Este ano, como non!
 Moi cinematográficas!



Corredores, portas,andeis da biblioteca, cristaleiras, portas, morcegos, bruxas,... 






 Pero os verdadeiros protagonistas, foron sen dúbida algunha, os nenos e as nenas que o venres 28 viñeron disfrazados deses personaxes de terror. Pasaron unha xornada inesquecible. 
Neste vídeo poderedes comprobalo!!!!!

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...