martes, 24 de junio de 2014

ENTREGA DE PREMIOS E FIN DE CURSO

      Xa pasara tanto  tempo que case o esqueceramos, pero cando vimos a Mark Táeger,

 Luis Davila e a Rafa, o presidente do ANPA, lembrámonos de aquel Concurso de Banda Deseñada, na que participaramos case todos. Felicitáronnos polo nivel dos traballos e contáronnos que foi moi difícil seleccionar aos gañadores. Ao final tiveron que decidirse polos seguintes no 2º ciclo:
·        1º premio: Julio Pastoriza Gallego
·        2º premio: Sergio Macías Pazos
·        3º premio: Mabel Padín Costas


ELENA, RAFA, MARK TÁEGER E LUIS DAVILA

MABEL RECOLLENDO O TERCEIRO PREMIO

SERGIO RECOLLENDO O SEGUNDO PREMIO

 JULIO RECOLLENDO O PRIMEIRO PREMIO




jueves, 19 de junio de 2014

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS E HÁBITOS SAUDABLES

   Antes de empezar queremos gritar todos xuntos:
GRAZAS  IVÁN!!!!!!
   Este pasado mércores houbo cambio de profes para o alumnado de 4º, pois foi Iván Novas, papá de Antía de 4º B, quen veu ao noso cole para darnos un curso de primeiros auxilios e hábitos saudables. Este superpapi é enfermeiro e ninguén mellor que el para falarnos deste tema.

    Aprendemos un montón: como tratar unha vítima se está consciente ou inconsciente, a posición lateral de seguridade,o boca a boca ou a masaxe cardíaca.

   Para asimilar mellor tantos e interesantes coñecementos fomos alternando os roles de vítimas ou rescatadores.
Falounos tamén de hábitos saudables, facendo principal fincapé nas posturas axeitadas cando estamos sentados na aula, as horas de descanso ou a importancia do exercicio físico. 
   Pasámolo xenial.
Canto aprendemos en apenas dúas horas!




domingo, 15 de junio de 2014

ENCONTRO ENTRE BIBLIOTECAS AMIGAS


   Parece un paradoxo porque este ano a excursión de fin de curso non foi a excursión final. Aínda nos quedaba unha saída:
 "A VISITA AO CEIP O CARBALLAL DE MARÍN"
   Quedaramos en débeda con eles dende que aquel 24 de xaneiro eles acudiran ao noso cole e prometerámoslle ir nós visitar o seu. Tiñamos moitas gañas de volver ver aos nosos amigos e amigas.
O recibimento non puido ser mellor. Acudimos primeiro ao ximnasio onde a sorpresa foi maiúscula pois foi a súa mascota Tambo a encargada de mostrarnos o colexio grazas a un “Stop Motion”  preparado pola profe Laura. Despois leváronnos a biblioteca, alí puidemos elixir un libro e gozar das súas instalacións.
Por fin chegou a hora de estar cos nosos amigos e amigas. Fomos as súas aulas e alí nos tiñan unha sorpresa gardada: Un agasallo para cada un. Compartimos lecturas e confidencias e por fin chegou a hora de ir ao patio e ...
MENUDO PATIO!
Ese foi, case o mellor momento, merendamos e xogamos todos xuntos. Parecía que nos coñeciamos de toda a vida.
O colofón foi a volta ao ximnasio para cantar todos xuntos as cancións de Tambo. Parecía un concerto de rock, todos cantando e bailando. A profe Marta tamén se subiu  ao escenario e acompañou aos profes Víctor e Laura do Carballal.
Para rematar houbo un intercambio de agasallos. Na nosa biblioteca haberá dende agora unha figura de madeira da tartaruga Tambo e un peluche do nosa querida mascota Papirus. Por outra banda nalgún recuncho de O Carballal colgará  un móbil con ilustracións dos personaxes das dúas biblios feitos polo alumnado de A pedra.

domingo, 8 de junio de 2014

EXCURSIÓN A SANTIAGO

CHEGOU O DÍA!
   Ao longo do curso son innumerables as ocasións nas que gozamos no colexio: Magosto, Nadal, Entroido, Correlingua, visita de escritores famosos, obras de teatro, pero nada é comparable á excursión de fin de curso.
   Este ano tocounos ir a Santiago. Alí, en primeiro lugar, fomos visitar, como non, a Catedral, e as prazas que a rodean. O profe Suso foi un guía inmellorable. Despois mentres o alumnado de terceiro fomos  coñecer o Museo de Arte Contemporánea os de cuarto coñecemos o Museo do Pobo Galego. Comemos no Parque de Bonaval e rematamos na vila de Padrón onde estivemos na Casa Museo de Rosalía de Castro e merendamos no Parque Botánico.
Como se adoita dicir, para gustos píntanse cores, porque para moitos de nós,  o mellor foi a visita da Catedral, para outros os museos. Algúns non teñen dúbida que foi a hora de comer o momento máis divertido pero hai que nunca esquecerá a casa onde viviu a nosa escritora máis ilustre nin o parque onde merendamos.
Hai algo no que estamos de acordo:
QUE BEN O PASAMOS!

sábado, 7 de junio de 2014

VISITA DE ALFAYA

O pasado venres,a biblioteca do noso centro foi testemuña silenciosa dun encontro moi especial entre  An Alfaya, autora de “Zoa e Azor” e “A Ánfora Exipcia”, entre outros moitos libros, e o alumnado de 4º e 5º do noso cole.
    A escritora contoulle como, dende moi nena, sentira a necesidade de escribir e que topara con no poucos atrancos para poder facelo. Fixo fincapé en que é moi importante ter inspiración e ideas que che empurren a escribir pero que o seguinte paso é igualmente imprescidible: darlle forma na escrita de forma coherente, comprensible e agradable para o lector.


   Os nenos e nenas fixéronlle infinidade de preguntas que An contestou moi amablemente. Emocionouse especialmente cando unha nena lle preguntou se sempre traballaba as emocións nos seus libros ou cando outro neno lle dixo como era capaz de escribir expresións ou comparacións tan bonitas nos seus libros.
Ao final do acto procedeu á firma con dedicatoria persoal dos exemplares lidos. 




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...