domingo, 15 de junio de 2014

ENCONTRO ENTRE BIBLIOTECAS AMIGAS


   Parece un paradoxo porque este ano a excursión de fin de curso non foi a excursión final. Aínda nos quedaba unha saída:
 "A VISITA AO CEIP O CARBALLAL DE MARÍN"
   Quedaramos en débeda con eles dende que aquel 24 de xaneiro eles acudiran ao noso cole e prometerámoslle ir nós visitar o seu. Tiñamos moitas gañas de volver ver aos nosos amigos e amigas.
O recibimento non puido ser mellor. Acudimos primeiro ao ximnasio onde a sorpresa foi maiúscula pois foi a súa mascota Tambo a encargada de mostrarnos o colexio grazas a un “Stop Motion”  preparado pola profe Laura. Despois leváronnos a biblioteca, alí puidemos elixir un libro e gozar das súas instalacións.
Por fin chegou a hora de estar cos nosos amigos e amigas. Fomos as súas aulas e alí nos tiñan unha sorpresa gardada: Un agasallo para cada un. Compartimos lecturas e confidencias e por fin chegou a hora de ir ao patio e ...
MENUDO PATIO!
Ese foi, case o mellor momento, merendamos e xogamos todos xuntos. Parecía que nos coñeciamos de toda a vida.
O colofón foi a volta ao ximnasio para cantar todos xuntos as cancións de Tambo. Parecía un concerto de rock, todos cantando e bailando. A profe Marta tamén se subiu  ao escenario e acompañou aos profes Víctor e Laura do Carballal.
Para rematar houbo un intercambio de agasallos. Na nosa biblioteca haberá dende agora unha figura de madeira da tartaruga Tambo e un peluche do nosa querida mascota Papirus. Por outra banda nalgún recuncho de O Carballal colgará  un móbil con ilustracións dos personaxes das dúas biblios feitos polo alumnado de A pedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...