sábado, 22 de diciembre de 2018

CONTACONTOS "AVÓS"


Os nenos e nenas 3ºB, convertímonos nuns auténticos CONTACONTOS.
O  pasado mércores, 19 de decembro, baixamos ao cole de E. Infantil, e alí nos estaban esperando os máis pequenos de A Pedra. Contámoslle o conto "AVOS", que con tanto cariño preparáramos nos días previos. Sabiamos, que  OS LARETAS, estaban levando a cabo un proxecto de convivencia coas persoas de maior idade da vila, así que a elección desta tenra historia foi perfecta.
UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!








Ao día seguinte foron os Laretiñas os que nos visitaron a nós,  na nosa clase. Podemos asegurarvos que xa somos amigos para sempre.



O APALAPADOR

A profe Lina apareceu o pasado mércores cun armatroste rarísimo na clase de 3ºA. Explicounos que era un Kamishibai, e que era un xeito de contar historias inventada polos xaponeses. 
A continuación captou toda a nosa atención cando, tras sentarse nunha cadeira empezou a contarnos o conto do APALPADOR. Soubemos que este home baixa a noite de NOITEBOA, das montañas de Lugo e achégase ás casas dos cativos. Tras apalparlle a barriga, de aí o seu nome, déixalle unha presa de castañas, e ultimamente tamén algún agasallo.
GRAZAS PROFE LINA! ENCANTOUNOS!



martes, 4 de diciembre de 2018

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA EN GALEGO

Un ano máis, as páxinas deste blog, fanse eco das guías de lectura e música, elaborada polos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
Neste tríptico poderedes atopar unhas fantásticas ideas para agasallar lectura e música en galego, non só no Nadal, senón en calquera época do ano. Trátase principalmente das novidades e redicións dos últimos doce meses.
Agradecer a Marc Taeger, pai de dúas alumnas do noso centro, o fermoso deseño da portada que vén presidida polo lema:  LEO, LEO, LEO, MEDRO, MEDRO, MEDRO.
Estas son as recomendacións para o alumnado de PRIMARIA, INFANTIL E SECUNDARIA. en todas hai tamén suxestións para os ADULTOS:


domingo, 2 de diciembre de 2018

ELABORACIÓN DO MURAL DE METEOESCOLAS

Ao alumnado de terceiro, tocounos aportar ao MURAL DE METEOESCOLAS  a influencia que os movementos de  ROTACIÓN e  TRANSLACIÓN  do noso planeta, e A INCLINACIÓN  DO EIXE DE ROTACIÓN teñen no tempo atmosférico e no clima.
Estas fotos correspóndense cos momentos nas que fomos colocar a nosa aportación no gran mural de Meteoescolas no corredor do Bibliocastelo.








Este é o froito das nosas pesquisas:









VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...