lunes, 20 de febrero de 2012

ENTROIDO MEDIEVAL

Por fin chegou o día!
MAGOS MERLINS, CABALEIROS DA CORTE DO REI ARTURO, BUFÓNS E VASALOS!

VOLVEMOS A IDADE MEDIA PARA PERCORRER AS RÚAS DE BUEU!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow generated with Smilebox

PREPARANDO O ENTROIDO

Non cabe dúbida que o entroido é unha festa moi divertida que ten o seu día grande no pasarrúas, onde todos lucimos os nosos traxes e cantamos as cancións.
Porén poucas veces falamos da preparación das vestimentas e complementos, cando se elaboran os disfraces e se ensaian as cancións.
Nesta entrada mostrarase a letra da canción, pero tamén as fotos das mamás e papás cortando, pegando e grapando e ás nenas e aos nenos traballando nas aulas para ter preparado os nosos traxes de bufóns.



BUFONEANDO O ENTROIDO
Nenos, nenas
Vestidos de bufóns
Ai como molamos
Ai, ai que risa damos
Crise, crise
Así estamos nós
Ai os recortes
Ai, ai a educación

O venres no Entroido
Os bufóns comezaron a bailar
Volvemos a idade media
A pasta está a faltar.

Nenos, nenas […]

O sábado no Castelo
Os bufóns comezaron a actuar
E para entreter aos monarcas
Malabarear, cantar e brincar.

Nenos, nenas […]






NAVAR DENDE SUIZA

Entre a profe Macu e Begoña, mamá de Elena de 4ºB, argallaron unha das actividades máis emotivas de todas as levadas a cabo no ciclo. Aproveitando que eran as vacacións de inverno en Suiza e que Navar non tiña clase tivemos unha charla a través do skype.
O escenario foi a aula de 4ºB, a que foron invitados os nenos e nenas de 4ºA. Tamén asistíu a profe Marta por ser ela a profe de Navar no 1º ciclo.
Por parellas foron acudindo diferentes compañeiros para interesarse polo noso querido amigo. Os nervios eran evidentes pois moitos deles non volveran falar con el dende xuño.
Contounos que o alemán era unha lingua moi difícil de aprender, que pasaba moitas horas no colexio e que facía moitísimo frío, aínda que ese día non nevaba.
Nós, dixémoslle que o botábamos moito de menos. Lle adicamos unha canción e lle explicamos de que iamos ir disfrazados.

Sería bonito que esta experiencia se volvese repetir.

QUERÉMOSTE NAVAR!!!!




domingo, 19 de febrero de 2012

VISITA DE GONZALO MOURE









Tras ler "Cama y Cuento" os nenos e as nenas de terceiro estaban desexando coñecer ao seu autor. Non se fixo derrogar e o pasado mércores 8 de febreiro, Gonzalo Moure tivo a ben vir á biblioteca do noso cole. Contoulle que o libro foi escrito tras ter falado cunha nena que lle dixo que despois de aprender a ler os seus pais xa non lle leron máis. Contestou amablemente a cantas preguntas lle fixeron

Igual de emocionados atopábase o alumnado de cuarto, tamén na charla. Querían que Moure lle contestase a centos de incógnitas sobre "Los Caballos de mi Tío", o libro que estiveron lendo tras a volta das vacacións de Nadal. O escritor contuulle que era unha mestura do que foi a súa vida e o que lle gustaría que fose.

Admitiu que o libro seu preferido é "Palabras de Caramelo", historia que moitos dos nenos e nenas xa coñecían.

Resultou ser unha charla moi agradable, na que os nenos se portaron moi ben. Esperamos que Gonzalo Moure volva pronto ao noso centro con novas novelas e historias que contarnos.

GRAZAS!!!!



















domingo, 12 de febrero de 2012

VISITA A PONTEVEDRA

QUE BEN O PASAMOS!
O venres 3 de febreiro fomos á cidade de Pontevedra.
O primeiro que visitamos foi o museo municipal. O que máis nos chamou a atención foi a reprodución do camarote onde o Almirante Méndez Núñez tomaba as decisión que o fixeron tan famoso. Tamén é impresionante o tesouro de Caldas, xoias de ouro de epocas prehistóricas gardadas con todo tipo de medidas de seguridade. puidemos ver tamén como se conserva unha cociña do século XIX así como diversos obxectos de cerámica e prata.
Aproveitamos tamén a saída para ir ver e escoitar un concerto didáctico dos "Gaiteiros da Xistra".
Merendamos nuha das fermosas prazas que ten a zona vella desta capital galega.


Se queredes podedes botearlle unha ollada as fotos!






DÍA DA PAZ














O pasado luns, 30 de xaneiro, tivo lugar no patio do colexio un emotivo acto para conmemorar o día da paz. Como xa vén sendo tradición cantáronse unha canción en inglés e outra en galego. Este ano as elexidas foron: "What a wonderful world" e "A rumba das apertas". Foi moi emocionante ver a todos os nenos e nenas e aos seus profes collidos das mans cantando.

Este ano tamén se leron noticias sacadas dos xornais que tranmitían solidaridade, xenerosidade, e optimismo; boas novas que nin fan pensar que este mundo tamén pode serun mundo marabilloso como nos dicía Louis Amstrong na súa canción.

































VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...